16/06/10
Que foi de Juan Carlos Casal Maseda, o ex comandante do posto da Guardia Civil de Ordes detido por narcotráfico?
Corría o ano 2001 e Ordes iniciaba o mes de novembro: Martino era o xefe indiscutible da tribo, e o representante “del rei, el orden y la ley” no Ghaliñeiro cae nunha operación contra o narcotráfico. Funcionarios “antidroga” comezan a caer e ser detidos en todo o país. Era o caso Chad Band, umha goleta inglesa con 3.000 kilos de “chocolate” a bordo, interceptada a 27 millas da illa de Ons; era un desembarco de proba, para ver se era viable establecer unha rede con Marrocos. Algúns xa levaban un ano investigados.
Estas cousas o poder non é moi amigo de recordalas, pero algúns veciños aínda se lembraran do comandante do porto da Guardia Civil de Ordes, Juan Carlos Casal Maseda. Cando o detiveran estaba de baixa en Vimianzo. Era un tipo peculiar, ao que lle gustaba andar ao volante dun BMW co que fardaba. Estivo en Cantabria onde xa tivera problemas (foi separado do “corpo” un tempo), no 92 chegou a Corcubión como sarxento. Antes de vir a Ordes estivo en Ponteceso. Entón veu para Ordes. Daquelas o brigada tiña 47 anos, así que agora andará polos 56. O paisano vese que quedara medio trastornado pola vida “cuartelera”, dicía cousas como “soy gallego, pero nací en un cuartel y mi hogar siempre ha sido un cuartel. Los que somos así tenemos un sentimiento especial”. Frase última coa que non podemos estar máis de acordo. Fachendeaba de ter participado nun desmantelamento dun comando do Grapo, pero dicía que “yo soy un guardia de pueblo”, xa que o máis bonito é “arreglar los problemas del paisano”.
Os de La Voz mandaran a Nacho Mirás a Ordes facer unha crónica sobre que pensábamos no Ghaliñeiro deste elemento dotado de tricornio. O artigo non ten desperdicio. Disque para axente secreto non valía un peso, pois moito lle gustaba fachendear: “sempre andaba rodeado de mulleres guapas e era un pouco fanfarrón”. Un veciño recriminoulle ao xornalista o comentario que puxeran sobre o BMW do picoleto (ai os BMW...): “Tamén puxestes que andaba nun BMW e eso non ten nada que ver. Hoxe en día un BMW teno calquera, eu mesmo podería mercar catro”. Outro veciño indicaba que “é un fulano lixeiro, xogador de máis, gustáballe vivir a vida”.
En febreiro de 2004 o fiscal da Audiencia Nacional pídelle catro anos e dous meses de caldeiro, 3.900.000 euros de multa, e 15 anos de inhabilitación. Polo visto Casal Maseda pedíralle a outro acusado que actuara como enlace do axente do Servizo de Vixilancia Aduaneira, fundamental para que a droga entrase sen perigo. En novembro do mesmo ano o xefe da Guardia Civil de Ordes declarará “yo estaba lelo cuando declaré ante el juez Taín”. O home enfadárase no interrogatorio: “sus preguntas me desconciertan y no me dejan contar mi historia”. Moito padecía o home, que incluso tivo dous amagos de infarto que lle impediron declarar.
Atentado da ETA ao cuartel da Guardia Civil de Ordes
O momento máis delirante do interrogatorio foi cando lle preguntaron polas matrículas de automóbil falsas que empregaron. Dixo tan pancho que era para "evitar confusións", porque despois da desarticulación dun comando de ETA en Santiago, disque se descubrira que un dos seus obxectivos era o cuartel dos “beneméritos” de Ordes.
En xaneiro de 2005 o caso aínda non estaba pechado, pero sabemos que Casal Maseda declarara para defenderse que cos de Vixilancia Aduaneira en realidade estaba colaborando para facer méritos para que o mandasen á GIFA: é dicir, alegou que el non estaba traficando senón facendo méritos para entrar no Grupo de Investigación Fiscal e Antidroga! Despois aínda que lle meteron unha nova acusación por soborno.
