18/06/10

1ª Declaración do Subcomandante Marcos da Portela



Hoxe dicimos basta!

Ao pobo de Ordes:
Irmá(n)s ordenses:

Os partidos políticos teñen un periódico que os defenda, qu’esparexa as ideas que sosteñen, que laude os seus homes ilustres e que alente á todos a manter os ideales consinados n’o seu credo. Nosoutros, gracias sean dadas a vosté, podémonos gabar de ter tamén n-o mundo d’o periodismo un periódico que fala como nosoutros falamos, que sinte o que nós sentimos e que adiviña os nosos pensamentos. O Tio Marcos d’a Portela, nº75, 1885.


Así lle decían os seus lectores ao Tio Marcos d´a Portela alá polo ano 1885. Nós levamos xa máis dun mes botados ao monte, percorrendo as espelladas ribeiras do Lengüelle, e oxalá algún día podades dicir de nós algo parecido. Na nosa aventura tiomarquista percorremos as esterqueiras de boa parte dos caciques da comarca, das empresas que se lucran das nosas miserias, dos medios de comunicación que pretenden facernos comulgar con rodas de muíño.

Non levamos nen un mes en activo, e algo xa se está a abalar: desafiar os privilexios dos poderosos non entra para eles nos esquemas do “normal”, e buscan xa culpables. Como tampouco entra nos seus esquemas que non sexamos de ningún partido e que cuestionemos o monopolio da crítica de quen pensaba telo: por iso dicían que eramos do BNG, por iso din que somos do PP. Remedando o noso compañeiro Castro de Láncara, “nós non buscamos ningún interese material, e os políticos é lóxico que non o entendan. Porque se guían por criterios exclusivamente narcisistas, partidarios, egoistas. Estamos a exercer un elemental dereito popular cando denunciamos as cacicadas que sufre o pobo”.

Os intentos de meternos en monólogos en espirais interminables sobre certos temas fracasarán. Ben sabemos que Bertimeo, o cego de Xericó, curou porque desexaba ver; o cego que non quere ver nunca curará. Non vamos entrar pois no xogo da resposta/contrarresposta que impide a marcha, que boicotea o camiño. Os intentos de ameazarnos fracasarán: como os de facernos as beiras, como os de intentar calarnos...

Piden a berros o noso pasamontañas aqueles que se viron destapados: “a que tanto escándalo polo pasamontañas? Non é a cultura política ordense unha ‘cultura de tapados’?” O pasamontañas néganos a identidade persoal e fainos colectivo, todos iguais: o Subcomandante Marcos da Portela é cada un dos correos de ánimo que enviades, cada pista para investigar que nos facedes chegar, cada sorriso cómplice que vos arrincamos cando dicimos o que sempre pensastes e nunca vos atrevestes a denunciar. Así son os tempos: os que roubades facédelo á cara descuberta e desde as institucións, os que nos defendemos temos que agacharnos e resistir.

Para vós a cobiza, o poder, o abuso e o insulto. Para nós a dignidade, a voz dos que non son escoitados, o eco dos tambores da ira popular. Hoxe dicimos basta ao silencio cómplice, hoxe reafirmámonos na marcha.

Desde algún lugar da ribeira do Lengüelle,
O Subcomandante Marcos da Portela.
Xuño de 2010

14 comentários:

  1. Decepcionáchesme, Subcomandante. Eu chegara a pensar sinceramente que podías ser outra cousa. Lamentablmente, xa vexo que me enganei. Quen saiba un pouco de historia da nosa terra (e tamén doutros lares!)sabe ben que o caciquismo sempre foi hábil abondo para saber crear as súas propias "contras anticaciquís" (feitas, iso si, a medida)co único obxectivo de perpetuar as súas nefastas raiceiras.

    Unha outra observación: teño para min que non hai cousa máis contrarrevolucionaria que abstraerse da realidade concreta e sentirse "por enriba do ben e do mal".

    Enfín, que outra vaca no millo.

    Saúde e sorte nos camiños

    ResponderEliminar
  2. E moi triste o 1º comentario.Lexes o post antes de escribilo?¿

    Quen cre esta por riba do ben e do mal es ti creo eu.

    ResponderEliminar
  3. Decepcionoute por non facer a vista gorda ca UPG, e non veñas con contos...

    ResponderEliminar
  4. E DALLE KA UPG!!!
    k e a tua obsesión¿?
    ou k¿?
    kreo k s fala de mais pratidos nn¿?

    ResponderEliminar
  5. Ánimo Subcomandante! Que tes a Rejos acojonado!! Por que senón anda Silvia atrás túa?
    Tralla contra a cacicada!

    ResponderEliminar
  6. Hai quen di que o Subcomandante lle fai o xogo o PP por denunciar tamén as cacicadas dos outros partidos; eu creo que son estes os que lle fan o xogo ao PP, porque en vez de aproveitar estas críticas tan grandes (como os 1,7 millóns de euros adxudicados a dedo polo noso cacique de Trazo), reinciden unha e outra vez no tema do rapaz da UPG de Ordes.

    ResponderEliminar
  7. Avante, camarada, avante,
    Junta a tua à nossa voz!
    Avante, camarada, avante, camarada
    E o sol brilhará para todos nós!

    ResponderEliminar
  8. A constatación de que este blog morreu. O seu testamento.

    ResponderEliminar
  9. Estou de acordo. Meteronse nun calexón sen saída. Por cabezonería.

    ResponderEliminar
  10. O lobby upegallo traballa a todo motor eh... Que imaxe estades a dar por dios...

    ResponderEliminar
  11. xogo algo a q o anonimo das 18:35 e o das 18:55 son a mesma persoa...

    ResponderEliminar
  12. Boísima! o mellor, o do pasamontañas. Todxs somxs e ninguén é. Se queren ameazar, gabar, mercar ou facer calar, que busquen e a ver se atopan.
    Nada cos provocadores aliñados coa política profesional. Isto xa vai máis alá de UPG ou BNG. Eses vieiros morreron.

    ResponderEliminar
  13. "xogo algo a q o anonimo das 18:35 e o das 18:55 son a mesma persoa... "

    Eu eu xogo algo a que é Gonzalo, fíxate na súa forma de acentuar as palabras, escola Landeira 100%

    ResponderEliminar