02/06/10

Ordessiete equivócase presumindo de ser o "líder absoluto da información local"



Danos incluso un pouco de vergoña allea escribir o que vamos escribir aquí, pero é que nolo puxeron moi a tiro. Falamos do último post triunfal do blog “oficialista” da información local en Ordes, que non é outro que Ordessiete. O post titúlase “Ordessiete cierra mayo como el segundo mes más leído de su historia”, con o autobombístico subtítulo de “Líderes absolutos en información local on line”.


Bueno... -pensamos-, e serán... Os dados que esgrimían son que en maio, o seu segundo mellor mes, tiveron 2.414 usuarios únicos; no seu mellor mes, xaneiro deste ano, tiveran 2.789 usuarios únicos. E din que tiveron neste maio 78 lectores diferentes cada día, que viron un total de 4.079 páxina informativas. Bueno... E verían. E acaban con este párrafo:

Cada vez más confianza en el medio Estas cifras, sumadas al volumen de información publicada -65 entradas en mayo de 2010- convierten a Ordessiete en el soporte on-line líder absoluto en información local de la villa de Ordes. Cuenta además con la confianza de cada vez más instituciones y administraciones públicas, partidos políticos, asociaciones, empresas y particulares ordenses interesados en divulgar hechos noticiosos de interés para todos.

Dios nos libre de estar preocupados polo número de visitas e esas trangalladas, nós facemos o noso traballo o mellor que podemos, e se lle podemos ser útil á comunidade mellor que mellor. Pero xa que vimos estes datos de Ordessiete, fomos ver os nosos.

Temos un contador instalado no blog, que é o que podedes ver, que conta as páxinas visitadas: está nestes momentos en que escribimos en 7.638. O contador ese puxémolo ao abrir o blog, que foi o 7 de maio (non levamos nen un mes na rede). Temos tamén un contador de visitas do Google Analytics, que dá moitos máis datos. Este témolo instalado desde o 9 de maio. Fomos ver nel, e vimos que só tíñamos no mes de maio (nos 22 días que estivemos en rede) 1.792 “usuarios únicos absolutos”. Sorprendeunos. Landeira ten 4.079 páxinas vistas e 2.414 “usuarios únicos absolutos”, e nós que temos 7.638 páxinas vistas (en oito días menos), só temos 1.792 “usuarios únicos absolutos”?

Pode ser... Pero chamounos a atención. E entramos no seu contador para ver se tiña ben os dados que publicou (podedes velos aquí). E non os tiña non... Landeira equivocouse (ou non) e onde poñía “visitas” puxo “usuarios únicos”: Usuarios únicos absolutos son o número de usuarios distintos que iniciaron unha sesión no servidor. Se un/ha mesmo/a usuario/a visita varias veces a páxina, poñamos por caso 3, contará “3 visitas” pero só “1 usuario único absoluto”.

Entón os verdadeiros datos de Ordessiete son para maio de 2010:
-páxinas vistas: 4.079
-visitas: 2.414


E do Subcomandante Marcos da Portela, con 8 días menos que Ordessiete no mes de maio de 2010 son:
-páxinas vistas: 7.638 (podedes velas no contador; é certo que lle hai que descontar algo porque xa estamos en xuño. No Google Analytics que instalamos no 9 de maio temos 6.924).
-visitas: 3.091

En conclusión, que iso de “líderes absolutos en información local on line”... E non é que a nós nos importe eh, que nos non traballamos niso, nen temos a Mediasiete Publicaciones S.A., nen somos tan importantes como para ter fotos con Netanyahu, Feijoo e Fraga, nen estudamos nas universidades católicas privadas, nen temos un máster nen nada... Temos un pasamontañas e ninguén a quen servir que non sexa o pobo. Dicides que contades “con la confianza de cada vez más instituciones y administraciones públicas, partidos políticos, asociaciones, empresas y particulares ordenses interesados en divulgar hechos noticiosos de interés para todos”, nós non. Polo menos dos políticos non creo que teñamos moita... E é motivo de orgullo para nós.

Confianza temos a dos nosos lectores e lectoras, que confian en nós, e moito llo agradecemos. Saúdos para eles e elas!

6 comentários:

  1. Joder... Amenzádelos e non vos calan, fanvos unha reportaxe dicindo que intereses oscuros tedes por detrás, e agora isto?? Gañanvos por goleada Landeira!!
    Ordessiete 0 - Subcomandante 5!!

    ResponderEliminar
  2. Bo artigo!

    Os teus argumentos están cheos de razón ;)

    ResponderEliminar
  3. Hai que ver como se está poñendo Ordes eh! jaja! mi ma....vaia pobo....así da gusto! Avante subcomandante!

    ResponderEliminar
  4. Va-ya-se Señor Landeira, va-ya-se!

    ResponderEliminar
  5. Lume con fundamento subcomandante

    ResponderEliminar
  6. 'Ordessiete' xa está completamente auto-desacreditado (e moitos sabémolo grazas ao Subcomandante, que siga independente por moito tempo). Agora é momento de pedir explicacións a esas "instituciones y administraciones públicas" que tanto apoian ese enxendro informativo cos cartos de todos.

    ResponderEliminar