13/06/10

Nacionalismo e localismo no Ghaliñeiro: dúas ideas pouco claras



Ordes é a terra onde todo pode ser posible. Conceptos como os de nacionalismo e localismo toman vida propia nas terras de Ordes. Os históricos do PP pasan a defender a identidade nacional galega, concelleiros do BNG pasan a gobernar con ex do PP (que agora volven a estar no PP), o alcalde (ex do PP) defende con visión nacional a promoción na Festa do Champiñón dun produto que non se dá en Ordes, “pero que desta vez é galego”; mentres o BNG lle dá perspectiva localista ao vertedoiro de SOGAMA: que antes estaba en Cerceda e non molestaba, pero que agora entra dentro dos límites da nosa nación-Ordes aos que se parece reducir o seu nacionalismo. Non sabemos se Pedreira votará no congreso do seu partido a favor de definir Galiza como nación, pero as Nuevas Generaciones do PP de Oroso xa din que son “galeguistas”. Ver para crer! pasen e vexan, o circo nacional-popular localista do Ghaliñeiro!!


Na anterior entrada, “Roberto González Santos patriota galego?” mostramos a contradición entre os principios ideolóxicos de Terra Galega e a súa práctica política, así que non os vamos repetir aquí. Pero como dixo Jack o destripador, vamos por partes. Ideoloxicamente Manuel Regos sempre estivo na área do nacionalismo español (PP), aínda que agora está nun partido de ámbito local UxO (Unión por Ordes, coñecido popularmente como “os Uns polos Outros e a casa sen barrer”). Isto non lle impide, en cambio, esgrimir unha mentalidade nacionalista para defender o absurdo de que cada ano se organice en Ordes unha festa promocional dun produto que non se dá en Ordes: o champiñón. Este ano o Ghaliñeiro comproulle a “Rías Baixas. Setas de Galicia”, de Vilagarcía de Arousa, 10.000 quilos do cogumelo. E Reghos defendeuse no pleno: “polo menos este ano non trouxemos os champiñós de Castilla, este ano son champiñós galegos”. Aos do BNG parece que os convenceu, e votaron a favor de intentar declarar a festa de interese turístico.

Os límites do nacionalismo do BNG de Ordes, en cambio, hai veces que parecen coincidir cos do concello de Ordes. Así vimos impresionados como intentaron protestar cando SOGAMA anunciou que o vertedoiro da Areosa sería ampliado, pasando dos límites do concello de Cerceda aos de Ordes! Tamén é ideoloxicamente dubidoso que un partido nacionalista galego vote a favor da cesión dun terreno municipal para a construción dunha casa cuartel da guardia civil española. Este estrano localismo é herdado por xente de Galiza Nova-Ordes, que reclama incendiariamente o dereito de Ordes a ter un local de ensaio antes que calquera outro concello da comarca, con frases tan impropias dun nacionalista como cando lle dicían que o local de ensaio se podía facer noutro concello da comarca responde: “e desprazarse a xente de Ordes a Trazo por exemplo para poder ensaiar, e os/-as rapaces/-zas que non teñen coche, que?”, replícanlle que o mesmo problema teñen os de Trazo ou Frades que non teñan coche, e ele -o rapaz de Galiza Nova- replica con unha perla propia do máis cacique dos localistas:
“na miña modesta opinión, os de Trazo ou Frades, que veñan á pata coxa ou enriba do lombo do compañeiro, eu son de Ordes, e como Ordense, se podo ter unha alternativa de ocio aqui non o dubido, ou quedo quieto coma unha araña, agardando a que o fagan os outros.
Ordes é cabeceira de Comarca e polo tanto o local de ensaio debe estar aqui. Pero ante a pasividade do Concello, moito me temo que acabe en Cerceda por exemplo.” Olé!
E non podemos esquecer aquí a Victorino Cores: en 1979 foi candidato de Unidade Galega (nacionalismo galego), en 1983 foi nº 3 de Viqueira en Coalición Galega (nacionalismo galego máis ambiguo), en 1987 foi con Viqueira por Independentes por Ordes (localista), en 1991 foi nº 2 de Centristas de Galicia (nacionalismo galego ambiguo, rematarían entrando no PP), en 1995 foi como nº 3 do BNG (nacionalismo galego), sae elixido concelleiro e dase ao transfuguismo pactando con Democracia Galega de Martino, a marca branca do momento do "popular" (nacionalismo español), e nas últimas municipais presentouse como candidato polo Partido Galeguista (na época o líder do partido na Coruña inicia unha campaña porque o topónimo da cidade sexa “La Coruña”...)

Co decreto de Feijoo sobre o "plurilingüismo" púidose ver no seu máximo esplendor o cacao mental (ou máis ben descaro oportunista) sobre estes temas. Nun primeiro momento o goberno (UxO, PSOE, TeGa e Nel Astray) apoian ao BNG nunha moción apoiando o galego na escola. Meses despois, outra moción do mesmo tipo presentada polo BNG con motivo do Día das Letras é rexeitada polo goberno e apoiada polo PP, os que precisamente promovían tal decreto no Parlamento Galego! As cousas tívoas máis claras en Cerceda o taxista, único concelleiro do PP (nacionalismo español), non quixo votar en contra da moción e abstívose na votación, pero declarou incendiario que “Se Franco non arrincou o galego, menos o fará Feixóo”.

Por se fora pouco o enredo, o outro día poidemos ver nas páxinas de La Voz de Galicia a Jesús Pedreira na mesa do congreso do PSOE-PSdeG, no que están a valorar consider o noso país unha "nación". Daríase entón a curiosa situaciónde un partido chamado Partido Socialista Obrero ESPAÑOL, se presentase a unhas eleccións nunha nación non española; algo así como se o Partidol Laborista Británico se presente ás eleccións francesas. O do PSOE é curioso, Touriño mátase por falar galego e só lle sae o castelán, Paco Vázquez mátase por falar castellano e só lle sae galego... O máis sorprendente é que no último documento aprobado no congreso do PSOE no 2008, úsase en 124 ocasións a palabra “nacional” para aludir a Galiza, e fálase de “realidade nacional galega”, pero négase que Galicia sexa unha nación. Non debe ser moi real esa “realidade nacional” se non é unha nación... Pero quen entende aquí algo! Ti sabes de que vai o conto Pedreira?

E o PP manténse firme no seu nacionalismo español pero... non sempre. Xa dixemos como votou a favor da moción do BNG contra o decreto de Feijóo. E aínda temos ás Nuevas Generaciones de Oroso que, con tres collóns, defínense como “galeguistas”.

Quen sabe se agora co mundial volveremos ver nacionalistas galegos de Ordes celebrando as vitorias de "la Roja", e ao mesmo tempo (vai ti saber), a Reghos pedindo a oficialidade da selección galega... En Ordes todo é posible.

32 comentários:

  1. Gonzalez ta feito un percebeiro

    ResponderEliminar
  2. A mais jallejista é Estrella con difirencia.

    ResponderEliminar
  3. Subcomandante, cambiando de tema porque a xente pide que deas a cara no tema falsas acusacións a Gonzalo?

    A maniobra de distración non te vai funcionar.

    Da a cara como Gonzalo e non te escondas. Debate público xa!!

    Si non das a cara estarás admitindo que mentiches e que este blog non é máis que unha tapadeira de cobardes que só se dedican a inxuriar desde o anonimato.

    ResponderEliminar
  4. Ai, pero qué cansinos sodes os do bloque!!

    ResponderEliminar
  5. "Si non das a cara estarás admitindo que mentiches e que este blog non é máis que unha tapadeira de cobardes que só se dedican a inxuriar desde o anonimato."

    Si si...pero con fundamento!! Por eso estades todos tan cabreados...

    ResponderEliminar
  6. E si tanto fundamento ten porque non da a cara?. Gonzalo dou a cara, él non. Quen ten máis credibilidade? O que se esconde ou o que da a cara?

    ResponderEliminar
  7. E si tiña tanto fundamento porque rectificou as acusacións a Zalo?

    ResponderEliminar
  8. Anda agora ides emporcar todos os post, panda de fanaticos

    ResponderEliminar
  9. Fanáticos sodes algún que non queredes nin ler o que escribiu o subcomandante. O subcomandante claro que copia e pega a resposta de Gonzalo, pero antes di esto:

    "GONZALO CASTRO NON MENTIU RESPEITO Á SÚA PARTICIPACIÓN EN CARRUMEIRO

    O portavoz do BNG de Ordes deixou a empresa antes de ser concelleiro

    Respeito á información difundida por este blog o pasado 10 de xuño de 2010, titulada “Gonzalo Henrique Castro e o escándalo de Carrumeiro Media, S.L.”, TEMOS QUE DECIR QUE CANDO GONZALO CASTRO AFIRMOU EN XUÑO DE 2009 A LA VOZ DE GALICIA QUE NON TIÑA NINGUNHA ACCIÓN NIN PARTICIPACIÓN EN NINGUNHA EMPRESA QUE CONTRATASE COA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA ESTABA A DECIR A VERDADE, xa que Gonzalo Castro desprendeuse das accións que tiña en Carrumeiro Media o 13 de abril de 2007, en escritura pública suscrita ante o notario de Santiago, Álvaro Moure Goyanes. Por outra banda, con respecto a este asunto, reproducimos o seguinte comunicado de Gonzalo Castro, aclarando a cuestión:..."

    E despois é cando pega a resposta de Gonzalo.

    A ver se abrides os ollos cando ledes algo.

    Iso só ten un nome RECTIFICAR.

    Pero si rectificar é de sabios!!. Non sei porque lle vedes tanto problema.

    ResponderEliminar
  10. E que a algúns fai falta que volo repitan. A ver se o acabades de ver.

    ResponderEliminar
  11. pasou o dia, pasou a romería

    ResponderEliminar
  12. a ver se somos algo mais orixinais, que para poñer o mesmo comentario en todalas entradas case era escusado...

    ResponderEliminar
  13. Pero que non!! O primeiro post foi un corta e pega!!
    E encimas vas de listo...

    ResponderEliminar
  14. Pero que fan un corta e pega do que din eles. E logo que pasa que Gonzalo escribiu a rectificación por eles e aceptaronlla? Pois mellor ainda.

    ResponderEliminar
  15. Pero que pasou logo que Gonzalo escribiu a vosa rectificación e vos acojonastesvos e tivestes que publicala?

    Daquela ainda está a cousa máis clara. Tivestes que aceptar a rectificación que vos puxo Gonzalo porque sabiades que mentirades.

    Joder!! Agora si que caestes baixo!!

    ResponderEliminar
  16. A ver, será que tedes tan poucas luces que non sodes capaces de comprender que se publicaron dous post: un "corta e pega" do que enviou Gonzalo e outro que é a resposta do Subcomandante?
    Non creo que sexa tan complicado...

    ResponderEliminar
  17. A ver, será tan dificil entender que no post onde aparece o comunicado de Gonzalo, hai duas partes, unha de rectificación e outra que reproduce o comunicado de Gonzalo.

    Si a rectificación foi escrita polo subcomandante, está recoñecendo que acusou falsamente e si foi escrita por Gonzalo, pois ainda peor, acojonouse e viuse obrigado a publicar a rectificación que lle enviou Gonzalo, non vaia ser que tivese que dar a cara por mentir.

    Si o resultado é o mismo, é unha rectificación que o subcomandante asume, que máis da que fose escrita por él ou que tivese que aceptala porque lle viu as orellas ao lobo.

    Tanto nun caso como noutro é unha RECTIFICACIÓN E O RECOÑECEMENTO DE QUE FIXO ACUSACIÓNS FALSAS CONTRA GONZALO.

    Non é ten dificil de entender a rectificación existe e está publicada neste blog. Escrita polo subcomandante ou asumida por él o resultado e o mesmo.

    Sodes duriños de mollera.

    ResponderEliminar
  18. Un apunte sobre a credibilidade. Vamos a analizar dous casos:

    1º) Gonzalo, un rapaz que ten boa posición económica familiar, que ten unha excelente formación e un esperanzador futuro profesional e decide desde moi novo participar activamente no nacionalismo por convicción e ideoloxía, chegando a comprometer e complicar o seu futuro profesional como avogado ao asumir dar un paso ao frente e presentarse como candidato do BNG en Ordes, si o maldito e denostado BNG!!!; cando o máis cómodo para él si pensase de forma egoista sería non contradecir a ideoloxía da maioría da súa familia e en caso de dedicarse á política ir polo PP, partido co que sería alcalde seguro e viviria da sopa boba o resto da vida.

