04/06/10
OVIGA SL ocupa terrenos e arrasa con balados e marcos no Castro coa complicidade do Ghaliñeiro
Un rogo lido no último pleno municipal polo BNG daba conta da protesta de viciños da rúa do Castro pola actuación da empresa Obras y Viales de Galicia (OVIGA SL). Esta, sen previo aviso, nen petición de permiso nen anda, entrou ocupou no pasado 5 de maio coa súa maquinaria terrenos de propiedade prividada dos viciños da zona, entre a rúa do Paraíso e o lugar do Castro, acheando o camiño.
Pisaron a fondo e levaron por diante balados e marcos das leiras, sen consentimento de ningún tipo. Critican, ademais, que incluso o ancheamento do camiño que realizaron, non parece moi uniforme, collendo máis dunhas parcelas que de outras. Ante esta situación de abuso, preguntaron no último pleno se o Ghaliñeiro autorizou tal actuación; e se a autorizou, querían saber por que non se contou coa opinións dos viciños e viciñas (ou é que o Ghaliñeiro practica iso de "polo pobo pero sen o pobo?") para ocupar o seus terrenos; e en caso de que non autorizaran a OBIGA tal actuación, querían que se lle exixise á empresa a restitución das fincas ao seu estado orixinal.
O caso é que 20 días depois ningún "responsable" do Ghaliñeiro se atreveu a aparecer polo barrio a dar explicacións, ou pedir disculpas. Aínda hoxe os marcos seguen sen restaurar. Na lectua do rogo falous da "chulería" e "cobardía" por non dar a cara diante dos viciños. A resposta dada por González, se é que se lle pode chamar así, foron unhas cantas escusas de pouca monta.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário