06/06/10

As pistas da parcelaria de Ordes foron feitas con area tóxica de SOGAMA extraída ilegalmente



O tema xa foi noticia o ano pasado, pero non levantou nen de certa a indignación que debería, e de feito é unha trama pouco coñecida. A empresa pública Tragsa sacou area de forma ilícita do vertedoiro que SOGAMA ten na areosa, ilegalidade denunciada pola Asociación Galega de Áridos (AGA).


No centro da polémica está a empresa asturiana Danigal, á cal foi subcontratada a xestión do vertedoiro da Areosa, e se víu envolta en importantes atentados ecolóxicos, como os lixiviados verquidos no Lengüelle con a consecuente morte das troitas do río, ou o verquido sen ningún tipo de control de resíduos farmacéuticos de todo o Estado na Areosa. Nove persoas de Danigal están imputados pola xustiza. Agora é acusada de lucrarse vendendo area contaminada polos mesmos lixiviados que siguen a contaminar o Lengüelle, e que se usan na parcelaria de Ordes.

A asociación que reúne o 90% das empresas do sector, AGA, denunciu varias veces que Excavaciones y Obras Candal (domiciliada no Mesón do Bento), comercialice ilegalmente area extraída do vertedoiro, que finalmente remata nas pistas da concentración parcelaria que Tragsa constrúe no concello de Ordes.

Excavaciones Candal non contou en ningún momento coa autorización mineira previa, o que ademais é unha forma de competencia desleal co resto das empresas. Desde AGA subliñan que “os materiais alí extraídos estaban a ser destinados para a súa posto no mercado como venda de áridos e zahorras”, e critican que Tragsa “ampara a comisión de actos con repercusión ambientais descontroladas”. O 25 e 26 de marzo do ano pasado, varios camións cargados de area saían do vertedoiro para descargalos nas obras da parcelaria en Ordes, estando as pistas da parcelaria de Mercurín en proceso de construción. A propia web de Tragsa recoñece a Excavaciones Candal como adxudicatario do contrato de subministro de áridos por 105.00 euros.

A Consellaría de Innovación e Industria alegou que o material era empregado dentro do propio vertedoiro, pero segundo o Xornal de Galicia, fontes da propia empresa recoñecen que o material sobreante era vendido a Tragsa polo menos desde outubro de 2009.

Danigal rematou contrato con SOGAMA a finais de abril de 2009, e está controlada desde o Reino Unido por unha sociedade de capital de risco.

A noticia no Xornal de Galicia
-“Tragsa fai a parcelaria con terra de Danigal extraída ilegalmente”, Xornal de Galicia, 2 de Abril de 2009.
-“A area da parcelaria de Ordes contén tóxicos do vertedoiro de Danigal”, Xornal de Galicia, 9 de Abril de 2009.

36 comentários:

  1. Isto já é o colmo... Se até o chão que pisamos é tóxico, onde nosvamos meter? Quando a natureza seja umha grande lixeira, havemos de comer os cartos...

    ResponderEliminar
  2. danigal y sogama moita tela que cortar os problemas y a gueerra interna en sogama na etapa do anterior presidente(alvarez)empezaron cando este prohibiu lle os jefes(encargados)de sogama hablar con danigal y outras empresas subcontratadas por sogama porque se cheiro o bacalao y os jefes estaban vindo como se ches acababa o chollo e despois cha todos sabedes acoso y deribo a alvarez llama moito a atencion fai pouco matabanse entre eles polo peixe y ahora e unha balsa de aceite sera que ahora o peixe vai mellor repartido ou que

    ResponderEliminar
  3. PARÉCEME MAL QUE SE FALE CANDO NON SE SABE....QUE ESTE COMANDANTE EMPECE A DOCUMENTAR ALJO DO QUE DI PORQUE ALJUNHAS COUSAS SON BARBARIDADES...

    ResponderEliminar
  4. meu rey che podo asegurar que no caso de sogama a realidade pode chegar a superar a ficcion eu diria casi que calquer barbaridade que se diga sobre sogama nos quedamos cortos sin ningunha duda sabes o que ten a basura que se encontra de todo

    ResponderEliminar
  5. eh outra cousa o medio ambiente ten que ser algo de trato exquisito desde que chega a bolsa de basura o contenedor hasta que finalmente se incinera en sogama non pode fallar nada y en sogama fallan moitas cousas si non a que se deben as 30 imputacions recientes por delitos contra o medio ambiente vertedoiros incontrolados medicamentos que se estaba dicindo que se estan incinerando eh se descubre que isto non e verdad que se estaban almacenando en un vertedoiro cando foi o vertido da areosa alvarez diaz(anterior presidente sogama etapa bipartito)pidiulle os jefes que ficheran turnos de vigilancia na areosa se puxeeron casualmente enfermos porque estaban librando unha guerra interna y o que menos importaba era o medio ambiente que se pode esperar de unha sociedade publica donde se actua de esta manera se pode esperar bolsa de basura agachadas cheas de barbaridades as que se saben as que se intuyen as que non queren que sepamos as que non nos contan

    ResponderEliminar
  6. Ao 2º comentario.
    Neste post non hai nada publicado que se saia da información publicada polo Xornal de Galicia, nas fontes que se indican; podes comprobalo ti mesm@:
    -“Tragsa fai a parcelaria con terra de Danigal extraída ilegalmente”, Xornal de Galicia, 2 de Abril de 2009.
    -“A area da parcelaria de Ordes contén tóxicos do vertedoiro de Danigal”, Xornal de Galicia, 9 de Abril de 2009.
    Sobre os vertidos ao Lengüelle, morte de troitas, prevaricación, etc., xa se está encargando de investigar a Audiencia Provincial da Coruña.

    Documenta ti cales son as barbaridades que estamos a dicir, e indica cales son, e así poderemos responderche, se non, ao falar por falar non se lle pode dicir nada...

    ResponderEliminar
  7. A ver 2º anónimo, non sabes ler?? A area que os de Candal lle levaron a Tragas para facer as pistas foi sacada do terreno que foi filtrado pola mesma merda ("lixiviado", se queres que soe mais fino) que matou canta troita pillou por diante no Lengüelle. Agora imaxina toda esa merda nas pistas da parcelaria: cando chova vai filtrar, evidentemente, e extederase.
    Quen defenda ainda a dia de hoxe ten que ser un parvo, un desinformado, ou alguén que saque moitos cartos dela...

    ResponderEliminar
  8. sei ler, e vexo periodicos todos os días con informacións falsas, non tou de parte de nadie, pero creo que tades apuntando co dedo moi alto e pa eso fai falta ter probas...

    ResponderEliminar
  9. non tedes pajolera idea.

    ResponderEliminar
  10. duas noticias que saen nun periódico son probas de algo???? por dios deberíades ler MILLENIUM.

    ResponderEliminar
  11. O listillo este que anda a ameazar que saque as súas probas, que é a quen lle corresponde. Se un xornal publica algo bastante grave contra unha empresa, e esta non demanda por inxurias, está a darlle a razón... Senón chámalle aí a Áridos de Galicia 981 535 602 e xa verás o que che contan do tema, que están bastante enfadados co tema...

    ResponderEliminar
  12. ai q ser jilipollas. moi jilipollas pa ler un puto periodico e escribir todo eso aki..
    manda carallo!!!!
    espabilade e investijade antes d apuntar a nadie eeeh..
    se tanto sabedes, dadebos a conocer. andaaaa
    ah, eu son de excavac. candal!!!!!!!

    ResponderEliminar
  13. mou cariño, o listillo non amenaza o listillo di que non sabedes de que falades que é diferente, e se temos que denunciar ós periodicos cada vez que din aljo que non é verdád todavía tarían mais colapsados os juzgados hombre, que eu levo coma 2 anos con temas en juzgados que ainda tan coma o primeiro día....non hay xeito joer...pero se vos tedes xeito a andar injuriando pos sejide...e eu non son de ningunha desas empresas.

    ResponderEliminar
  14. Mira que sodes pringados eh, se a información é falsa e vos están inxuriando, xente de Excavaciones Candal, denunciade a quen teñades que denunciar, a AGA por denunciarvos, e ao Xornal por publicar o que vos chamades inxurias, e que son a fonte que usan aquí. E se non calade a boca, non seades tan pringados como para calar co jrande e crecervos con un puto blog o que, por certo, lle estades dando publicidade...

    Por certo, en que quedou a denuncia que vos meteu AGA?

    ResponderEliminar
  15. qe pensas.. q xa non tan denunciados qerido lector habitual???? pasa q xente coma ti... fala do q non ten q falar... porqe parou o aga ese de denunciar??? porq temolos papeles todos en regla, carasau!!!!
    ai che keda mister.... jajajajjajaa. q hipocritas

    ResponderEliminar
  16. das inxurias falastes vos, eu creo que vos contradecides un pouco. pringado serás ti.