    2º) Un individuo que se adica a escribir nun blog agachado detrás do anonimato para lanzar falsas acusacións e inxurias, e que ainda por riba pretende dar leccións de ética cando non ten a valentía de repostarlle a Gonzalo dando a cara como a dou él.

    Quen ten máis credibilidade? A pregunta sobra.

    Subcomandante, caeches ti soiño. Pouca credibilidade tes ti cando contestas agachado detrás dun seudónimo a quen coa cabeza ben alta dou a cara. Gonzalo deixoute en evidencia totalmente. Ti mesmo o recoñeces cando tiveches que rectificar.

    ResponderEliminar
  19. Primeiro rectifica, despois di catro tonterías e agora escondese e non da a cara.

    Este blog morreu soiño.

    ResponderEliminar
  20. Os que facedes moito ruído non nos representades a todos.
    Moitos apoiamos ó Subcomandante...e nós tamén votamos!!
    Paréceme absurdo que lle pidades que de a cara, así como que fai falsas acusacións. Os datos son sacados dos xornais...non sei porque os do bloque non ides a conspirar na web dos xornais en cuestión e a soltar cazurradas, que é o que facedes aquí...
    De mal en peor...cada vez quedades máis en evidencia.
    Estou totalmente de acordo con que os que fan este blog se manteñan no anonimato. Porque non é necesario saber quen denuncia as cacicadas, senón quen as comete...e porque non me extrañaría nada que os linchedes. Cazurros!

    ResponderEliminar
  21. Pero si foi o propio subcomandante quen rectificou!!!

    Quen é o cazurro (o que non sabe ler).

    ResponderEliminar
  22. Non é unha rectificación, é o texto que lles enviou Gonzalo.

    Estades quedando de moi locos eh... A min comentoume xa moita xente que non lle pensa votar a unha lista encabezada por estes tolos.

    ResponderEliminar
  23. Sodes tan burros que nun post que critican a todo dios estades a volver a dirixir a atención para os voso trapos sucios.

    ResponderEliminar
  24. Subcomandante, para este tema podías ter metido estas declaracións localistas de Ramiro:
    http://www.lavozdegalicia.com/santiago/2009/07/09/0003_7836705.htm

    "É fundamental captar industrias foráneas e non perder máis o tempo. Temos ao carón dous competidores importantes, como son Cerceda e Oroso, que se encontran en aberto crecemento. Ordes ten as mellores condicións por situación xeográfica e capital humano para facer un concello atractivo, pero o certo é que segue estancado."

    O de "captar industrias foráneas" tamén é de traca para un comunista nacionalista, por certo.

    E bueno, despois de Regos, Martino, etc., debe haber rollos destes a punta palo.

    Ánimo e adiante! Somos moitos os que te seguimos!

    ResponderEliminar
  25. O primeiro que quero decir é que son simpatizante do PSOE, non teño nada que ver co BNG, pero despois de ver o que intentastes facer con Zalo e que ainda por riba sodes incapaces de recoñecer o que pasou coa rectificación vou a aportar algo de luz a este tema, como estudante de dereito que son, eu entendin desde o primeiro momento que a rectificación a enviara Zalo e que no blog vironse obrigados a publicala debido a que a información non estaba contrastada e era inexacta, porque así o di a Lei. Con estes artigos da lei de rectificación creo que a cousa vai quedar clara para algúns que non queren entender:

    * Lei Orgánica 2/1984, de 26 de marzo, reguladora do Dereito de Rectificación.

    ARTIGO PRIMEIRO.

    Toda persoa, natural ou xurídica, ten DEREITO Á RECTIFICACIÓN DA INFORMACIÓN DIFUNDIDA, POR CALQUERA MEDIO DE COMUNICACIÓN SOCIAL, DE FEITOS QUE LLE ALUDAN QUE CONSIDERE INEXACTOS E CUXA DIVULGACIÓN POIDA CAUSARLLE PREXUIZO.

