28/09/10

Manifestación en Ordes pola folga xeral ás 11:30



O Sindicato Labrego Galego realizará mañá varias mobilizacións comarcaias, unha delas en Ordes, ás 11.30. Con ela participará na xornada de folga xeral convocada para este mércores 29 de setembro.

23/09/10

Aumenta o curriculum delitivo de Peke da Olympus que mañá toca en Poulo



Mañá toca a Olympus en Poulo, e por se fose pouco, o 29 en Frades e o 31 de outubro en LP45. Non hai quen quite de enriba a estes impresentables. O asunto é xa a polémica do verán, e desde que todo comezara, non deixaron de aumentar e aumentar as razóns para non volver contratar a Olympus en ningunha festa.

21/09/10

Simboloxía fascista no Ghaliñeiro



Hai lectores que levan tempo a pedirnos que tratemos o tema da simboloxía franquista en Ordes, e que mellor ocasión que agora que Ordessiete publica unha entrada sobre o Soldado Lois.

20/09/10

Comezan os movementos de cara ás municipais: fichaxes



Xa están á vista as próximas eleccións municipais, en maio do 2011, e os politiquiños ordenses comezan xa todo tipo de maniobras que lles permitan chupar da teta outros catro anos. Nin que dicir ten, que a política en Ordes non é n confronto de programas, ideas, ideoloxías, etc., senón de personalismos, ambicións, cobizas individuais, etc.

12/09/10

A Cochiqueira dalle 300 euros de premio a Liaño Flores, ex alcalde falangista da Coruña



Seguimos a ver con satisfacción como contades con nós para denunciar atropelos. Esta noticia, como moitas outras, debémoslla a xente que nos informou a través de correo electrónico de cacicadas que nós non coñecíamos. Nesta ocasión trátase do I Concurso de Fotografía Antiga “Cóntame” do Concello de Cerceda.

10/09/10

Novos datos do paro no Ghaliñeiro: ata en agosto aumenta!



No verao é habitual que o paro baixe, dada a demanda de emprego no sector de servizos, especialmente nos relacionados coa hostelería. Aínda así, e co famoso e inexistente “efecto Xacobeo”, o paro continúa a aumentar na comarca de Ordes, especialmente no Ghaliñeiro. Os datos da comarca son os seguintes (non temos os de Mesía):

“Fichaxe” xeneralizada no Ghaliñeiro




Xa anunciaramos hai tempo que iamos tratar este tema no blog porque nos parece especialmente perigoso e preocupante. A profecía de Orwell cumprese a cada día de sobras, e o control social da poboación pasa por riba de leis e dereitos fundamentais das persoas; no Ghaliñeiro a cousa non é distinta, e no pasado pleno do mes de abril aprobouse por unanimidade unha ordenanza reguladora da creación de ficheiros persoais. Nestes ficheiros acumularanse datos da veciñanza en temas como: historial social (bonito eufemismo non?), información á muller, unidade psicosocial, información ás persoas inmigrantes, biblioteca municipal, licenzas urbanísticas, actividades xerais, rexistro xeral e policía local.

09/09/10

Dicionario caciquil: Nel Astray



Seguimos cos deberes que nos marcamos na nosa volta, e desta vez tócalle repaso a Nel Astray, segundo algúns, o autor deste blog.
Nel Astray Mariño é fillo de Manuel Astray Rivas, coñecido avogado de Ordes e historiador local afeccionado. Nel Astray foi militante socialista toda a vida, nunha época no que iso de “socialista” xa significaba outra cousa... En realidade tivo unha época comunista, ardores de xuventude que lle chaman. Astray liderou grandes loitas políticas, nas que o obxectivo foi sempre os seus intereses persoais. Cando Esther Couto era a candidata do PSOE en Ordes (outra da que haberá que falar un día), Astray era o secretario xeral. A relación entre eles era pésima, e marcou un importante capítulo na historia do PSOE de Ordes, que ben podería servir de guión para un culebrón televisivo.

03/09/10

175 persoas en contra de que a Olympus, a orquestra do narcotráfico, veña a Poulo



A campaña lanzada por contra a actuación da Orquesta Olympus na festa do 24 de Poulo (24 de setembro) -polos contidos machistas, homófobos e racistas do seu espectáculo- conseguíu máis de 175 apoios (de persoas e entidades) no Facebook. Entre as persoas que protestan pola actuación desta orquesta cóntanse o concelleiro do BNG Ramiro Recouso Liste, e a deputada cercedense no Parlamento Galego Silvia Fraga do PSOE. Apoian tamén a protesta grupos musicais de Ordes como Kastomä, Chícharo Psicótico, ou a Cona Ye-Ye; e outros de toda Galiza como Avante “Rock da Galiza, Ulträqäns ou Ruxe-Ruxe. Apoian tamén o BNG de Silleda e Melide, o Jogafan Ordes FS, Sporting Koes da Laracha, e outros.