08/06/10
Roberto González Santos patriota galego?
Segundo os principios ideolóxicos do partido de Roberto González -concelleiro do Ghaliñeiro do chiringuito mais suculento: urbanismo-, Terra Galega, este debería, entre outras cousas: “potenciar a identidade nacional de Galicia, definindo noso país como unha comunidade diferenciada que defenda os nosos intereses históricos, culturais, lingüísticos, económicos en pé de igualdade e equilibrio con outros pobos do Estado español, de Europa e do mundo”. Actúa o señor González como nacionalista galego, tal e como indican os principios do seu partido? Ou son unha mentira?
González, despois da súa longa traxectoria no PP, non exenta de altercados, escisións, etc., é o vicepresidente 1º deste partido que se define como nacionalista galego de centro. Ten ademais ao seu nome (xunto con Pablo Padín e Xermán Tobío) a conta bancaria do partido, e outra vinculada á principal “a efectos de saldo de más interés temporal”. Pablo Padín e Roberto González fixéronse co poder do partido non sen polémicas con Xoán Gato, candidato á presidencia da Xunta polo mesmo, e alcalde de Narón durante anos, que víu como en plena campaña era abandonado polo sector do partido que agora o dirixe .
Chama tamén a atención que TeGa lanzase un “Comunicado oficial de Tega sobor do idioma” (30 de Abril de 2009) no que acusaba ao PP e a UPyD de “crear un problema entre os cidadáns deste país para os seus intereses electoralistas”, chamando a “posicionarnos á beira da Mesa pola Normalización Lingüistica, porque ante este ataque aos nosos dereitos como galegos, CUMPRE FACER CAUSA COMÚN. De igual xeito, esiximos que o PP, UPyD e os seus correlixionarios deixen de agredir”. Curioso que pouco menos de un ano despois, Roberto González vote no último pleno municipal en contra de unha moción que pedía iso mesmo. En plenos anteriores o goberno do Ghaliñeiro votara a favor de unha moción semellante, agora non. Será que a Regos non lle interesa discrepar demasiado co PP de Feijoo despois do seu intento fracasado de pasarse ao PSOE?
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Jonsales patriota jallejo! Un jallejo de verdá!
ResponderEliminarDe todo o goberno, González é o máis galeguista, mal que nos pese...
ResponderEliminarSiií, e o máis comunista, no te jode...
ResponderEliminarE o mais listo de todos URBANISMO onde estan os cartos
ResponderEliminarOstias mira que currades os de Ordes, aquí na Laracha somos máis larchans. Leña cos mangantes!!!
ResponderEliminarO Gonzales e a cousa mais rancia e kacikil que pode haber a hai na politica,e un bosteiro da politica,caduco e sen ideais, so mira o del e o dos colegas que lle aporten aljo,xa se ve da man de quen sale do Vasco de tomar os viños todos os dias,dime con quen andas e direiche quen eres,POLITICOS CORRUPTOS E LARCHANS FORA...
ResponderEliminar