23/06/10

Audiencia Provincial obrigará a Regos a pagarlle ás orquestas do 2007



E o que tiña que pasar pasou... No 2007 Regos toma o poder no Ghaliñeiro, e métese de cheo nunha guerra para a contratación de orquestras para as festas. O anterior goberno xa tiña unhas contratadas, pero a Regos, triunfal, parecíanlle pouca cousa para o seu novo reinado. A situación foi delirante, as orquestras viñeron e tiveron que dar volta sen tocar. Gastos de desprazamento, salarios, etc... As novas, contratadas por Regos, custaron 87.200 euros. Pero as vellas, non ficaron de brazos cruzados, e puxeron unha reclamación xudicial de 48.000 euros. Agora a Audiencia Provincial da Coruña dictou sentenza, e o Ghaliñeiro terá que lle pagar 48.500 euros ás orquestras por rescinsión de contrato nas Festas Patronais do ano 2007. Regos fai aduanadas, e a que paga é a veciñanza.

País de paranoia...

3 comentários:

  1. Coma sempre a in-Xustiza collendo o camiño máis doado... que paguen os veciños, cando eles non tiveron culpa. O normal sería que tivesen que pagalos culpables: o alcalde i os edís do seu peto, así non volverían a facelo mesmo e outros, pensaríano dúas veces antes de facelo mesmo.
    Se isto o fai unha comisión de festas terían que pagalos seus integrantes, pero todos sabemos que política e xustiza camiñan paralelos.

    ResponderEliminar
  2. Á silvia seique que non lle gostaban as orquestras , como persoa elitista queria Panorama, paris de noia, Manu tenorio, etc. Esta come con Champan e diamantes????

    ResponderEliminar
  3. A ver se aprenden de Zalo, que lle pagou á PANORAMA a tempo cando a levaron aos mitins.

    ResponderEliminar