    PODERÁN EXERCITAR O DEREITO A RECTIFICACIÓN O PREXUDICADO ALUDIDO ou o seu representante e, se falecese aquel, os seus herdeiros ou os representantes destes.

    ARTIGO SEGUNDO.

    O dereito exercitarase mediante a REMISIÓN DO ESCRITO DE RECTIFICACIÓN AO DIRECTOR DO MEDIO de comunicación dentro dos sete días naturais seguintes ao de publicación ou difusión da información que se desexa rectificar, de forma tal que permita ter constancias da súa data e da súa recepción.

    A rectificación deberá limitarse aos feitos da información que se desexa rectificar. A súa extensión non excederá substancialmente da desta, salvo que sexa absolutamente necesario.

    Artigo Terceiro.

    Sempre que o dereito se exercite de conformidade co establecido no artigo anterior, o director do medio de comunicación social deberá publicar ou difundir integramente a rectificación, dentro dos tres dias seguintes ao da súa recepción, con relevancia semellante a aquela en que se publicou ou difundiu a información que se rectifica, sen comentarios nin apostilas.

    ARTIGO CUARTO.

    Se, nos prazos sinalados no artigo anterior, non se publicou ou divulgou a rectificación ou se notificou expresamente polo director ou responsable do medio de comunicacion social que aquela non será difundida, ou se publicou ou divulgado sen respectar o disposto no artigo anterior, poderá o prexudicado exercitar a acción de rectificación dentro dos sete dias hábiles seguintes ante o Xuíz de Primeira Instancia do seu domicilio ou ante o do lugar onde radique a dirección do medio de comunicación.

    * A RECTIFICACIÓN A ENVÍA SEMPRE O PERXUDICADO E O ADMINISTRADOR DO BLOG DEBE PUBLICALA INTEGRAMENTE EN CASO DE QUE SEXA CERTO QUE A NOTICIA PUBLICADA É INEXACTA E FALTA Á VERDADE.

    Isto é o que pasou coa rectificación. Os administradores do blog publicaron a rectificación que lles enviou Zalo porque a información que publicaron non era veraz. Se non fose así non terían porque publicar a rectificación..

    Na miña opinión, polo comentario posterior á rectificación Gonzalo podería exercitar a acción de rectificación ante un xuiz e ganaría seguro. Pero creo que xa conseguiu o que pretendía, aclarar o asunto e que este blog admitise a rectificación.

    Porque ocultades a verdade? Que vos impide recoñecer realmente o que pasou?

    ResponderEliminar
  26. Subcomandante e amigos.

    Como dicía Castelao:

    "Non lle poñas chatas á obra, nela hai sitio para todos" (máis ou mnenos)

    Monten vostedes un partido político ou aporten ideas!! ata o de agora todo criticar... que esta ben, pero debían de poñer alternativas riba da mesa.

    Vostedes pretenden ser uns nacionalistas de salón, moita teoría e historia... pero a xente o que espera é solucións para os problemas.

    ResponderEliminar
  27. Pero Zalo, ti non acabaras dereito xa??

    ResponderEliminar
  28. Aquí menos comentar esta entrada de todo eh... Que dicides do tema do localismo?

    ResponderEliminar
  29. Hai por ai un anónimo que apoia ao subcomandante este, que non quere empresas de fora de Ordes.

    Este localista que non quere empresas de fora de Ordes no noso Concello vainos condenar a todos os de Ordes ao paro.

    ResponderEliminar
  30. Non son un experto en teoría do nacionalismo, agora ben... solicitar un local de ensaio para a túa localidade non o considero un asunto de país xa que se hai vontade pode facerse un en cada concello.

    Chamarlle localismo a iso...para min localismo é o mostrado por Vigo,Coruña... no asunto das caixas, facultade de medicina, portos exteriores, aeroportos...


    Saúdos

    ResponderEliminar
  31. Meu, estas declaracións son algo máis que reclamar un local de ensaio eh: "os de Trazo ou Frades, que veñan á pata coxa ou enriba do lombo do compañeiro, eu son de Ordes, e como Ordense, se podo ter unha alternativa de ocio aqui non o dubido".

    Se es nacionalista ten visión de nación...

    ResponderEliminar