14/06/10

Entrevista a Gonzalo Castro para aclarar os puntos oscuros do "asunto Carrumeiro"



En vista da polémica que está a rebrotar na rede polo asunto de Carrumeiro Media SL, pensamos que o mellor é ofrecerlle unha entrevista a Gonzalo Castro na que poda botar luz sobre os puntos oscuros deste asunto, para deixar as cousas aclaradas. A entrevista é a que sigue, e xa lle foi enviada. Agardamos a resposta.



Cando estalou publicamente o asunto de Carrumeiro Media SL vostede declarou a La Voz de Galicia, no 13 de xuño do 2009 que: “Estas acusacións son rotundamente falsas, xa que eu non teñon acción algunha nin participación en ningunha empresa que contrate coa Administración pública”. Pero máis abaixo sentenciou máis rotundamente: “non teño nada que ver con esa suposta empresa”.

1. Mantén hoxe esta última declaración de que “non teño nada que ver con esa suposta empresa” (por Carrumeiro Media)?

2. Non é certo que foi conselleiro da mesta até o 20 de xullo de 2009? É dicir, até un mes despois de dicir en La Voz que “non teño nada que ver con esa suposta empresa”?

Vostede defendeuse dicindo que no 13 de abril de 2007 xa se desvinculara da empresa (desa “suposta empresa” coa que “non ten nada que ver”), e que o pode acreditar por unha escritura ente notario. Como é altamente sospeitoso que se desvincule da empresa en abril de 2007, pero até xullo de 2009 isto non apareza reflectido no rexistro mercantil publicado no BOE, vostede alegou: “O feito de que por parte dos administradores da empresa non se rexistrase a escritura no rexistro de propiedade até moito despois é unha anomalía en absoluto imputábel á miña vontade, xa que desde a data reseñada eu non formaba parte da citada empresa”. Como xa lle dixemos, sería bo que nos achegase a citada escritura para poder publicala e testemuñar así a súa veracidade; simplemente ten que ocultar o nome de terceiros que aparezan nela.

3. Como é que os seus compañeiros de militancia e de Carrumeiro comenteron esa “anomalía”, deixar sen rexistrar a súa baixa da empresa durante 2 anos, cando a súa ética estaba en xogo? Pensa denunciar o caso?

4. Non podería ser que asinase esa escritura no 2007 para cubrirse as costas ante unha eventual polémica, e mantivo o documento na “neveira”, sen facelo oficial, até que o escándalo se fai público e entón cesa/dimite oficialmente como podemos observar no BOE?

Segundo a información publicada por El País (12/06/200), seus compañeiros da UPG, X.M. Bazarra, Alberte Ansede e Alberte Soto, deixaron os seus postos de Carrumeiro Media a finais de outobro de 2006, dous meses antes de que comezasen as adxudicacións a Carrumeiro. Entre tanto, vostede entrou como conselleiro de Carrumeiro Media SL o 15 de novembro de 2006. Cando no Nadal de 2006 comezan as adxudicacións de consellarías do BNG á empresa Carrumeiro (cuxa actividade, por palabas de Ansede, até o momento fora “absolutamente ningunha, cero”) vostede era conselleiro da mesma. O primeiro encargo, con vostede de conselleiro, foi de Vicepresidencia, 168.000 euros pola “produción, promoción e desenvolvemento” dun concerto para celebrar o Día Internacional do Voluntariado.

5. É falsa esta información publicada por El País?

6. En caso de que sexa falsa, por que non denunciaron ou exixiron rectificación?

7. En caso de que sexa verdadeira, temos o seguinte. Vostede dixo en La Voz (13/06/2009) que “Estas acusacións son rotundamente falsas, xa que eu non teño acción algunha nin participación en ningunha empresa que contrate coa Administración pública”. En caso de que sexa certo o que di vostede que no 13 de abril de 2007 se desprendeu das súas accións de Carrumeiro, aínda así, o encargo do Nadal de 2006, produciríase estando vostede na empresa. É dicir, a súa declaración a La Voz que citamos anteriormente sería falsa, xa que sí tería accións nunha empresa que contrata coa Administración.