As malas prácticas do xuiz Taín (que agora aspira a ser o sucesor de Garzón) á hora de conseguir probas de xeito ilegal, provocaron que a Audiencia Nacional declarase nula a investigación en febreiro. Se o delito cometido fora “terrorismo” non habería problema, pero sendo narcotráfico... Dese xeito, só condenaron aos tripulantes do veleiro Chad Band. A Fiscalía Antidroga calificou o fallo que absolvía o narcotricorniano de “insólito”, e indicou que pensaba recorrer ao Supremo. A sentenza asumía totalmente as declaracións de defensa dos acusados como válidas.
O veleiro déronllo á Asociación Alar Galicia para restaurar, xunto 28.773 euros de subvención, aínda que parece que finalmente non o deron amañado. Pouco máis ten.
O caso é que aos colegas de Juan Carlos Casal Maseda vaille regalar Regos unha casa cuartel cos cartos de todos. E que será de Casal Maseda?
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Moito traballa o subcomandante para distraer a atención da metedura de pata que cometeu.
ResponderEliminarmoito traballa algún anónimo en joderlle a paciencia á humanidade... se tanto jode a "metedura de pata" será por q algo hai...
ResponderEliminarcomo o subcomandante nunca cambiou de tema e sempre se centrou nos mesmos dende q apareceu...
PESADO, cona....
"Un veciño recriminoulle ao xornalista o comentario que puxeran sobre o BMW do picoleto (ai os BMW...): “Tamén puxestes que andaba nun BMW e eso non ten nada que ver. Hoxe en día un BMW teno calquera, eu mesmo podería mercar catro”."
ResponderEliminarEra Zalo ese veciño???
A ver, como lin aí nun comentario:
ResponderEliminar-As primeiras adxudicacións a Carrumeiro foron no Nadal de 2006.
-Gonzalo supostamente ten unha escritura na que deixa Carrumeiro en abril de 2007.
Non?? POIS XA TA TODO DITO!!!
ZALO=CHORIZO e MENTIREIRO
As eleccións municipais de 2007 foron o 27 de maio de 2007. Gonzalo deixa a empresa o 13 de abril de 2007, non por unha cuestión legal porque esa empresa non contrataba co Concello de Ordes, como el ben explica, senon porque o entendía así por unha cuestión ética.
ResponderEliminarQue antes de ser cargo público tivese unha actividade empresarial inhabilitao para ser cargo público?
E logo, un afiliado do BNG que non era cargo público naquel entón non podía participar nunha empresa?
Pois haiche ben deles, igual que no PP e no PSOE e en Nós-UP e en todas partes.
Dadesvos conta do absurdo do voso argumento? Eu digovos a verdade, se chego a ser Gonzalo non deixo a empresa, eu creo que se pasou de ético. Porque non ten ningún problema que un Concelleiro teña unha empresa e que esta contrate coa Administración Pública, que por certo si mirades un pouco na rede as adxudicacións da actual Xunta daredesvos conta de que Carrumeiro sigue traballando coa Xunta tamén agora que está o PP.
Reflexionade un pouco, digovolo con todo o respecto e cariño, a ver se volve o sentido común e a cordura.
Para algúns, bastante máis informados e formados que vós xa quedou claro.
http://renovarobng.blogaliza.org/2010/06/15/o-bng-de-ordes-responde-convincentemente-as-acusacions-contra-gonzalo-castro/
O subcomandante saberá que das inxurias e calumnias que se publiquen nos comentarios responden os propietarios do blog?
ResponderEliminarDigoo porque o comentario do anónimo das 12:34...en fin canto tolo anda solto.
Para ilustrar la extraña lógica de los sueños, Sigmund Freud evocaba una anécdota sobre una tetera prestada: cuando un amigo le acusa a usted de devolverle rota la tetera que le prestó, su respuesta es, primero, que nunca se la prestó; después, que cuando se la devolvió no estaba rota, y al final, que la tetera ya estaba rota cuando se la dejó. Esta secuencia de argumentos incongruentes confirma lo que quería negar: que había tomado prestada la tetera y la había roto.
ResponderEliminarInxurias e calumnias no comentario das 12:34?
ResponderEliminarEsta visto que non se debe escribir nun blogue despois do vermouth: 16 de Junho de 2010 14:43