15/06/10

1,7 millóns en obras municipais de Trazo adxudicadas a dedo a Excavaciones Cernandas Valiña




Gran cacicada a de José Dafonte, alcalde de Trazo e militante do PP. Os veciños terán que pagar dos seus petos as sancións impostas a Dafonte polas súas aduanadas. A última foi pagarlle 26.058,08 euros á empresa adxudicatoria das obras de construción do gradería do campo de fútbol de Campo antes de que os traballos estiveran iniciados. A adxudicación producírase hai un ano, a Gestal y López SL. A grada ademais, foi construída sen proxecto técnico, o cal é un grave risco para a seguridade das instalacións. A Deputación financiaba o 71% da obra.

Despois das acusacións do grupo “socialista”, a Fiscalía provincial abriu dilixencias por malversación de fondos, (art. 432 do Código Penal), remite a denuncia ao Xulgado de Guarda da Coruña, quen o adxudicou ao Xulgado de Instrución nº 1 de Ordes. A resposta de Dafonte: “eu non sei nada”, “So podo dicir que a obra está feita e que dá servizo ao público que acode ao campo de fútbol dende hai uns dez meses”. O PSOE pide a dimisión, pero Dafonte di que se trataba dunha “obra menor”.

Agora a Deputación xa impuxo unha doble sanción, cuxa cuantía está aínda por determinar. O que está determinado xa é quen terá que pagar: como sempre, os veciños cargarán cos pratos rotos do seu cacique. Así é que os “socialistas” piden que Dafonte «pague a cuantía da multa do seu propio peto xa que os veciños non teñen que andar pagando cos seus cartos as irregularidades do seu alcalde».

1,7 millóns en adxudicacións a dedo

Desde 2004 José Dafonte leva adxudicando todas as obras municipais a dedo á empresa Excavaciones Cernadas Valiña, con domicilio social na rúa Castelao nº 3 de Vimianzo.

15 comentários:

  1. Cantas a OVIGA en ORDES???? AVERIGUADE E FACEDES NUMEROS, quedaredes abraiados. Jonzarejos

    ResponderEliminar
  2. Boa maniobra de distracción a deste post. Será para ocultar isto??

    http://renovarobng.blogaliza.org/2010/06/15/o-bng-de-ordes-responde-convincentemente-as-acusacions-contra-gonzalo-castro/

    Este blog é de +Galiza e como podedes ver demostra que Gonzalo conta co respecto de todo o BNG (dos da UPG e tamén dos de +G). Así falan neste blog del como candidato in pectore do BNG á alcaldía de Ordes en 2011, e con boas expectativas electorais.

    Eu creo que con isto xa quedou todo dito. Os vosos xefes si respectan a Gonzalo e recoñecen o que vos sodes incapaces de recoñecer.

    Descanse en paz este blog local de +Galiza. R.I.P.

    Que pouco tardaron en collervos.

    ResponderEliminar
  3. Pero mira que sodes burros! (o fan club de Zalo):
    -se falan de vós malo
    -se critican o PP de Trazo, en vez de aproveitar, recordades a vosa cagada en Carrumeiro. Mira que sodes parvos!!

    ResponderEliminar
  4. Que Zalo? Desde que tivestes que pechar Gznacion.com agora só podes escribir neste blog ou que? xDD

    ResponderEliminar
  5. os do fan club de zalo son repunantiños coma o palestino q chamou 17.000 veces á policia israelí para insultalos

    http://www.meneame.net/story/detenido-palestino-llamo-17.000-veces-policia-israeli-para-ing

    ResponderEliminar
  6. -Zalo deixou segundo di el Carrumeiro en abril de 2007.
    -Carrumeiro tivo a primeira adxudicación de consellerías do BNG en Decembro de 2006.

    NON HAI NADA MÁIS QUE DISCUTIR.

    ResponderEliminar
  7. QEREMOS XENTE XOVEN PARA GOBERNAR EN TRAZOOOOOOOOOOOOOO!!!!!!!!!! PORFAAAAAAAAAA!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  8. eu teño 21 anos, animome a ser alcalde de trazo!! se por idade é penso q podo valer! jajaja

    ResponderEliminar
  9. E logo que pasa?, Zalo antes de ser concelleiro non podía participar nunha empresa?

    Si podía seguir tendo a empresa ainda que fose concelleiro, mentres non contratase co Concello de Ordes!!

    Eu creo que non debía ter deixado a empresa, non tiña porque facelo. Pero os do BNG ás veces se pasan coa ética e case parecen burros.

    Que pasa que si eres votante ou afiliado ao BNG non podes ter unha empresa e contratar Xunta?. Habería que ver cantos votantes e afiliados do PSOE e do PP teñen empresas que traballan coa Xunta. Pois digovos unha cousa moitos e facturan coa Xunta bastante máis que esta empresa.

    Según vós si eres do BNG non podes ter unha empresa. Non decides máis que parvadas.

    ResponderEliminar
  10. Zalo foi concelleiro a partir de maio de 2007. E logo antes non podía montar a empresa que lle dese a gana?.

    Que pasa a Constitución prohíblle aos nacionalistas montar empresas?.

    Zalo douvos unha lección e en lugar de recoñedelo estades dando máis pena ainda.

    ResponderEliminar
  11. Pena darán anónimo reincidente, pero para dar tanta pena ben acojonados que andades!

    ResponderEliminar
  12. Coma os do PP nomeando a constitución!!!

    ResponderEliminar
  13. Pero que pesados os fanboys do BNG!!! é penosoooooooooo

    ResponderEliminar