10/05/10
Un ex falanxista ao mando de SOGAMA en Cerceda despois de que o seu predecesor fose imputado por delitos medio ambientais
Boas pezas son as que nos gobernan! O vertedoiro da Areosa situado entre os límites municipais de Ordes e Cerceda estase a ampliar, e por iso o problema de SOGAMA volve á primeira plana. Publicamos aquí unhas pequenas biografías delitivas dos lambóns que mandan (e mandaron) en SOGAMA, lucrándose a costa da nosa saúde e da nosa Terra. (Todos os datos foron sacados dos xornais máis famosos e algún alternativo menos coñecido, pero todos consultables na rede).
JOSÉ ÁLVAREZ DÍAZ. É o ex presidente de SOGAMA. Foi xefe en Santader do Servizo de Vigilancia Aduanera (SVA), pero foi “convidado a abandonar” o seu posto polas súas lucrativas relacións con contrabandistas e narcotraficantes, das que se derivaban suculentos beneficios. Pasou entón a traballar de director xeral de Sasemar (Servizo de Salvamento MarítimoGalego) antes de dirixir SOGAMA en Cerceda. Xa no novo traballo deixou un triste balance: foi imputado por un delito medio ambiental despois da morte de mil troitas no río Lengüelle (que rodea o vertedoiro da Areosa), e prevaricación e tráfico de influencias.
JOAQUÍN LUCAS BUERGO DEL RÍO. Natural de Oviedo, é o ex director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, imputado polos mesmos delitos que José Álvarez: delito medio ambiental, prevariación e tráfico de influencias. Inclúense neles os tratos de favor á empresa asturiana Danigal, que se lucra da desfeita ecolóxica da Areosa. Foi o antigo xefe de despacho de Xosé Sánchez Bugallo, o alcalde de Santiago, coñecido na súa xuventude como “Camarada Nitro”, antes de abandonar o maoismo para pasarse ao caciquismo municipal. Está implicado tamén nunha irregular autorización á canteira de Brea, en Carballo, onde se almacenan miles de toneladas de escombros canceríxenos procedentes da fábrica de Ferroatlántica en Cee. Cando foi cesado polo bipartito en decembro do 2008, non se lle acabou o conto, e continuou chupando do bote como delegado do Goberno galego no Uruguai até a primavera de 2009, cando o PP desmantelou esta delegación.
Outros altos cargos da SOGAMA do PSOE imputados son Francisco Bustí, ex conselleiro delegado; Ramón Pérez Mariño, xefe da área técnica (despedido en xaneiro de 2009 despois de denunciar irregularidades na xestión); ou Pedro Alcázar, técnico.
LUIS ALBERTO LAMAS NOVO. O actual presidente de SOGAMA (na foto) naceu en Lugo no 1971, e é abogado. Na cidade da muralla é moi coñecido pola súa militancia fascista na Falange (ver a pág 5). De 1991 a 2001 foi presidente de Nuevas Generaciones do PP en Lugo, e de 1995 a 2003 foi concelleiro polo PP. No 2003 foi un dos radicais españolistas do PP que se ofrece para facer parte das listas electorais en concellos do País Vasco nos que xamais as forzas españolas conseguiran representación democraticamente. O Partido Popular de Galicia vírase envolto nun escándalo por incluir nesas listas xente que nen o sabía! Traballou de asesor xurídico da Mutua Galega en Lugo e Castela-León, ademais de traballar no despacho Lucus Lex Abogados.
Hai uns meses deu unha delirante entrevista ao Faro de Vigo na que dicía cousas tan impropias dun cargo público como "Salvo que lleguemos a la conclusión de que toda esta gente es una banda de incompetentes y gilipollas, y que los listos sean tres o cuatro ecologistas, cosa que me niego a creer, la incineración es la solución". Cando o xornalista lle di que hai posturas que indican que se se reciclase máis a planta de SOGAMA non quedaría pequena, responde: "-¡Sí, claro!, y si mi abuela tuviese ruedas sería una bicicleta, éste es un argumento absurdo que cae por su propio peso si miran a su alrededor. También me gustaría no quemar carbón, pero si hago esa afirmación en Asturias, por ejemplo, me correrían a gorrazos hasta el puente de los Santos." Ademais de que non anda moi ben de matemáticas, pois declara que os países nórdicos "son lo que tienen las mayores tasas de reciclaje y de incineración. Ese falso debate de los que dicen que la incineración se contrapone al reciclaje, pues mire, no es así".
En fin, esta é a xentiña que anda entre o Ghaliñeiro e a Cochikeira lucrándose a conta da saúde pública e a natureza.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Este porque nos queda dentro da comarca (de todas maneiras o Luis Lamas vai e ven desde Lugo a Cerceda no seu super-cochazo comprado xusto cando foi a polémica dos coches da Xunta), pero non é o único falangista no goberno de Feijoo eh! O novo director xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, José Norberto Uzal Tresandi, presentouse ás eleccións españolas en 1994 pola Falange Española!
ResponderEliminarhttp://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rueda/ficha/antiguo/candidato/Falange/elpepuespgal/20090425elpgal_6/Tes
Caralho vaia peixe...este será dos da Asociaçao fascista de Lugo "Lucus-clan", que andabam dando malheiras a todo independentista que atopabam por diante.
ResponderEliminar(Cochiqui dA laracha)
Um feixe de notícias sobre o tema: http://www.anosaterra.org/index.php?p=buscar&tag=leng%C3%BCelle
ResponderEliminar¿Luis Lamas falangista? Jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja
ResponderEliminarPerdoade que me descojone jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja
Seguide así meus bens!!!
Home, eu na noticiar o que leo é "ex falanxista"...
ResponderEliminarAo "anónimo", mira ti o que non lle molan os "anónimos" como se ampara neles para criticar sen dar razóns... Se o Lamas non é falangista porque non denunciou por inxurias cando saiu a información hai xa máis de seis anos nun coñecido periódico nacionalista?
ResponderEliminarMenuda xentuza, tiña que levantar cabeza Moncho Valcarce para que todos istes tipos saíran correndo da nosa terra
ResponderEliminarA ver cando se lle recoñece a Moncho todo o que fixo pola comarca! Porque no resto do país xa se llo recoñece. Aqui estivo nas Encrovas e en Gorgullos, loitando polo povo!
ResponderEliminarPor certo, o primeiro anónimo aposto algo a que é Landeira.
ResponderEliminarHome, se o tipo era da Falange, é o propio pa andar ca merda.
ResponderEliminar