12/05/10

Dicionario caciquil: Teodosio Martino



O “Quen é quen?” do ghaliñeiro ordense
TEODOSIO MARTINO. Martino é o gran clásico recente da política ordense. Chegado de terras españolas de Soto de Sajambre (que por certo, cos anos que leva aquí xa podía ter aprendido algo de galego...) para traballar na cámara agraria, os contactos forxados no día a día servíronlle de excelente rede clientelar para cando Concheiro o levou da man en 1987 para gañar as eleccións coa Coalición Progresista Galega. Antonio Concheiro fora o alcalde de Ordes na IIª República, famoso en todo o país por ser monárquico a ultranza, até que a Frente Popular o derrocou. Co franquismo xa instaurado, volvería a ocupar o cargo de xefe do concello, e incluso tería o dubidoso honor de recibir na nosa vila a Juan Carlos I, sucesor de Francisco Franco, e dona Sofía.


Pero tal e como fixo Regos hai catro anos, Martino tamén se emancipou do seu mestre. Afiliase ao PP e gaña a alcaldía outra vez. No 1999 preséntase por Democracia Galega (que tan pouco tiña dunha cousa como da outra, como é costume nas siglas dos partidos...) e volve gañar a alcaldía. Iso si, con a inestimable colaboración dos tránsfugas Victorino Cores (3º do BNG) e Díaz Hermida (candidato á alcaldía polo PSOE!). Co tempo volve facerse coas siglas do PP e... o fillo díscolo Regos márchalle e gaña a alcaldía! Ainda ten pendente a sentenza en firme do Tribunal Superior de Xustiza que lle obriga a pagar a el e o resto do ex goberno local mais de 170.000 euros de salarios cobrados de xeito irregular.

Enumerar as súas frases célebres e cacicadas sería unha tarefa infinita, por iso só vamos recordar algunhas das máis recentes. Por exemplo, cando nunha entrevista ao Tierras de Santiago dixo tan contento que o seu grupo municipal do PP rompeu cando marchou Regos : “Me refiero a gente que quería dar algún pelotazo en Ordes y que sabían que conmigo iba a ser imposible, porque llevo veinte años gobernando sin cacicadas y por eso les estorbaba Martino”. No seu día dixo que emprendería accións legais contra Manuel Astray; este publicara a nota “A verdade sobre o soldo e o patrimonio de Martino” na que atribuía ao ex alcalde unha relación de propiedades inmboliarias e o acusaba de cobrar ilegalmente “soldos millonarios”, así como de ocultar o seu patrimonio. Teodosio replicou que Astray se equivocara, e que o pisto que ten en Fontiñas non é del senón da súa muller, iso si, téndoo en réxime de protección oficial, tenno arrendado! Tamén replicou que non é propietario de dez prazas de garaxe, senon “só” de tres, e que é titular de duas fincas adquiridas en subasta en Buscás e Vilamaior, ademais de un solar na Illa de Arousa; ten tamén un piso e un local comercial en Ordes, que conseguiu pola permuta dun solar seu, que conseguira en subasta pública do arzobispado.

Entre as súas animaladiñas máis grandes está a declaración a El Metropolitano respondendo á alarma viciñal pola elevada taxa de mortes por cancro na vial con un delirante: "Hoy por hoy un 30% de la gente que muere es por cáncer. Y si en una calle hay una media de cinco o seis personas por vivienda, el 30% significa que uno o dos TIENE QUE MORIR DE CÁNCER CUMPLIENDO LA NORMATIVA. Y si coincide que todos son ya de cierta edad el azar te puede hacer cualquier tontería. Es como si un tío que no sabe nada de fútbol te acierta catorce en una quiniela. Y es que tampoco el número de casos era tan grande, lo que pasa es que se dieron casos en todas las casas".

E para non extendernos demasiado, deixamos aquí un vídeo do individuo en acción, nun mitin en LP 45. Nel intercálanse artificios retóricos que rompen até coa lóxica: "¿El paseo fluvial...? ¡¿Dónde está el polígono industrial?!? (min 4:50), populismos baratos: "Va a vinir aquí Alberto Núñez Feijoo que fue el que nos hizo la carretera Órdenes-Carballo" (min 5:00) e un delirante (que adxetivo máis acaido para este home!): "El otro día yo estuve en la manifestación de Galicia Bilingue en Santiago, y los métodos que se utilizan para querer imponer el gallego... son... terroristas. Nos tiraban botellas, nos tiraban piedras y venian con cascos, y con los cascos atacaban a la gente como si fueran carneros" (min 5:45)

NOTA: Fotografia de ordessiete.blogspot.com

3 comentários:

  1. Ai Martino, que alto lle deixaches o listón alto a Regos...

    ResponderEliminar
  2. O de que o seu Goberno rompeu cando marchou Regos é totalmente certo: Regos non se atreveu a marchar e presentarse el mesmo ás eleccións; en lugar deso preferiu deixar que gañase Martino e tentar dar un "golpe de Estado" no seo do Goberno para expulsar a Martino e quedar el de Alcalde. Saíronlle mal as contas e estivo a unha persoa de conseguilo: os fieis a Martino (e fieis, neste caso concreto, tamén á democracia, por non querer subverter con malas artes o resultado das urnas) foron maioría e Regos quedou condenado ós "Non adscritos". Tras media lexislatura cun goberno en minoría, foi moito máis sinxelo para UxO chegar á alcaldía, non sen unha grande dose de tráfico de influencias.
    O resultado quizáis non sexa moi público, pero nos dous anos que Regos estivo fóra do Goberno, reduciuse tanto a débeda do Concello como os prazos de pagamento das facturas, chegando case a estar saneadas. Non pretendo defender a Martino, que nos últimos anos só era un home de palla (como demostrou cando máis se supoñía que tiña que arrimar o ombro, que foi nesta crise interna do seu partido), pero si destacar que o cerebro executor e o tecedor das redes de corrupción que están tendidas no noso Concello non foi Martino, precisamente. Ó pobre non lle dá para tanto.
    Isto sábeno TODOS os membros da Corporación Municipal. TODOS. Se algún quixera, este goberno indigno xa estaría máis que botado abaixo. Non telo feito xa paréceme impropio de calquera persoa que, como os Concelleiros electos, din representar e defender os intereses de tódolos habitantes do Municipio.

    ResponderEliminar
  3. Rumpeltilzkin, é moi interesante isto que dis: "O resultado quizáis non sexa moi público, pero nos dous anos que Regos estivo fóra do Goberno, reduciuse tanto a débeda do Concello como os prazos de pagamento das facturas, chegando case a estar saneadas." Pode explicalo máis?
    Saúdos.

    ResponderEliminar