27/05/10

Un millón de euros fundido nun pedido de Cacique 500?



Xa rematou a enquisa na que preguntabamos aos noso lectores e lectoras polo destino do millón de euros que “desapareceu” do Ghaliñeiro. Evidentemente a xente non é parva, e só unha persoa despistada escolleu a opción de “perdeuse el só”. Máis votos tiveron as opcións “Arramplou con el a Pantoja” (opción que hoxe colleu máis forza segundo as últimas noticias) e “Foron os do BNG que o roubaron para botarlle a culpa a Reghos”, con 12 e 19 votos respectivamente. A opción favorita, e polo tanto a gañadora desta enquisa, foi a de “Fundíronos nun pedido de Cacique 500” con 49 votos (o 47% dos emitidos), seguido moi de cerca pola opción “Tenos Reghos agachados no pote”, que conseguíu 44. Este foi o resultado dos 103 votos emitidos.


Parece broma pero non o é. No Ghaliñeiro desapareceu un millón de euros que ninguén sabe en que se gastou, e o concello prefire facerlle regaliños á “Benemérita” por valor de 200 euros por cabeza de cada ordense. Ao final, a opción escollida maioritariamente polos lectores do Subcomandante: “Fundíronos nun pedido de Cacique 500”, non dá tanto o cante nun concello no que a ficción supera amplamente a realidade...

Sem comentários:

Enviar um comentário