03/06/10
Co que Reghos gasta no seu regalo á “Benemérita” podería dárselle a cada ordense que estea no paro unha axuda de 2.480 euros
A Xunta acaba de publicar as cifras do paro neste rematado mes de maio (pódese consultar o documento aquí). A comarca de Ordes ten un total de 2.596 persoas no paro, e o concello de Ordes 1.057. Habería que facer as porcentaxes tendo en conta a poboación total, pero a primeira vista parece que o Ghaliñeiro presenta un dos índices máis altos do país. Os sectores máis afectados son as mulleres (hai 487 homes parados e 570 mulleres) e a mocidade. Segundo os datos que dá Galiza Nova Ordes, correspondentes a xaneiro de 2010, o Ghaliñeiro presenta un 33% máis de taxa de paro xuvenil que os outros concellos da comarca.
Os datos de toda a comarca son estes:
CERCEDA Homes parados: 137
Mulleres paradas: 182
___________________
Total parados: 319
FRADES Homes parados: 77
Mulleres paradas: 71
___________________
Total parados: 148
MESÍA Homes parados: 83
Mulleres paradas: 76
___________________
Total parados: 159
ORDES Homes parados: 487
Mulleres paradas: 570
___________________
Total parados: 1.057
OROSO Homes parados: 187
Mulleres paradas: 288
___________________
Total parados: 475
TORDOIA Homes parados: 135
Mulleres paradas: 111
___________________
Total parados: 246
TRAZO Homes parados: 99
Mulleres paradas: 93
___________________
Total parados: 192
Un regalo para a Guardia Civil en tempos de crise
Con este panorama, e co concello afogado polas débedas (moitas delas a comerciantes de Ordes), Regos e o seu goberno fanlle un préstamo ao Ministerio do Interior, a interese 0, para construir unha casa cuartel. Un concello asumindo competencias do Estado e financiandollas, algo así como se o peón de unha obra financia ao arquitecto...
O concello de Ordes non poderá pedir un préstamo en 2 anos como mínimo, e só non pola medida tomada polo Goberno de España, senón porque xa o último informe antes desta orde falaba de que no se podía endeudar maís. Denunciáronse desviacións de investimentos que mandou o Ministerio para pagar a proveedores: diñeiro que o Estado lle deu ao Ghaliñeiro para saldar as súas deudas foron gastados noutras cousas. O último préstamo concedido foron 750.000 euros concedidos no mes pasado para ampliar a casa do concello, obra que moitos consideran prescindible.
Con esta situación Reghos gastou xa 500.000 euros en comprar un baixo para a Guardia Civil (repetimos, cousa que non é competencia súa), e agora adiantará o diñeiro para a construción da nova casa cuartel, que Martino cifrou en exactamente 2.121.650 euros. Esta cifra, sumada á anterior, dá un total de 2.621.650 euros desviados dos proxectos e servizos municipais para a Guardia Civil, entre 200 e 300 euros que terá que asumir por cabeza cada viciño, conforme explicou o BNG, que desafiou ao goberno a convocar un referendo sobre esta cuestión. Sinalaron tamén que vistos os datos só quedan dúas opcións, ou que o goberno municipal é inxenou ou é metireiro.
Con este diñeiro, o Ghaliñeiro podería ocuparse de asuntos que si son da súa competencia e incumbencia, como é que todos os viciños e viciñas de Ordes podan traballar para gañar dignamente o seu sustento. Pois ben, se repartimos a partes iguais o diñeiro regalado á “Beneméria” entre todas as persoas que están no paro, tocaría a unha axuda nada despreciable de 2.480 euros; que poderían darse tamén en forma de axudas á creación de empresas para autónomos, cooperativas, etc... Aínda se o Ghaliñeiro preferise asumir competencias que non son súas, xa que lle vai a marcha, en vez de dar “todo por la patria” podería dar con eses cartos unha axuda de 1.009 euros a todas e cada unha das persoas que están no paro na comarca.
Pleno municipal
Pero o que parece lóxico a veces non se quere entender (ou non convén). Como é sabido, no último pleno -cuxa crónica deixaremos para máis adiente, pois non ten desperdicio e ben merece un post- aprovouse este “convenio” co Ministerio do Interior de España, con votos a favor de UxO, PSOE e TeGa, e en contra de PP e BNG. Regos falou de “momento histórico, cousa necesaria”. Nel Astray falou de unha “prioridade absoluta para Ordes”, e que fan falta “suficientes guardas que velen pola nosa seguridade e demais...” (que significará ese “e demais”? narcotraficar como fixo o anterior comandante do posto de Ordes?).
Ilegalidade urbanística para construir o cuartel?
O colmo do absurdo sóubose cando o voceiro do BNG sinalou que “nen sequera o solar que citan no convenio para edificar a casa cuartel é o que se corresponde na teoría”. Na teoría sería o solar entre a rúa Pascula Veiga e a rúa Concello de Frades, que segundo as normas urbanísticas só ten un 25% de aproveitamento urbanístico: uns 292m cuadrados!
Militarizar a crise
En situacións de crise hai dúas opcións: axudar á xente que máis a padece, os traballadores e traballadoras, a sair dela; ou ben darlle cobertura policial aos que se están lucrando coa crise e son obxectivos potenciais de críticas e ataques. En Ordes, como xa dixemos máis veces, hai 5 millóns de euros de débedas, 1 millón de euros de débedas con proveedores, e o concello non pode pedir préstamos. A xestión da escola infantil foi privatizada...Etc., etc., etc...
As respostas de Regos foron: “este alcalde non é mentiroso, este alcalde gañoulle a usté” (falando de si mesmo en 3ª persoa e referíndose a Martino), “non houbo o que ten que haber para que se faga o cuartel” (un alcalde que regale os cartos do seu pobo?), “fomos a ver a ese señor a Madrid moitas veces para facer o cuartel” (que señor?), “3x3 é unha habitación casi! É un calabozo eh! Que alí non vai a recibir a ninguén eh, é un cuartel!” (en resposta a unha crítica de Martino sobre as dimensións do cuartel), “a ustedes vailles molestar que se poña a primeira pedra, están invitados xa, para decembro ou por aí...”. E demais frases polo estilo.
Entón foi cando se puxo a teorizar sobre a Guardia Civil. Seguno Reghos cumpren unha función social e outra de seguridade. Presumíu ademáis de que gracias a el o concello pasou de ter 9 guardas civís a 22, e que se chegará a 32, que van a ter 24 horas de patrulla pola noite. Ese é o balance de Regos, escolas infantís privatizadas, e aumento dun 400% dos efectivos da Guardia Civil... "Polo ben do pueblo... o ben da seguridad nosa e o tema social, eu pidolle o voto para un proxecto que vai quedar para o pueblo de Ordenes, se cren na guardia civil", concluiu a súa intervención antes de votar.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
un regalo para a benemérita ou para para o que vendeu o baixo??????????? repito para o que vendeu o baixo??????????? aquí o conto éche asi, regos en nome do concello de ordes merca un baixo a unha persona con nome e apelidos que é tan boa coma o payaso de regos, e á parte de todo esto din as intelixentes linguas que parte do que oficialmente costou para o noso concello foi parar ás ensuciadas mans de regos...qué cochinos son todos, comen uns das mans dos outros, pero señores e señoras non fai falla alporarse porque todo lo que va vuelve......
ResponderEliminarEse é un importante dato que nos falta. A quen lle compraron o baixo? Tes esa información anónimo? Agradecémosche que nos contes todo o que saibas. Escríbenos aquí se queres subcomandantemarcosdaportela@gmail.com
ResponderEliminar