Simplemente queremos brindarlle a oportunidade de esclarecer este asunto. Máxima transparencia é a mellor defensa contra este tipo de polémicas; esta leva xa moitos meses no país e sigue sen ficar claro. Dámoslle a posibilidade de responder a esta entrevista.

Evidentemente non temos nada contra a súa persoa, pero si contra estas prácticas. Como dixemos xa, non cuestionamos a legalidade do asunto, pero si a súa moralidade.

34 comentários:

  1. A estes pasoulle como aos de Ordessiete, non saben con quen se meteron!

    ResponderEliminar
  2. Sentenciado. Como responda cágaa. Como non responda queda en evidencia. Boa estratexia Subcomandante.

    Se contra unha acusación de "trameríos" non se contraataca coa máxima transparencia ao momento, é que algo cheira...

    ResponderEliminar
  3. Supoño que o "entrevistador" terá a dignidade de darse a coñecer e facer a entrevista cara a cara.
    É de moi mal gusto "facer" entrevistas encarapuchado e agochado nun seudónimo.
    É de COBARDES inxuriar a calquera sin dar a cara. Se souberamos o nome a apelidos do "encarapuchado" seguro que pechaba o blog.

    ResponderEliminar
  4. Anónimos...xa que tanto falades de dar a cara. ¿Por que non escribides os comentarios no facebook, dando a cara?

    ResponderEliminar
  5. certo, aqui todolos que ladran son anónimos!

    ResponderEliminar
  6. O Subcomandante as regras do xogo púxoas desde un principio. Quen as aceptou que non veña agora laiarse. Desde logo, se Zalo non contesta a esa encerrona, vai quedar delatado de todo. E se contesta a ver como escapa. Onde ves ti inxurias 3º anónimo? Como un anónimo fala de dar a cara?

    Os da UPG sodes como as focas, estades coa auga ao pescozo e seguides a aplaudir. Cantos anos levades a perder votos sin traza? Pero vos ao voso eh, para o anos seguro que é Zalo alcalde ;-)

    ResponderEliminar
  7. Propoño crear unha Asociación de Víctimas do Subcomandante Marcos da Portela, só por ver xuntos a Regos, Carro, o de SOGAMA, Roberto González, Martino, Gonzalo, Natalia Candal, Pablo Vidal...

    ResponderEliminar
  8. dende a súa casa.
    Coincido co anónimo do 14 de Junho de 2010 23:17, aquí moito pedirlle ao autor do blogue que dea a cara, pero mentres tanto todos agochadiños detrás do anonimato.
    Coido que o importante é denuncialas cacicadas e se alguén se sente prexudicado na súa honra, non ten máis que acudir á Xustiza.
    Mentres tanto na Galiza temos un refrán que o di todo: O que cala, outorga.
    Que conste que non é un presunto refrán como pasa con Carrumeiro, na que o señor Gonzalo supoño que non estaría presuntamente a traballar ata que lle veu as orellas ao lobo.
    Remato con outro: non hai peor cego que o que non quere ver.

    ResponderEliminar
  9. Esta todo moi ben preguntado e moi clariño aver con que nova batalla nos veñen os do bloque pa intentar limparlle o cu o Jonzalo.