    ResponderEliminar
  17. Visto o ardor que está a erguer entre as persoas que len o noso blog este post, reiteramos unha vez máis que toda a información publicada aquí, nen un dato máis nen un dato menos, foi sacada das fontes do Xornal que se citan no propio post. De momento, que nos saibamos, esa información non foi desmentida polo Xornal de Galicia, polo que sen haber un desmentido pola súa parte, nen unha condena por inxurias de parte da Xustiza, esa información dase por válida, e como tal está a disposición de todos en Internet.

    Se aínda así, alguén considera que hai calquera erro na información publicada (e prefire falar con nós antes que co Xornal) que nos escriba a subcomandantemarcosdaportela@gmail.com para dicilo (o cal, dito sexa de paso, aínda non fixo ninguén), e así poderemos falar das posibles imprecisións e se procede modificiar o que estea mal e dar a outra versión dos feitos.

    Lanzar acusacións e insultos pseudoanonimamente nos comentarios non é un procedemento serio para protestar por unha información que se xulga falsa.

    O Subcomandante Marcos da Portela.

    ResponderEliminar
  18. Outra fonte sobre o tema nunha páxina do sector:
    http://www.canteras.es/es/node/176

    La Asociación Galega de Áridos acusa a Tragsa de comprar material ilegal
    Enviado por Redacción el Mié, 01/04/2009 - 10:30.

    La Asociación Galega de Áridos (AGA), ha denunciado la compra por parte de la empresa pública TRAGSA de "material procedente de una explotación minera ilegal". AGA informó en un comunicado que de que ha presentado, por segunda vez, una denuncia contra Excavaciones y Obras Candal S.L., por incurrir en una comercialización ilegal de áridos, que se está cometiendo en el municipio de Cerceda.
    Explica que presentó denuncia ante la Consellería de Innovación de que en las parcelas 57 y 58 del citado municipio, correspondientes al vertedero de la empresa Danigal, se realizaban obras de un "importante desmonte o excavación" y que "los materiales allí extraídos estaban siendo destinados a la puesta en mercado como venta de áridos y zahorras".
    Los denunciantes se ratificaron al ver en la página web de Tragsa, en un apartado dedicado al suministro de áridos para una obra, el nombre de Excavaciones Candal S.L. como adjudicataria de un contrato de 105.000 euros.

    ResponderEliminar
  19. http://www.xornal.com/artigo/2009/03/31/galicia/tragsa-fai-parcelaria-terra-danigal-extraida-ilegalmente/2009033120501652141.html

    Tragsa fai a parcelaria con terra de Danigal extraída ilegalmente
    A empresa pública utiliza area sacada de forma ilícita dun vertedoiro de Sogama. A Asociación Galega de Áridos denuncia que unha empresa vende e explota de xeito irregular un material usado na concentración de terreos.

    Miguel Pardo / A Coruña Actualizado 02/04/2009 - 01:19 h.

    A controversia volve arrodear a Danigal. A compañía que xestiona un dos vertedoiros de Sogama ou a planta Sigre de residuos farmacéuticos en Cerceda regresa á polémica. Desta vez é a Asociación Galega de Áridos (AGA) quen destapa unha nova presunta irregularidade.

    Esta asociación, que reúne o 90% de empresas dedicadas á extracción e comercialización de áridos, denunciou por segunda vez a empresa Excavaciones y Obras Candal por comercializar ilegalmente con area procedente do vertedoiro de Sogama que xestiona Danigal en Cerceda. Este material acábase empregando para a concentración parcelaria por parte da compañía pública Tragsa no Concello de Ordes.

    Segundo aclara AGA, a compañía denunciada comercializa ilegalmente cos áridos procedentes do "desmonte ou escavación" que realiza para o baleirado e ampliación do vertedoiro de Danigal, malia non contar "coa autorización mineira previa". Deste xeito, Excavaciones Candal "realiza aproveitamentos mineiros á marxe da legalidade, coa conseguinte competencia desleal para as empresas do sector, que unicamente poden realizalos tras custosos e longos trámites".

    "Os materiais alí extraídos estaban sendo destinados para a súa posta no mercado como venda de áridos e zahorras", di AGA, que asegura que comprobou como os pasados 25 e 26 de marzo varios camións cargados con area saían do vertedoiro para descargala na obra que a empresa pública Tragsa realiza na rede de camiños de concentración parcelaria do Concello de Ordes.

