13/05/10
"Movimiento Social Republicano": Un partido nazi en Ordes?
Navegando por outra web ordense chamounos a atención un comentario acerca do "Movimiento Social Republicano" (MSR), partido de ideoloxía nazi en Ordes. Efectivamente, moita xente xa comentara que vira pegatinas deste partido (aparentemente "socialista" e "republicano") por varios puntos da vila, por exemplo nos semáforos do cruce do Nogallás. Así que decidimos investigar un pouco o tema.
A primeira fonte consultada foi a Wikipedia, que contén un artigo bastante completo en español e no que se di que "El Movimiento Social Republicano (MSR) es un partido político español de ámbito estatal y de ideología fascista y neonazi. Sus militantes son conocidos por sus acciones violentas a Centros Sociales Okupados y sedes de partidos políticos. Fue registrado en el Ministerio del Interior en 1999." O seu líder actual é "Juan Antonio Llopart, defensor a ultranza de ideas homófobas y racistas, muy influído por los escritos de Gregor Strasser", membro do Partido Nazi.
As súas protestas son, como no seu día as do nazismo, populistas, e disfrazadas de sociais: contra as drogas, contra o paro, etc... Participaron por exemplo nas mobilizacións polo prezo do leito xunto con "Ganaderos Unidos", protagonizando accións tan bochornosas como queimar a bandeira do Sindicato Labrego Galego, e increpar os labregos deste sindicato.
É fácil que quen vexas as pegatinas, a primeira vista pense que son un partido de esquerdas, que pide melloras sociais, que é anticapitalista, etc... Por exemplo din que son "Republicanos", pero despois vemos nas fotos da súa web empregan a bandeira franquista. Os artigos do seu líder están publicados na súa páxina (non lle queremos dar publicidade), e di cousas tan graves como: "Pero no por desgracia esa mayoría del pueblo español que piensa que los políticos son unos manguis, no son fascistas, si lo fueran otro gallo cantaría en este país, antes llamado España." Entre as ligazóns de partidos amigos que teñen, está a Front National francesa de Le Pen, e de feito até lle copian o logotipo.
MSR, 94 votos nas Eleccións Europeas de 2009 en Ordes?
Nas últimas eleccións europeas en Ordes déronse os seguintes resultados (só poñemos os datos que nos van ser significativos posteriormente, e non os de todos os partidos):
1º__PP_____2.349___54,36%
2º__PSOE___1.196___27,68%
3º__BNG_____490__11,34%
4º__MSR______94__2,18%
10º_II_________5__0,12%
Temos entón, que o MSR, un partido sen ningunha visibilidade en Ordes máis alá das citadas pegatinas, foi a 4º forza en Ordes na primeira vez que se presenta aquí a unhas eleccións! Hai moito nazismo encuberto en Ordes ou fallou algo?
Antes de nada, por que citamos a 10ª forza, II (Iniciativa Internacionalista)? Esta candidatura que reunía partidos autodeterministas e anticapitalistas de todo o Estado, estaba encabezada por Alfonso Sartre (dramaturgo e Premio Nacional de Literatura), e entre os candidatos galegos destacaba Xosé Luís Méndez Ferrín (presidente da Real Academia Galega). Ao pedir o voto para ela esquerda abertzale (e aquí os partidos independentistas), o Ministerio do Interior intentou ilegalizala, sen conseguilo por carecer de base legal.
A candidatura de Iniciativa Internacionalista foi finalmente a 3ª forza tanto en Navarra e a 4ª no País Vasco. Pero de todos xeitos denunciaron un posible fraude electoral ( e http://www.publico.es/espana/231211/iniciativa/internacionalista/denuncia/pucherazo/europeas), que fixo que no fose a 3ª forza no País Vasco por diante do PP. Moitos interventores de II viron como votos contabilizados para a súa candidatura finalmente non aparecían nos datos oficias, e en moitos casos eran traspasados a candidaturas de extrema dereita que nunca tiveran ningún voto nesas localidades, especialmente á candidatura de MSR.
