24/05/10
Regos regálalle unha casa cuartel á Guardia Civil cos cartos do Ghaliñeiro tendo 5 millóns de débedas
Continúa a polémica pola construción do novo cuartel da garda civil en Ordes. Regos ten unha proposta de Convenio co Ministerio de Interior de España para a construción do cuartel da garda civil que obriga ao concello a custear a redacción dos proxectos básicos e de execución e o pagamento das obras da construción. Ademais, tamén lle cede gratuitamente o baixo que actualmente ocupan os que “van de verde” na rúa República Arxentina mentras non se remate o novo cuartel. O Ministerio comprométese a devolverlle ao concello o importe das obras no 2013, pero non o custe da redacción dos proxectos.
Copia do convenio en pdf: Convenio Ordes Ministerio Interior
O BNG criticou nunha nota de prensa este convenio que será debatido no pleno de mañá. O caso é que no Ghaliñeiro, cun millón de euros “desaparecido”, e 5 de débeda, Regos permítese gastar máis de medio millón de euros nun local que cede gratis á garda civil, e agora vai gastar un millón en construirlle un cuartel novo. Iso si, o millón de euros en facturas impagadas aos proveedores seguirá sen pagar, e a Escola Infantil é privatizada porque seica o Ghaliñeiro non tiña capacidade económica para a xestionar.
Así estamos, co concello en crise económica, asume gastos de competencias do Estado, gastando 1,5 millóns de euros e regalándolle 1.169 metros cuadrados! Porque outra das condicións do convenio é que os 1.169 metros cuadrados de propiedade municipal situados na rúa Mestre Nicolás, pasen a ser da guarda civil (o cal si votou a favor o BNG, creando unha forte polémica na rede).
A “guardia civil” en Ordes
Outro dos puntos do convenio indica que:
II. El Ayuntamiento de ORDES (A Coruña), consciente del beneficio que para los habitantes de la población supone el servicio público de seguridad prestado por el Cuerpo de la Guardia Civil, ha manifestado su deseo de colaborar con el Estado para procurar una nueva sede en la que alojar el Puesto ya existente.
O servizo da guardia civil a Ordes está fora de toda dúbida: no 1936 co tristemente célebre “guardia” Pe Pérez encabezaron a represión fascista que custou ducias de vidas humanas. Ata tempo despois de remata a guerra Ordes seguiu sendo declarado territorio en Estado de Guerra debido á vitalidade da resistencia na zona. A represión seguía encabezada pola guardia civil que perseguía os guerrilleiros, chegando a encadear e torturar aldeas enteiras, como pasou co asasinato de Manuel Ponte. Tamén cumpriron á perfección co seu papel nas Encrobas, axudándolle a FENOSA a expropiar as terras. En Ordes como no resto dos lugares adaptáronse aos novos tempos, e nos últimos anos destaca a detención do comandante do posto da guardia civil en Ordes por narcotráfico. E hoxe, segundo dados que evidentemente non pudemos confirmar oficialmente, parece ser que o posto da guardia civil de Ordes é dos máis evitados polos “axentes honrados”.
Ten mérito que “El Ayuntamiento de ORDES” manifeste “su deseo de colaborar con el estado” por ser “consciente del beneficio que para los habitantes de la población supone el servicio público de seguridad prestado por el Cuerpo de la Guardia Civil”. Desde a súa creación como policía rural no 1844 para defender os intereses dos grandes propietarios, a guarda civil rematou coa Primeira República Federalista Española en 1874; tomou un papel destacado no fin da IIª República e no xenocidio galego do 36; na II Guerra Mundial 300 gardas civis da División Azul vestiron o uniforme do exército nazi no Frente do Leste; no 23 de febreiro de 1981 intentou, con Tejero á cabeza, volver ao franquismo; e posteriormente o Coronel da Guardia Civil Enrique Rodríguez Galindo conseguiu nos anos 80 e 90 convertir a casa cuartel de Intxaurrondo no principal cartel da droga de toda Europa, coa que financiar o terrorismo dos GAL.
Quen é Antonio Camacho Vizcaíno, o tipo co que Regos vai asinar o convenio?
Para completar o esperpento, Antonio Camacho Vizcaíno é un ex policía secreta que chegou ao nº 2 do Ministerio de Interior de España. No 2006 viuse negro cando nunha entrevista da televisión pública australiana lle preguntaron porque o Estado español é tan denunciado a nivel internacional polas torturas. Camacho Vizcaíno interrumpiu a entrevista visiblemente nervioso ao ser preguntado polas torturas:
E así estamos! O goberno do Ghaliñeiro non é capaz de levar a cabo as súas competencias pero si as do Estado, regalándolle 1,5 millóns de euros e unha finca cando ten a deber máis de 5, e 1 “desaparecido”. Iso si, é “consciente del beneficio” que a Guardia Civil ten para o noso concello. De película vai ser ver a Regos asinar o convenio co Camacho Vizcaíno, cantando aquilo de:
Instituto, gloria a Ti,
por tu honor quiero vivir.