    Os anonimos piden que o subcomandante non sexa anonimo...ja0sja0sja0jsa0jsa

    ResponderEliminar
  10. O outro día co meu platero azul dinlle unha hostia a outro que estaba aparcado e funme pensando que non me viran. Como o meu coche xa ía algo vello dino de baixa. Ao día seguinte un axente da benemérita preguntoume se eu tiña un coche azul e respondín que non. Dixen a verdade, pero tamén puiden ter engadido que fai uns días si que o tiña. Unha persoa adicada á política contestaría do primeiro xeito, pero unha persoa honesta faríao do segundo xeito e sen "xogos de palabras" nen "dobres interpretacións"

    ResponderEliminar
  11. Puxestes neste blog moitos enlaces a renovarobng.blogaliza.org, pero parece que vos esquecestes dun:

    http://renovarobng.blogaliza.org/2010/06/15/o-bng-de-ordes-responde-convincentemente-as-acusacions-contra-gonzalo-castro/

    Este blog de renovarobng é de +Galiza e como podedes ver demostra que Gonzalo conta co respecto de todo o BNG (dos da UPG e tamén dos de +G). Así falan neste blog del como candidato in pectore do BNG á alcaldía de Ordes en 2011, e con boas expectativas electorais.

    Eu creo que con isto xa quedou todo dito. Os vosos xefes si respectan a Gonzalo e recoñecen o que vos sodes incapaces de recoñecer.

    Descanse en paz este blog local de +Galiza. R.I.P.

    Que pouco tardaron en collervos.

    ResponderEliminar
  12. Gonzalo concédelles a entrevista en persoa. Invitaos a unhas cervexas e fala con eles.

    Onde se viu conceder unha entrevista a un anónimo?

    Estes chochean. Os deste blog non saben no burato en que se meteron, e canto máis se metan nel peor van quedar.

    Estades quedando fatal, e a xente xa se dou conta de que non sodes nin independentes nin neutrais. Tedes un obxectivo moi clariño e xa vos colleron.

    Se deixarades o tema coa rectificación quedavades como Dios, pero primeiro rectificades e agora vides con esta chorrada?

    Estades enterrándovos vos soiños.

    ResponderEliminar
  13. Gonzalo invitaos a unhas cañas e concédelles a entrevista en persoa. Onde se viu conceder unha entrevista a un anónimo? Pero vos que vos credes?

    Primeiro rectificades e agora vides con esta chorrada. Cada vez estades quedando peor, a xente xa se dou conta de non sodes nin independentes nin neutrais. Tedes un obxectivo ben clariño.

    Metestesvos nun calexón sen saída. Se o deixarades cando rectificastes quedaríades como Dios, e agora estades meténdovos nun burato de onde vades sair moi mal.

    Estadevos cargando o blog vos soiños.

    ResponderEliminar
  14. Pero imos ver se Gonzalo dou a cara. Que problema ten o soldadiño raso marcos para facelo?

    Ah! Si! Xa sei!. Resulta que o soldadiño raso marcos mentiu, por iso non quere dar a cara.

    ResponderEliminar
  15. O mesmo anónimo leva uns 10 comentarios confirmando que este blog (no que el deixa os comentarios) morreu. Non estará a confundir os desexos coa realidade? xD

    En fin!! Tropa do Carallo!!

    ResponderEliminar
  16. Pero de moito carallo vamos!! Ahora amenazan en plan "non sabes con quen te estás metendo".
    Vós si que estades quedando mal e estades facendo quedar mal ós vosos compañeiros do bloque que merecen a pena, que os hai.
    Eu desde logo non tiña pensado votaros...pero é que agora...nin de coña!!

    ResponderEliminar
  17. Mentir agachado non anonimato. Non se pode consentir. Eu non son votante do BNG, pero o que lle fixestes a Gonzalo non ten nome.

    Eu xa vos tería metido no xuzgado.

    ResponderEliminar
  18. Eu o que lin é que non sabían "onde" se estaban metendo non "con quen" se estaban metendo.

    Aprende a ler.

    Eu temén penso que se cargaron o blog eles sós. E o desta entrevista ainda os pode deixar peor.

    ResponderEliminar
  19. É que están quedando de putos locos eh... Subcomandante, mira aí desde cantas IP´s mandan os comentarios, porque parecen todos iguais... Eu non sei pero...

