28/05/10

Nova enquisa: "Como se podería solucionar o caciquismo en Ordes?"



Nesta nosa breve marcha polas Terras de Ordes recibimos xa moitas mensaxes de apoio, pedíndonos que denunciásemos inxustizas e de colaboración. Pero tamén algunha que criticaba que só puxésemos o acento na denuncia, e non na crítica construtiva. É evidente que o importante é construir, pero nos pensamos que é imprescindible que existan mecanismos independentes como este, de control, que se especialicen na denuncia.


De todos xeitos, desta vez propoñemos unha enquisa nova, de outro cariz. Seguiremos con as enquisas de escarnio, arelando chegar algunha vez ao nivel desta que realizaron os compañeiros do Cortelho da Laracha , obra mestra da acción caciquil e tiomarquista; pero agora tocalle o turno a unha un pouco máis seria. Á pregunta "Como se poderia solucionar o caciquismo em Ordes?" damos 5 posibles solucións que poden abarcar todas as opcións:

As dúas primeiras son en clave partidaria, que a oposición gañe as eleccións e tome o poder:

1. Que o PP, que agora está na oposición, volva ao poder.

2. Que sexa o outro partido da oposición, o BNG, o que tome o poder.

Outras dúas son opcións que critican a estrutura mesma do sistema de goberno municipal:

3. Estabelecendo listas abertas e concelleiros revogábles. Deste xeito evitaríanse automaticamente casos de transfuguismo e fraudes con respecto aos votantes, e tamén evitaría ter que elixir o "pack" completo dunha lista cando se pense que non todas as persoas que van nelas teñen a mesm valía.

4. Instaurando un sistema de democracia directa (asembleas de parroquia, etc...). Trataríase de que a viciñanza decidise directamente sobre as cuestións que lle afectan sen intermediarios políticos, recuperando institucións vellas como as asembleias de parroquia, e dándolle validez legal como propoñía Castelao.

E para as persoas que pensen que ao actual goberno só lle falta rodarse, está a quinta opción:

5. Que siga o goberno actual e poda continuar o seu proxecto

Pódense seleccionar varias opcións á vez. E quen queira comentar a maiores que aproveite, faltaría máis!

4 comentários:

  1. A opción máis razoável é claramente a da democracia directa: non temos porque confiar e ter sorte en que o BNG, o PP ou quen sexa despois nos defraude. Claro que o das listas abertas e concelleiros revogábeis tamén é un bo mecanismo para mellorar o sistema, e co que se evitarían o 30% da cacicadas que hai agora mesmo. Hai que democratizar todo radicalmente...

    ResponderEliminar
  2. Democracia directa! Xa que ninguén traballa por ti que ninguén decida por ti!

    ResponderEliminar
  3. E a xente aínda vota na enquisa polo PP ou o BNG... Manda carallo, pregúntanlle se prefiren decidir sobre si mesmos, e prefiren darlle un cheque en branco a calquera...

    ResponderEliminar
  4. Poñendo a varuspolus de alcalde-presidente

    ResponderEliminar