Viva España, Viva el Rey,
Viva el Orden y la Ley,
Viva honrada la Guardia Civil.
Benemérito Instituto,
Guarda fiel de España entera,
que llevas en tu Bandera
el Lema de Paz y Honor.
Pola súa parte, o Subcomandante Marcos da Portela prefire máis sociedade civil e menos guardia civil, e postos a cantar, somos máis desta outra canción: Vas de verde ...
NOTA: Como parece que hai un problema co pdf subido ao scrib subimolo a outro lado, polo que podes descargar o pdf do documento do convenio entre Regos e o Ministerio de Interior aquí.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Por certo, o coronel da Guardia Civil Galindo que foi condenado no ano 2000 a 71 anos de prisión por secuestro e asasinato, xa foi excarcelado no 2004. No seu haber ten as seguintes condecoracións:
ResponderEliminar* Cruz de Oro de la Orden del Mérito de la Guardia Civil.
* Gran Cruz de la Orden del Mérito Civil.
* Encomienda de la Orden del Mérito Civil.
* Cruz de Plata de la Orden del Mérito de la Guardia Civil (duas veces).
* Cruz de la Orden del Mérito de la Guardia Civil con distintivo rojo (catro veces).
* Placa de la Real y Militar Orden de San Hermenegildo.
* Cruz de la Real y Militar Orden de San Hermenegildo.
* Cruz de la Orden del Mérito Militar con distintivo blanco de primera clase (duas veces).
* Cruz de la Orden del Mérito de la Guardia Civil con distintivo blanco (tres veces).
* Cruz de la Orden del Mérito Militar con distintivo blanco de primera clase (duas veces).
* Medalla de Plata al Mérito Policial.
* Medalla al Mérito Policial con distintivo blanco.
* Medalla al Mérito de Protección Civil.
vas de verde
ResponderEliminarpareces un verme
mais ben serpe
mellor miñoca
pareces un lajarto
e sempre vas todo jarto
chupando copas de bar en bar
sen ter que o bolsillo valeirar
e podelo gardar
para podelo gastar de putas
oh perdon..se ahi tampuco pagas
senon inspeccion
cabron dime que non teño razon
que son eu o cuarenton
como ya eres fillo
putero..falton alcohlizao
e a mi me tratas de pringao
non estaras equivocado conmigo cabron?
xq cojones me tratas de enemigo?
que te cres superman?
Sanson..King kon ou mortadelo e filemon
pasmon atende o teu traballo cumpre a tua funcion
gardar da poboacion eche a tua opbrigacion
entoncen xq non son quen para manter una coversacion co meu protector pra expoñer a miña opinion e chegar una solucion que son un kiste un grano unha almorrana no te cu son un chiste un xogo un pasatempo para tu como dis ti cando m paras x ahi son un simple cidadan qe te cuestiona pero se ti cuestionas eu cuestiono toma!
se son unha persoa calqera ¿xq te qedas mirando cando camiño coma todas pola acera?
que pasa? non vou de verde dando o cante como alguns
eso si levo grandes pantalons para cando m inchan os collons de aguantarte...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
ResponderEliminarESTE DOMINGHO ESTIVEN EN ORDES E PUIDEN COMPROBAR QUE O PARQUE ESE QUE TEÑEN OS CATIVOS, "felix rguez. de la fuente" DA MEDO. E INCREIBEL QUE ESTES CABRÓNS DE POLITICOS GHASTEN OS CARTOS EN FACER-LLE CACHARUZOS OS GHUARDIAS E OS CATIVOS QUE?. ADEMAIS O ESTADO NO QUE ESTÁ NON PASARIA NENGHUNHA INSPECIÓN NEN DE COÑA. ESPEREMOS QUE NON LLE PASE NADA A NENGHUNHA CRIATURA. MENOS CEAS E PAPATORIAS E MÁIS PARQUES "DECENTES PROS NEN@S, POLITICOS CABRÓNS. aNIMO-VOS QUE SAQUEDES ALGHO SOBRE O PARQUE.
ResponderEliminarADIANTE TIO MARCOS
Moi inxustas as criticas ao BNG neste tema. Na cesión do terreo para o cuartel o BNG non votou a favor. E ademáis eran terreos doados para o cuartel por un particular, non eran municipais.
ResponderEliminarO das falsas acusacións e inxurias ao líder local, Gonzalo Castro...parece mentira que nun blog anticaciquil vos fagades eco das acusacións do PP!!!.
