18/05/10

Regos, Mirás e Liñares copan o podium da enquisa “Quen é o máis cacique da comarca de Ordes?”



Con 140 votos emitidos, a enquisa do Subcomandante Marcos da Portela deu os seguintes resultados á pregunta “Quen é o máis cacique da comarca de Ordes?” (na que estaban todos os alcaldes como candidatos):

1º Manuel Regos, alcalde de Ordes, con 65 votos (46%)
2º Manuel Mirás, alcalde de Oroso, con 56 votos (40%)
3º José Liñares, alcalde de Cerceda, con 48 votos (34%)
4º José Dafonte, alcalde de Trazo e Miguel Prado, alcalde de Frades , con 36 votos cada un (25%)
6º Antonio Pereiro, alcalde de Tordoia, con 33 votos (23%)
7º Mariano Iglesias, alcalde de Mesía, con 3 votos (2%)

O que nun principio parecía un duelo entre os ghobernantes da Cochikeira e do Ghaliñeiro, contou na recta final con un competidor, Manuel Mirás de Oroso, que rematou arrebatándolle o 2º posto a José Liñares, quen tivo que conformarse co 3º posto. De líder indiscutible queda Manuel Regos, alcalde da capital da comarca.

Empatados no 4º posto, e a moita distancia dos tres primeiros, están o alcalde de Trazo e o de Frades, seguidos de cerca polo de Tordoia. Non sabemos se é que o alcalde de Mesía é moi bo, ou se temos poucos/as lectores/as por ese municipio, pero o certo é que Mariano Iglesias só conseguíu 3 votos.

3 comentários:

  1. UUUuuuiii! Unha competición sobre caciques e non janou Liñares... Mmmmm... Aquí hai jato encerrado! E cuidadiño eh, que tampouco é que lle quite méritos a Rejos e Mirás peeeroo....

    ResponderEliminar
  2. E será tan bo Mariano Iglesias? Desconfio...

    ResponderEliminar
  3. ese cacique ten que ser do ruin...

    ResponderEliminar