    Segundo AGA, a propia web de Tragsa recoñece a Excavaciones Candal como adxudicatario definitivo dun contrato de subministro de áridos por105.000 euros, malia carecer da autorización para este tipo de traballos.

    Tras a primeira denuncia presentada, a Consellería de Innovación e Industria aclaroulle a AGA que o material extraído era empregado nas propias instalacións de Danigal para a drenaxe, polo que se atopaba fóra do ámbito de aplicación da Lei de Minas. No entanto, e segundo fontes achegadas á empresa, o material sobrante machácase e trátase para ser vendido logo a Tragsa, algo que acontece desde polo menos o pasado mes de outubro.

    Así, Danigal, que xestiona o vertedeiro de Sogama, fai negocio coa area extraída, que é vendida por Excavaciones Candal a Tragsa, empresa pública que contrúe camiños para a concentración parcelaria.

    Para AGA, Tragsa "ampara a comisión de actos con repercusións ambientais descontroladas" e solicita á inspección mineira "que sexa dilixente na esixencia do cumprimento da normativa cos furtivos".

    ResponderEliminar
  20. http://www.xornal.com/artigo/2009/04/06/galicia/area-da-parcelaria-ordes-conten-toxicos-do-vertedoiro-danigal/2009040620280041484.html

    A area da parcelaria de Ordes contén tóxicos do vertedoiro de Danigal
    Os lixiviados que están a contaminar o Lengüelle desde hai meses penetran tamén na terra que logo é utilizada para obras por unha compañía pública. Tragsa emprega para a concentración material extraído ilegalmente en Cerceda.

    Miguel Pardo / A Coruña Actualizado 09/04/2009 - 00:46 h.

    Os áridos empregados por Tragsa para realizar a concentración parcelaria no Concello de Ordes están contaminados. A compañía pública obtén este material a través da empresa Excavaciones y Obras Candal, que extrae de xeito ilegal material procedente da escavación que se realiza para o baleirado e ampliación do vertedoiro de Danigal nos terreos de Sogama.

    Segundo fontes achegadas ás empresas, os lixiviados e as augas sucias que contaminan desde hai meses o río Lengüelle -e polo que están imputados nove operarios de Danigal- fíltranse tamén cara aos terreos colindantes nos que se realiza a ampliación do vertedoiro e de onde se sacan os áridos que, tras un tratamento previo, son logo comercializados por Excavaciones Candal para as obras da concentración parcelaria que realiza Tragsa.

    A Asociación Galega de Áridos (AGA) denunciou xa en dúas ocasións a Excavaciones Candal por comercializar ilegalmente con area procedente do vertedoiro de Sogama, ao non contar "coa autorización mineira previa". "Realizan aproveitamentos mineiros á marxe da legalidade, coa conseguinte competencia desleal para as empresas do sector, obrigadas a custosos e longos trámites", aseguran. A asociación, que agrupa o 90% das compañías dedicadas á extracción e comercialización de áridos, non aludiu en ningún momento a unha contaminación da que si falan fontes achegadas ás empresas implicadas e que advirten do perigo dos tóxicos que conteñen estes materiais.

    Na páxina web da compañía pública Tragsa recoñécese a Excavaciones Candal como adxudicataria definitiva dun contrato de subministro de áridos por 105.000 euros, malia carecer de autorización para este tipo de traballos.
    Excavaciones Candal opera nun terreo de Danigal onde machaca e trata o material procedente das obras de ampliación do vertedoiro. Desde alí, parte destes áridos regresan aos terreos de Sogama para a drenaxe, mentres que o resto é subministrado a Tragsa desde polo menos o pasado mes de outubro.

    A concurso o control da areosa
    Por outra banda, Sogama anunciou onte que licitará, cun orzamento de 158.380 euros, o servizo de vixilancia e control ambiental das súas instalacións.
    Deste xeito, pretende "dar continuidade ao cumprimento dos requisitos recollidos na normativa ambiental vixente" en todas as súas dependencias, prestando especial atención ás esixencias da Autorización Ambiental Integrada.

    No caso do vertedoiro da Areosa, de onde saen os lixiviados que contaminan a zona, este sistema de control contempla estas verteduras, augas residuais, emisións da planta de biogás, ruídos, datos meteorolóxicos e topográficos. Ata o de agora, era a compañía Applus a encargada dun control que recibiu moitos críticas cando a propia Sogama denunciou que os resultados das análises non cumprían cos parámetros esixidos.

