O “Quen é quen?” do ghaliñeiro ordense
MANUEL REGOS. O actual alcalde foi o alumno aventaxado de Martino que soubo ver de lonxe por onde van os novos tempos: do perfil casposo, autoritario e cutre de Martino, pasou a un neocaciquismo de gomina e aires de demócrata; a “Transición” chegou con el a Ordes. Ex tenente de alcalde de Teodosio Martino, era a súa man dereita. Por palavras de Santiagosiete "El escándalo de los cobros anulados por el Tribunal Superior de Xustiza le salpicó de lleno, y aunque la sentencia no
firme no le afecta, Regos insiste en que todo ello motivó su salida del Partido Popular." Foi a ocasión magnífica para marchar antes do afundimento total e montar outro chiringuito pola súa conta. Para moitos, Regos foi o cerebro de Martino, o cacique máis fino. Non é que sexa un prodixio intelectual, como o demostra o seu último posto nas oposicións para o posto de traballo do que sempre disfrutou por enchufe, pero ten un sexto instinto: para ver o fin da “era Martino”. Hai xente que asegura que soubo mercar por catro patacóns terrenos que, curiosamente, son revalorizados ao pouco tempo en proxectos de obras públicas que ninguén (ninguén?) coñecía. Agora vai de “progre” e saca fotos en Boisaca cos republicanos fusilados de Ordes, pero non lle treme o pulso se ten que chamar a alguén persoalmente para prohibirlle que lle chame cacique en público. Nas últimas autonómicas pretendeu subirse ao tren da política nacional: da man de Liñares, alcalde de Cerceda, pedíu o voto para o PSOE, partido no que a súa entrada era inminente. Pero a derrota do bipartito fixo que derrepente non fose xa tan atractivo ser “socialista”, e o tiro saiulle pola culata. Din os vellos polos bares, que o seu lamentable discurso baixo os efectos do alcohol no concerto da Pantoja, vaille facer perder votos. Pero Regos é un “viejo perro” e ha saber defenderse; de momento o que moitos din que foi o seu mecenas das últimas eleccións, Ramón Carro, xa foi nomeado fillo predilecto de Ordes polos seus importantes servizos, como financiar a campaña electoral de UxO.
NOTA: Fotografía de ordessiete.blogspot.com
Sem comentários:
Enviar um comentário