01/06/10

Que opinará Pedro Mouriño, editor de Ordessiete, de que seu amigo Benjamin Netanyahu ataque barcos con axuda humanitaria?


(Foto: Pedro Mouriño con Netanyahu, primeiro ministro de Israel. Sacada do seu Facebook)

Mais razóns para non ler Ordessiete...

Como xa contamos noutra reportaxe, o editor de Ordessiete e Santiagosiete, Pedro Mouriño Uzal, é un destacado socio da AGAI, Asociación Galega de Amizade con Israel, que acaba de sacar un bochornoso comunicado xustificando que na madrugada de onte o Exército Israelí atacase dous barcos humanitarios da chamada “Frota da Liberdade”. Confirmáronse xa 10 mortos e 30 feridos, aínda que as cifras poden aumentar.


Mouriño presume no seu Facebook de fotografarse en Xerusalén con o actual primeiro ministro do goberno ultraortodoxo e conservador de Israel, Benjamin Natanyahu, quen recriminou ao sanguento Sharon por máis e nada menos que “pacifista”...

Esta é a xentiña que manexa a nosa información, a xentiña que nos goberna: solidarios co terrorismo sionista...

2 comentários:

  1. Que tropa... A Internacional do Mal... Parece sacado de unha película, pero é a realidade. Que noxo...

    ResponderEliminar
  2. Parece o irmán parvo do Padriño

    ResponderEliminar