06/06/10
Resultados da última enquisa e irregularidades
Temos xa os resultados da última enquisa, na que preguntabamos “Como se podería solucionar o problema do caciquismo en Ordes”. A opción vencedora foi “Que sexa o BNG quen tome o poder” (71 votos, o 41%), a segunda “Que o PP, que agora está na oposición, volva ao poder” (53 votos, o 30%). De todas maneiras, mais de 1 de cada 4 (48 votos, 27%) persoas que len o Subcomandante apostan por solucións que van máis alá dun partido ou outro, e prefiren “Instaurar un sistema de democracia directa, como as asembleas de parroquia”, ao que hai que xuntar 19 votos (10%) que apoian a tradicional demanda de que as listas electorais sexan abertas e os concelleiros revogables. Finalmente houbo tamén un anecdótico voto que apostaba pola continuidade do actual goberno com solución contra o caciquismo.
Como dato positivo temos que dicir que foi a enquisa con maior participación, con 173 votos emitidos. Como negativo, constatamos que tanto simpatizantes do PP como do BNG (ou polo menos xente que votou por eles na enquisa) manipularon as votacións. Varios lectores advertíronnos como en cuestión de poucos minutos algunha opción aumentaba os seus votos en 10 ou 20, mentres as outras non recibían nen un só voto, o cal é bastante sospeitoso. Nós mesmas confirmamos eses datos, pois tamén o pudemos observar. A solución -se cadra alguén pode axudarnos- sería, como suxeriron no chat, que houbese un historial de votacións que detecte irregularidades (por exemplo, 20 votos consecutivos a unha mesma opción en pouco tempo). Nós non sabemos se hai ese tipo de contadores, se alguén o sabe, que nos avise.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Pois é unha pena porque as enquisas estaban molando bastante!
ResponderEliminarPois iso "Os que mallan nas bestas non saben mallar nos caciques. E así anda todo"... Grande Castelao!
ResponderEliminarParece que costa asumir o resultado das enquisas. Moi democrático este blog.
ResponderEliminarSe ata o dixo un do bng no chat que xa que o facian os do pp eles non ian ser menos...
ResponderEliminarSi, moi democráticos estes votantes...
ResponderEliminar