12/06/10

Resposta de Gonzalo Castro ao artigo: "Gonzalo Henrique Castro e o escándalo de Carrumeiro Media SL"

Reproducimos o seguinte comunicado de Gonzalo Castro que nos enviou aclarando a cuestión do asunto Carrumeiro:

1º) Todas e cada unha das miñas declaracións públicas e privadas, en relación coa empresa chamada Carrumeiro, son certas, por se tratar dun compromiso ético e persoal o de dicir sempre a verdade.

2º) As declaracións públicas feitas nun medio de comunicación en xuño de 2009, nas que afirmei: “Estas acusacións son rotundamente falsas, xa que eu non teño acción algunha nin participación en ningunha empresa que contrate coa Administración pública”, son absolutamente veraces, ratificándome absolutamente no dito e reiterando hoxe as mesmas afirmacións que fixen aquel día.

3º) A miña participación na empresa chamada Carrumeiro deixou de existir o 13 de abril de 2007, xa que nesa data procedín á venda das miñas accións, tal como consta en documentos públicos asinados ante o notario de Santiago, Álvaro Moure Goyanes. O feito de que por parte dos administradores da empresa non se rexistrase a escritura no rexistro da propiedade até moito despois é unha anomalía en absoluto imputábel á miña vontade, xa que desde a data reseñada eu non formaba parte da citada empresa.

4º) Sempre tiven e terei como prioritario e fundamental actuar con escrupuloso respecto aos principios éticos, por iso desvinculeime da citada empresa antes das eleccións municipais de 2007 e, por tanto, antes de que accedese ao cargo público de concelleiro e Portavoz Municipal do BNG en Ordes, malia que non tiña ningunha obriga legal de facelo, xa que a citada empresa non tiña contratos co Concello de Ordes e, por tanto, non existia ningunha incompatibilidade legal para que poidese seguir participando dela e ser ao mesmo tempo concelleiro en Ordes, mais, ainda así, decidín deixar a empresa antes das eleccións municipais polo meu compromiso co pobo de Ordes e cos seus veciños e veciñas, e porque considero que o exercicio dun cargo público debe vir acompañado dun escrupuloso respecto ás normas máis esenciais da ética.

Gonzalo Castro Prado
Portavoz Municipal do BNG de Ordes

9 comentários:

  1. Non mentíu non... fixo un maquiavélico xogo de palabras para cubrirse as costas en caso de que se destapase o pastel, o cal deixa quedar ainda peor a pouca ética que lle quedaba, pois así demostra que actuou con premeditación.

    "Non teño nada que ver con esa suposta empresa", si Gonzalito si, tan "suposta" como que ti foches conselleiro dela non??

    DIMITE!!

    ResponderEliminar
  2. Chapeau por Zalo por dar a cara e explicar que actuou con total ética, e chapeau polo subcomandante marcos da portela por recoñecer que se equivocou cando acusou a Zalo de mentir.

    Agora toca traballar todos unidos para botar aos caciques de Ordes.

    Un saúdo dunha nacionalista de Ordes.

    ResponderEliminar
  3. Pero ti... que paridas dis joder... aprende a ler

    ResponderEliminar
  4. Ao anónimo que ainda non se dou conta da rectificación do subcomandante, o post empeza así:

    "Respeito á información difundida por este blog o pasado 10 de xuño de 2010, titulada “Gonzalo Henrique Castro e o escándalo de Carrumeiro Media, S.L.”, temos que decir que cando Gonzalo Castro afirmou en xuño de 2009 a La Voz de Galicia que non tiña ningunha acción nin participación en ningunha empresa que contratase coa Administración pública, estaba a dicir a verdade xa que Gonzalo Castro desprendeuse das accións que tiña en Carrumeiro Media o 13 de abril de 2007, en escritura pública suscrita ante o notario de Santiago, Álvaro Moure Goyanes. Por outra banda, con respecto a este asunto, reproducimos o seguinte comunicado de Gonzalo Castro, aclarando a cuestión:..."

    E logo esto non é unha rectificación do subcomandante?

    Reproducen o comunicado de Gonzalo pero antes rectifican.

    Aprende a ler ti.

    ResponderEliminar
  5. si, unidos o subcomandante e o bng, so hai que ver a resposta que lle da no seguinte post, cando cheguen as eleccions ides estar ben simpaticos, ese dia vaivos haber que recordar todas as tonterias que dicides, facede como regos e calade , antes de quedar mal con unha resposta coma esta...

    ResponderEliminar
  6. De sacarse o sombreiro o de Gonzalo. A súa resposta ainda o fai máis grande.

    Ánimo Zalo. Como se soe dicir, "ladran, logo cabalgamos"

    ResponderEliminar
  7. Un apunte sobre a credibilidade. Vamos a analizar dous casos:

    1º) Gonzalo, un rapaz que ten boa posición económica familiar, que ten unha excelente formación e un esperanzador futuro profesional e decide desde moi novo participar activamente no nacionalismo por convicción e ideoloxía, chegando a comprometer e complicar o seu futuro profesional como avogado ao asumir dar un paso ao frente e presentarse como candidato do BNG en Ordes, si o maldito e denostado BNG!!!; cando o máis cómodo para él si pensase de forma egoista sería non contradecir a ideoloxía da maioría da súa familia e en caso de dedicarse á política ir polo PP, partido co que sería alcalde seguro e viviria da sopa boba o resto da vida.

    2º) Un individuo que se adica a escribir nun blog agachado detrás do anonimato para lanzar falsas acusacións e inxurias, e que ainda por riba pretende dar leccións de ética cando non ten a valentía de repostarlle a Gonzalo dando a cara como a dou él.

    Quen ten máis credibilidade? A pregunta sobra.

    Subcomandante, caeches ti soiño. Pouca credibilidade tes ti cando contestas agachado detrás dun seudónimo a quen coa cabeza ben alta dou a cara. Gonzalo deixoute en evidencia totalmente. Ti mesmo o recoñeces cando tiveches que rectificar.

    ResponderEliminar
  8. Pero ninguén se deu conta de que o punto 3º e o 4º son loxicamente contraditorios entre si?????

    Espabila Subcomandante!!

    ResponderEliminar
  9. Si. Son contradictorios? Non me digas. Pois eu debo ser parvo porque igual que os do blog renovarobng vexo a resposta moi convincente.

    O subcomandante non espabila porque sabe que se pasou, pero o ten moi fácil, recoñecer o error e a outra cousa.

    ResponderEliminar