22/06/10
Empresas da Cochikeira cobran 3 millóns en axudas por xerar 97 empregos que non existen
Segue mal o choio para os auxiliares do carbón en Cerceda. O programa de recolocación para os afectados polo peche da mina tería que crear 97 empregos antes de setembro, e van mal, pois aínda non se colocou a ninguén. O grave é que 9 empresas están a cobrar durante este ano máis de 3 millóns de euros en subvencións para crear 97 postos de traballo -42 deles para os afectados polo peche da mina-, que non se ven por ningunha parte.
Liñares explicou que estas empresas eran 10, até que SOGAMA renunciou ás axudas, sen que se saiba porque. Na CIG sospeitan que é para saltar a obriga de contratar traballadores da mina. Do resto o xefe da Cochikeira non deu explicación ningunha. A Cochikeira en todo momento está a lavarse as mans negándose a intervir no cumprimento do plan de recolocación laboral. Os sindicalistas da CIG ameazan con apoiar unha denuncia por uso fraudulento de axudas públicas, no caso de que as empresas non respecten os obxectivos do Plan Miner II. Ante a pregunta do BNG no parlamento polo asunto, a resposta do goberno de Feijoo sobre infraestruturas e nen falaron de crear empregos.
E é que os auxiliares do carbón levan xa máis de dous anos agardando a que se cumpran diversos plans de reactivación da comarca para poder volver traballar dignamente.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Moi ben Liñares, canto che toca a ti deses 3 millóns que chupades?
ResponderEliminarComa sempre Sogama anda polo medio.
ResponderEliminar