    Zalo, marcha por onde viñeches tio.

    ResponderEliminar
  20. Ainda ninguén se dou conta de que esa empresa era para montar un medio de comunicación nacionalista, e que os que estaban nela estaban postos polo partido pero non levaban un duro deso?.

    A ver se ides madurando. Eu creo que ainda sodes moi novos e non sabedes como se financia un movimento de liberación nacional.

    Subcomandante Marcos, vostede debería sabelo. Ou non sabe como se financiaba o Exercito Zapatista de Liberación Nacional? Pois con "cousiñas" como Carrumeiro.

    E vos chamades nacionalistas? Cando lle estades facendo o xogo ao Estado e cargándovos unha estructura que podería ser moi útil para o nacionalismo?

    Isto en Euskal Herria non pasaría, xa vos botarían do país por traidores.

    ResponderEliminar
  21. Cojonudo. E o subcomandante que di do que acaban de decir os seus xenerais?

    http://renovarobng.blogaliza.org/2010/06/15/o-bng-de-ordes-responde-convincentemente-as-acusacions-contra-gonzalo-castro/

    ResponderEliminar
  22. Eu creo que o subcomandante tería que admitir que rectificou porque acusaron a Gonzalo de mentir cando non era certo que mentise.

    Si o fai agora ainda pode salvar a cara, si sigue vai quedar peor.

    Os seus maiores do blog "renovarobng" xa lle están mostrando o camiño.

    ResponderEliminar
  23. O BNG perdeu a inocencia cando tocou o poder, montou chiringuitos clientelares, nega a crítica como elemento de construción, e non depura responsabilidades senón con expulsións si con dimisións: os votantes quedamos na casa ou procuraremos novas alternativas. Grazas por destapar aos caciques, tamén aos que se agochan no BNG.

    ResponderEliminar
  24. Boisimo o comentario das 18:57. Agora vai un do bng e convencido comparase co pnv, compara os feitos de xente dun partido comunista cos dun partido cristianodemocrata. Por certo o de que os botan do pais por traidores, de quen o aprendeches de stalin? se tal vai facendo un campo de concetracion na tua horta home...
    Supoño que teredes que chegar antes a unha maioria absoluta para facer eso, ainda que ao paso que ides, como non os declare traidores feijoo

    ResponderEliminar
  25. 1º O BNG é un movemento de liberación nacional: HAHAHAHAHAhahahaahaha

    2ºO EZLN financiase montando chiringuitos que todo o que facturan son encargos a dedo do goberno de Fox xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD

    3ºO paralelo destes señores no País Vasco máis ben sería Uría que outra cousa que -dios me libre de defender tal animalada- foi asesinado por lucrarse construindo o AVE cando o pobo non o queria.

    ResponderEliminar
  26. Porfavor que os do bloquue nomen un portavoz para lamerlle o cu a Jonzalo e defender o indefendible que se entrades todos aqui aver quen e mais lamecus isto e un caos.
    Por certo o voso Iluminado inda non contestou.Que ten que esconder?¿

    ResponderEliminar
  27. Gonzalo terá máis que facer que contestarlle a uns rapaces que xa rectificaron a información. Que por certo, ben farían en recoñecer dunha vez que rectificaron, se ao final non lles vai quedar outra.

    Por certo, subcomandante, non tes que preparar os exames de xuño?

    ResponderEliminar
  28. Para uns o subcomandante son rapaces con exames, para outros alguén cun horario de traballo raro,para outros os de +galiza, para outros unha estratexia dos do bloque, esto o que é e un lio de carallo

    ResponderEliminar
  29. Ouviches, podesme dizer que estuda o subcomandante? Pareceme que te estas "columpiando" e a ver se nom me equivoco que isto ja o vim mais vezes.

    ResponderEliminar
  30. Eu creo que Zalo está esperando a ver se o subcomandante recoñece que se viu obrigado a rectificar as acusacións e retira esta chorrada.