Despois dun ano desde que se produciron esas acusacións xa se ten demostrado a súa falsedade. Por que si non o PP non foi ao xulgado e non actuou a fiscalia? Porque eran falsas como xa dixo Gonzalo Castro.
Por si non vos lembrades, envíovos este enlace. Creo que xa o di todo.
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/06/13/0003_7782342.htm
Ultimo anonimo http://ordessiete.blogspot.com/2009/07/unanimidade-para.html ?
ResponderEliminarComo que non votou a favor ? Que es o mesmo que anda dicindo por ai que o resto non teñen nin idea da politica de ordes e que o bng votou en contra ?
Menos mal que aqui hai para todos, que por ser do bng poden facer cacicadas como o resto.
E que ten que ver eso que pos do PP e as acusacións a gonzalo?
Eu neste post o que leo é por unha parte algo así como unha felicitación ao BNG por denunciar parte do chachullo do cuartel, e pola outra unha crítica ao feito de que votase a favor da cesión do terreno. Xa se ten falado noutros foros, pero o certo é que o BNG votou a favor de ceder tales terrenos, é a pura verdade, pare ben ou para mal. O terreno do particular foi municipalizado, e agora pasará a Patrimonio do Estado: ou sexa, o concello regálalle terreno ao Estado para facer un cuartel (se me equivoco correxídeme).
ResponderEliminarE o das acusacións contra Gonzalo Castro a que carallo ven? Quen falou diso agora?? Excusatio non petita, accusatio manifesta...
Comunicado que nos envia o BNG-Ordes:
ResponderEliminarO BNG AFIRMA QUE O CUARTEL COSTARALLE 200 EUROS A CADA VECIÑO DE ORDES
Os nacionalistas lamentan que os 2,5 millóns que vai gastar o Concello no Cuartel non sexan destinados á creación de emprego en Ordes
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, acusou ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, de “cometer unha absoluta irresponsabilidade co Convenio co Ministerio do Interior para a construción do Cuartel da Garda Civil”.
O Goberno Municipal aprobou a ratificación do Convenio co Ministerio do Interior que obriga ao Concello de Ordes a costear a redacción dos Proxectos Básicos e de Execución, así como o pagamento das obras de construción do novo cuartel, así como o compromiso da cesión gratuíta do baixo que actualmente ocupa a Benemérita de Ordes, mentres non se remate a construcción do novo cuartel. O Ministerio comprometese a devolver ao Concello de Ordes o importe das obras, non así o dos proxectos, durante o ano 2013.
Gonzalo Castro lamentou que “o alcalde de Ordes leve tres anos mentido aos veciños de Ordes, cando manifestaba que existían partidas nos Orzamentos do Estado para sufragar a construcción do Cuartel, o que finalmente se comprobou que era falso”.
O portavoz nacionalista considera a xestión do alcalde neste asunto “pon de manifesto a súa incapacidade para defender os intereses dos veciños de Ordes, que van ter que pagar máis de dous millóns de euros na construcción do Cuartel, máis o medio millón de euros do baixo no que se ubica na actualidade, o que vai a supoñer que a cada veciño o Cuartel lle custe máis de 200 euros”.
Castro sinalou que “mentres os veciños e veciñas de Ordes vense obrigados pola incapacidade do alcalde a financiar o Cuartel da Garda Civil, noutros concellos como Ames, Vilagarcía de Arousa ou Santa Comba, os cuarteis están sendo construidos con fondos propios do Ministerio do Interior.”
Finalmente, o portavoz nacionalista afirmou que “o BNG leva tres anos facendo propostas para a creación de emprego en Ordes, como a modernización da praza de abastos ou a creación dun viveiro de empresas, mais o Goberno Municipal en lugar de destinar os fondos municipais á creación de emprego en Ordes, prefire facerlle un préstamo sen intereses de dous millóns de euros ao Ministerio do Interior para construir o Cuartel da Garda Civil”.
Conchero, o enlace de Novas de Galiza fai referencia a esas acusacións a Gonzalo.
ResponderEliminarBueno home, e nos enlaces a La Voz de Galicia hai acusacións contra todo o nacionalismo en xeral, e nos enlaces a Ordessiete haberá acusacións contra este mesmo blog... Eu non sei, pero que ve fantasmas onde non os hai... Pois: Excusatio non petita, accusatio manifesta... E xa que sacas o tema, o link ese que ti puxeches de La Voz de Galicia o único que contén é unhas declaracións de Gonzalo dicindo "eu non fun!"...
ResponderEliminarAnónimo, se non e certo, porque aparece o seu nome vinculado a esa empresa?
ResponderEliminar