    Danigal abandona Sogama o vindeiro día 21

    Danigal deixará de xestionar o vertedoiro de Sogama o vindeiro 21 de abril, día no que lle remata o contrato coa compañía pública. Agás sorpresa, a empresa –controlada por unha sociedade de capital de risco con sede no Reino Unido– non volverá ocuparse duns terreos que levan aparellada a polémica desde hai xa varios meses, a non ser que participe no concurso que está previsto para o futuro e que lle sexa adxudicada de novo esta xestión. Como decisión temporal, e á espera dos trámites e de que o novo Goberno do PP designe o novo presidente da sociedade, Sogama plantéxase que sexa Tragsa quen xestione os terreos.

    ResponderEliminar
  21. Xa se sabe que cadaquén mira pola súa leira. Pero hai a quen soamente lle preocupa o seu negocio e quen se preocupa da saúde de todas e todos.

    Parabéns polo blogue!

    ResponderEliminar
  22. ti eres juez???? non, pois non deberías juzgar, e non teño porqué dirigirme o teu correo electrónico, o que escribes non ten fundamento, sólo sabes trapalladas, se eso é no que te basas, eres inxenuo. hay moitas cousas que non se din aquí que non vou contar porque sinceramente parécesme patético, calquera das empresas que mencionas cumpren a normativa de medio ambiente, cousa que non creo que te parases a comprobar, e non é area, é zahorra. e de paso que sepas que tamén cumpren con todos os requisitos en canto a calidade de xestión. senón fose asi, xa tarían no carcere.

    ResponderEliminar
  23. non creo que un enmascarad@ se preocupe da saúde de ninguén.

    ResponderEliminar
  24. eu solo podo decir que a basura e a chatarra no noso pais dan para moito y sobre todo moita pasta mais de un eh de 10 se esta forando ac conta da basura eh sogama que recordo eh una sociedade publica que a estamos pagando todos y podo asegurar que se pode en estos momentos cuestionar bastante como manejan os cartos eh sobre todo o que permiten entre outras cousas facer algun empleado, por lo tanto si ti os da casa deixas facer o que queren,que non deixaras facer os de fora que traballan para ti, y volvo arepetir tal y como son as cousas o medio ambiente en galicia eh o que menos interesa,o unico que importa eh o negocio donde todos os que participan no gran negocio do medio ambiente, o unico que fan eh facer caja y cubrirse as espaldas,isto eh o que hay eh todo o demais eh pura pantalla

    ResponderEliminar
  25. á señorita Candal: pois se non tes nada que diciri cala. Das empresas aí mencionadas... manda carallo!! se unha delas ten a 30 personas imputadas por prevaricación, delictos ecológicos, etc... Hombre, o que hai que oir!!

    Dades noxo os que poñedes o voso puto enriquecemento por diante dos dereitos e da salú dos demais.

    Ti non cales Subcomandante, que somos moitos os que te apoiamos e seguimos!

    ResponderEliminar
  26. a señorita candal son eu: e non falei absolutamente nada aki, se non tas ajusto ponte. e senon vas ali a parcelaria e comes area desa q dis, haber se ta toxica ou non. pa empezar non sabes d q falas. porke é ZAHORRA MACHACADA DE PEDRA.... non ai merda nin intoxicacion... coño!
    ai q ser ignorantes d la vida!
    anda qeeeee.. dsde cando unha pista se fai con area? jajajajajajja avaia por deus

    ResponderEliminar
  27. imputada non significa sentenciada. e a empresa secadra non ten culpa, pero non sei de que falas, eu non teño nada que ver ca señorita candal, igual a tas culpando a ela de comentarios que fago eu. pero sigo disindo lixeiro: acordádevos de cando culparon a unha persoa de matar a sua fillastra en canarias que salira nos periódicos de toda españa, que o médico informara que a morte fora por abusos sexuais e que non había nada de certo en todo aquelo??? concienciádevos. a prensa minte. e vós tamén se vos fiades dela. hasta un médico se pode equivocar, asique facede o santo favor de dar un paso atrás antes de sentenciar asi a nadie por favor.

    ResponderEliminar
  28. ten tanto que ver a maneira de escribir un e o outro, case non se nota...

