08/05/10

Regos devólvelle o favor ao seu “padriño” nomeándoo fillo predilecto



Até o momento os “Fillos Predilectos de Ordes” (“fillas” ainda non hai) son o recentemente falecido Juan José Liñares, coreógrafo de fama internacional; o triatleta Iván Raña, un dos mellores deportistas galegos da historia; Ramón Ferreiro “o Praticante”, coñecido en todo o concello pola sua xenerosidade coas clases populares; e o “Soldado Lois”, cuxa morte na Guerra Civil o franquismo instrumentalizou para convertilo en símbolo da vitoria sobre “os roxos”. Desde onte a esta lista súmase Ramón Carro.



E que fixo Ramón Carro para que o ghaliñeiro lle dé tal distinción? O tipo é empresario, empresario dos gordos, dos que amasan cartos a dúas mans; e iso sempre dá moitos amigos. Temos aquí unha lista con todas as empresas coas que ten relación Carro:

-Administrador único: TRC-95 S.L.
-Ex-Administrador único: Canteras de Portodemouro S.L.
-Ex Administrador: CRC Obras y Servicio SL, TRC-95 SL, Alfonso Senra 139 S.L. (extinguida), Gran Taller SL
-Administrador: PR 90 SL
-Socio: CRC Obras y Servicios SL, TRC-95 S.L., PR 90 SL
-Apoderado: CRC Obras y Servicios SL
-Ex-presidente: CRC Obras y Servicios SL, PR 90 SL,
-Ex-conselleiro delegado: Alfonso Senra 139 S.L. (extinguida), PR 90 SL,
-Ex conselleiro: Alfonso Senra 139 S.L. (extinguida), CRC Obras y Servicios SL, Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados S.L., PR 90 SL.

Segundo a revista Esfera Empresarial (nº 36), no 2008 a empresa CRC (a máis importante das que ten) superou os 110 millóns de euros de facturación (para facerse unha idea: unhas 25 veces máis que os orzamentos anuais do Ghaliñeiro ordense). Na mesma revista dise tamén que “Más del 80% de su cartera de clientes está compuesta por las Administraciones Públicas trabajando también para empresas privadas como Unión Fenosa e Iberdrola”. É dicir, é unha empresa que vive totalmente das obras públicas. A Guia d´empreses 2007, editada en Cataluña, recorda que a empresa foi fundada nos primeiros anos do franquismo, no 1940. Por certo, época na que se formaron as grandes empresas da construción no Estado español ao abeiro das institucións do triunfante fascismo. É a orixe de fortunas galegas como a de Barrié de la Maza e tantas outras. Moitas das adxudicacións millonarias que conseguiu CRC nos últimos anos poden verse aquí.

Din os rumosos que se Carro é agora fillo predilecto de Ordes é por ter sido o mecenas de Regos nas pasadas eleccións, época na que tamén se enfrentou con Martino vía xudicial, feito que este último recordou no pleno no que se falou o tema, aínda que finalmente votou a favor de declaralo fillo predilecto para que non fose aprobada cousa tan importante con unha mancha. Xustificaron este nomeamento en base a que Carro “deu moitos empregos”. Como se os regaláse!, digo eu. En tal caso foron os traballadores os que lle regalaron a el a súa plusvalía para facerse unha das empresas máis poderosas do país, protexida, iso si, pola obra pública... Moitas das obras nas que se lucrou son de dubidosa moralidade, pois cóntanse entre elas as principais empresas colonias que destrúen o país, como Endesa ou Fenosa.



A culminación deste favor devolto foi hoxe mesmo. O vídeo do acto non ten desperdicio, pódese ver como no minuto 1:20 Regos, ao ter que falar do homenaxeado, di: "Que vamos a dicir de don Ramón? Ramón, a parte de amigo persoal meu, é da familia, Aurora igual... É un día de ledicia para todos nós." Para todos vós, lambóns! Non faltou tampouco a machistada de turno, ao referirse a Aurora Nouche (casada co homenaxeado) con o tópico de: “dise que detrás dun home sempre hai unha boa muller e este é o caso”, repetindo, por certo, as palabras do cura na misa anterior ao acto.

Xa o dicía o Catecismo do Labrego:

_P._--¿Quén son os mansos?
_R._--Somos tamen nosoutros, porque nos amansan á fungueirazos.
_P._--¿Quén son os que choran?
_R._--Os que saben pidir a tempo e baixarse á todo o mundo pra lograr o que cobizan.
_P._--¿Onde mamarán?
_R._--N-a ubre d'o persupuesto.

NOTA: Fotografía de ordessiete.blogspot.com

4 comentários:

  1. Viva la bandera, viva el Rey, viva Rejos y la Ley!
    http://www.youtube.com/watch?v=oLRMqAClsaA

    ResponderEliminar
  2. Rejos debelle a Alcaldia A Carro logo Fillo predilecto.

    ResponderEliminar