Que ten isto que ver con Ordes? Pois que en Ordes non debía haber interventores de Iniciativa Internacionalista, e polo tanto non se coñeceu a fraude, mais os datos cantan por si mesmos. Nas anteriores eleccións, os partidos que pedían o voto por Iniciativa Internacionalista tiveran 25 votos, nas europeas do 2009 só 5, e o MSR, que nunca nada tivera, obtiña curiosamente 94 convertíndose na 4ª forza! Cousas semellantes pasaron en Miño, Lobios, Burela, Verín, Cangas, Moaña, etc... Póndense consultar no twitter que II habilitou para recibir todas as denuncias de fraude electoral. En moitos sitio denunciaron tamén que faltaban as papeletas de Iniciativa Internacionalista (non sabemos se foi o caso de Ordes, pero pensamos que non).
A xustificación que se deu máis adiante foi que se trataba de un erro informático, e que en realidade os votos do MSR correspondían ao PSOE. Iso pode explicar porque o MSR subíu tantísimo en moitas localidades do Estado, pero non explica porque baixaron drasticamente os votos independentistas en Galicia, País Vasco e Navarra, onde se deron moitos casos de pasar incluso de 100 votos a 0.
A mellor explicación sobre o que puido ter ocurrido encontrámola neste blog: "As túas balas" que recomendamos visitar para facerse unha idea do que pudo ter pasado. A nosa conclusión é que o ascenso de votos espectacular de formacións como MSR, Falange, etc., puido deberse a un erro informático tal e como se explica na páxina que indicamos. Isto á súa vez, ponnos nun absurdo, pois no reconto final, estes votos que non aparecían no ordenador, pero si nas papeletas que tiñan diante dos ollos, non foron rectificados! Á súa vez, non explica a sangría de votos tan descarada que sufríu II, sobretodo no País Vasco e Navarra, e que os privou dun escano.
E dicimos isto de Iniciativa Internacionalista como se tivese pasado co PP, PSOE, BNG, ou quen fora, non pode ser que a estas alturas non haxa unhas garantías democráticas mínimas. Polo menos ficamos coa tranqulidade de que MSR, un Partido Nazi, non ten 94 simpatizantes en Ordes, e coa preocupación de que mostren "activismo" por Ordes e podan pasar a maiores.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
E son un home que anda por terras do cortello da laracha e queriavos dar a enoraboa pola paxina e......tedes uns politicos de carallo,animo e se queredes madeira vinde que temos nos uns bananeiros na veira da estrada que estorban,o concello seguro que os regala,un saudo
ResponderEliminarDocumentarse antes de falar, SUBCOMANDANTE os 94 votos MSR foi un erro de acta, pois corresponderon o Psoe. Si piden información o ministerio do interior, veran que o final o MSR non acadou votos.
ResponderEliminar"A xustificación que se deu máis adiante foi que se trataba de un erro informático, e que en realidade os votos do MSR correspondían ao PSOE." non sabes ler anonimo?
ResponderEliminarAlucino coas cousas que di a xente nos comentarios e nos foros!! Por que carallo non vos molestades en ler antes de criticar joder? O exemplo do 1º anónimo paréceme a ostia.
ResponderEliminarTeremos que voltar a facer todo a man e deixarnos dos ordenadores
ResponderEliminarEi a todo isto...se cadra e calquera simpatizante que há solto por Ordes. Se foram muitos creio que o saberiades.Saude meus
ResponderEliminarbandeiras franquistas¿? olla mellor meu e dspois fala,.isto
ResponderEliminarAo Anónimo do 24 de maio 02:03 dicirlle que só ten que dar unha voltiña polas ligazóns que deixamos no artigo para ver que o MSR emprega bandeiras españolas co "aguilucho", que é ao que nós lle chamamos "bandeiras franquistas", aínda que en sentido amplo, "franquista" tamén é a que actualmente é a constitucional.
ResponderEliminarO Anónimo do 24 de maio 08:34 foi suprimido porque neste blog non permitimos propaganda antidemocrática e fascista.
Ao "Anónimo" do 24 de maio 02:03. Nós chamámoslle "bandeiras franquistas" ás do "aguilucho", dá unha voltiña polas ligazóns que deixamos sobre o MSR e poderás velas. Aínda que no sentido amplo, "franquistas" son tamén as que actualmente son chamadas "Constitucionais".
ResponderEliminarO "Anónimo" do 24 de maio 08:34 foi removida porque neste blog non se tolera a propaganda antidemocrática e fascista.
O dito, non vamos permitir propaganda neonazi neste blog, así que o "Anónimo" en cuestión se absteña de intentalo.
ResponderEliminar