    ResponderEliminar
  29. eu non opino por la prensa conozco sogama y sei como funciona al igual que as empresas subcontratadas y me parece una ingenuidad de ampararse en que as empresas cumplen todos os requisitos legales para defenderlas ante denuncias y acusacions que non fai a prensa que so se dedica a informar y desde luego non sabemos mais de sogama y as empresas porque non se poden demostrar as cousas y prensa non publica pero hay moita informacion sobre sogama y cada vez e mais xente que cuestiona a sogama y as subcontratas que huele a podrido y cada vez mais se vai facendo insoportable

    ResponderEliminar
  30. o consello de contas fala de irregularidades na contratacion de persoal laboral y empresas que traballan para sogama, tamen fala de que cargos en sogama como son os jefes(engcargados de areas)tuveron subidas de sueldo irregulares dado que estan reguladas por ley, se fala de que alguns jefes se ches adecuo para poder contratarlos as exigencias para o posto de acuerdo os seus curriculums hay jefes de sogama que teñen hasta 4 familiares traballando no organigrama empresarial de sogama etc. volvo a repetir que se pode esperar de unha sociedade publica que ten xente asi traballando, que xestiona nada mais e nada menos que o medio ambiente que en galicia si cabe cobra moita mais importancia que en outros lados,e non so traballando que permite estas cousas,seriedade cero en calquer outro pais sogama estaria intervenida polo estado si a menor duda,podedes ver a informacion sobre sogama na pagina do consello de contas,demoledor absolutamente si juntamos toda a informacion que e de dominio publico sobre sogama es un autentico escandalo

    ResponderEliminar
  31. y desde logo que me creo o da area contaminada e o de danigal e apoyo este blog incondicionalmente y penso que o traballo que se fai en este blog deberia extenderse a toda galicia os cartos que manejan son nosos y teñen que administrarse en beneficio de todos y eu penso que en galicia as administracions publicas y empresads publicas non estan suficientemente controladas non llega os mecanismos que hay por eso animo a todo aquel que tenga informacion que ponga en conocimiento esta ahi o correoelectronico logo o comandante xa sabra que facer con ela

    ResponderEliminar
  32. deberías saber que o subcomandante pensa que o capital non ten patria....osea que lle importa pouco como se movan os cartos, sigo sin saber qué pretende con todo esto, si acaso lle importara algo o benestar da xente daquí,eso sería motivo suficiente para estar molesto porque a min tamén me interesa saber como se moven os nosos cartos, pero a el non, a el eso dalle igual, acaso non é do noso interés saben onde e como se invirten os cartos que pagamosr en impostos???? eu a política enténdoa no sentido que falan do que lle convén, a ahora mismo estou incluindo como político ó subcomandante tamén. E non me gustan moitas cousas que vin, pero sí me gustaron outras, polo menos reconózoo, sin mais vou deixar de ler o que escribe porque simplemente dudo que se interese polo noso ben. creo firmemente que se move polos seus propios intereses.

    ResponderEliminar
  33. o de ter propios intereses ou moverse polo propio interes non me parece mal, todos temos intereses propios y moitas veces se antepoñen os interese dos demais, pero isto en un principio non eh malo sempre e cando se respeten os limites de cada cual, desde logo para poder mirar polos interese dos demais eh podelos defender hai que primeiro saber mirar polos teus, e defendelos porque si non sabes mirar por ti dificilmente vas saber ver polos demais

    ResponderEliminar
  34. parece que hai a quen lle joden as verdades... o Subcomandante ainda lle vai ter que pedir perdón ós de Candal porque estes extraeran area de forma ilejal, no te jode! QUE CARA TEDES ALGÚNS, QUE VOS FORRADES A COSTA DA SALÚ DA XENTE!!

    ResponderEliminar
  35. Que o "capital non ten patria" é unha frase de Marx homiño, non do Subcomandante... E significa que aos capitalistas non lles interesa enriquecer Galicia, ou enriquecer Francia, eles só queren forrarse, que ninguén se engañe.

    E se a quen leve este blog, como ti dis "dalle igual, acaso non é do noso interés saben onde e como se invirten os cartos que pagamosr en impostos", para que cona montaron o blog e levan un cristo de posts denunciando irregularidades, desparición de diñeiro, etc???? É que, algún aquí non sabe ler ou é parvo de todo.

    ResponderEliminar
  36. Mirade o que se publicou sobre este tema en La Voz na edición Carballo:
    http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/04/01/0003_7626961.htm

    ResponderEliminar