    Eu recoméndolle ao subcomandante que o faga, eu creo que Zalo estalle dando unha oportunidade e este subcomandante é tan cazurro que non se da conta.

    Imos ver que o que se entende por entrevistar:

    "Manter unha conversación con unha ou varias persoas acerca de certos extremos, para informar ao público das súas respostas", pois ben, unha persoa temola: Gonzalo Castro, falta ainda a outra persoa ou persoas que teñen que ir falar con él.

    E que se entende por entrevista?:

    "Acción e efecto de entrevistar ou entrevistarse. Vista, concurrencia e conferencia de duas ou máis persoas en lugar determinado, para tratar ou resolver un asunto".

    Iso é o que lle estades pedindo a Zalo e é o que vos ten que conceder Zalo: unha entrevista, para o que obrigatoriamente terá que quedar con vós persoalmente.

    Zalo concédelles a entrevista, queda con eles.

    ResponderEliminar
  31. Un militante do BNG

    Para que non haxa dúbidas, apunto algunhas anécdotas da XII Asemblea Nacional do BNG: A nación en Marcha, celebrada en Santiago o 2 e 3 de decembro de 2006, que algúns parece que esqueceron.
    No stand da fenecida GZnación, agasallábasenos con trípticos e centos de alfombrillas para o rato do pc, eu coma moitos collín varias. O que non se pode é crear empresas da nada para que os nacionalistas de mentira piquen coma pailarocos. Se con toda familia que somos non fomos quen de manter unha web en Internet apaga e vamos. Hoxe en día tena calquera pelagatos.

    Xa na zona das agrupacións comarcais, miles de bandoleiras roxas repletas agardábannos, cando dende sempre era un simple carpeta. En definitiva, un dispendio nunca visto antes da chegada do BNG á Xunta, ou o imos a negalo? Como me comentaba algún achegado do PP, deses que sempre andan na busca da mellor sombra do árbore e que tan ben foron acollidos, mesmo por riba de militantes de toda vida, aquilo parecíase a un dos seus congresos

    Para non desviarme máis, quen era Carrumeiro?
    Presentouse a algún concurso da Xunta antes da chegada do bipartito, porque esa tamén é outra, aínda presentándose a un oferta ou subvención é difícil de conquerila, para mías non facéndoo.

    Conste que tanto esta empresa coma outras creadas por xente do nacionalismo ou non, teñen o mesmo dereito a presentarse e non hai nada censurable en facelo e ter "sorte", pero o que non se pode negar é o que está escrito por moito que agora dende certos sectores queirades mezclar churras con merinas.

    Antes de que este blogue puxese as cartas sobre a mesa fixérono outros, El Pais por exemplo e todos/as calados, por qué agora esta intención de crucificar ao autor do blogue? A que tendes medo?

    ResponderEliminar
  32. Eu o que teño claro é que como Gonzalo non conteste a isto... que cala otorga, e o rollo este está ben clariño.

    ResponderEliminar
  33. ao anónimo q di:
    "E que se entende por entrevista?:
    "Acción e efecto de entrevistar ou entrevistarse. Vista, concurrencia e conferencia de duas ou máis persoas en lugar determinado, para tratar ou resolver un asunto""

    un lugar determinado pode ser a rede non? mediante correos electronicos e esas cousas. ou acaso non hai entrevistas telefónicas?

    ResponderEliminar
  34. Claro que se pode responder a unha entrevista por teléfono ou correo electrónico.

    Pero para ser unha entrevista falta unha persoa, unha está Gonzalo Castro, a outra non sabemos nin si existe.

    Nas entrevistas se identifican os dous: entrevistado e entrevistador.

    O que se propón aquí e un cuestionario anónimo e non me extraña que Gonzalo non responda a cuestionarios anónimos. Eu tampouco o faría.

    ResponderEliminar