16/05/10

O Subcomandante Marcos da Portela recibe as primeiras ameazas



O Boletín Anticaciquil das Terras de Ordes levado polo Subcomandante Marcos da Portela (marcosdaportela.blogspot.com) non leva nen unha semana publicándose, pero xa conseguíu certa popularidade. No Facebook séguennos perto de 500 persoas, e o número de visitas ao blog anda xa polas 2.500. Chegáronnos tamén varias mensaxes pola rede agradecendo a nosa labor informativa e de denuncia, animándonos a continuar, o cal nos produce unha gran satisfacción. Pero chegaron tamén as primeiras ameazas dos poderosos de turno, indicadores inequívocos de que estamos polo bo camiño.


Un correo de Mediasiete Publicaciones S.A. (a empresa que publica o periódico gratuíto Santiagosiete, e xestiona o blog Ordessiete) chegou ao noso correo cando o blog levaba na rede apenas unhas 48 horas. Despois de asesorarnos xuridicamente, pois contiña graves acusacións de tipo legal, decidimos reproducilo aquí tal e como nos chegou, para que a xente vexa a que se dedica esta empresa:


Estimado editor/a do blogue Comandante Marcos da Portela,

Normalmente celebro con grande satisfacción o nacemento de calquera soporte informativo sobre a nosa comarca, agardando que o mesmo sirva para facer da nosa querida vila de Ordes un lugar mellor para todos. Nesta ocasión lamento non poder celebrar dese xeito o comezo de 'O Tío Marcos d'a Portela' por tratarse dun blogue anónimo con contidos que facilmente poderían ser interpretables como inxuriosos, coas súas desagradables consecuencias penais que poderían derivarse sobre o seu autor.
Contemplo tamén con profunda tristeza coma elementos gráficos e audiovisuais creados por nós cun gran esforzo persoal e empresarial son utilizados no seu blogue acompañando a expresións inxuriosas tales coma “Dicionario de caciques: Manuel Regos”. Confío en que poida retirar do seu blogue a fotografía que acompaña a tan insultante titular, e tan contrario ás normas deontolóxicas xornalísticas.
Tamén gustaríame lembrarlle que os contidos do blogue Ordessiete están dispoñibles para calquera usuario da rede sempre que estes fagan un uso adecuado dos mesmos, algo que a día de hoxe e lamentablemente non sucede no seu blogue. É unha grande satisfacción saber que os nosos contidos son publicados por moitos outros profesionais ou afeccionados á comunicación, pero sempre e cando sexan usados con responsabilidade e honestidade. Lamentaríamos moito ter que prohibirlle expresamente o uso dos nosos contidos de non atender a estas premisas básicas.
Me poño [sic] a [sic] súa enteira disposición, confiando en que saiba retomar pola verea da rigorosidade e do respecto máis elemental a [sic] súa [sic] labor informativa. Créame que isto provoca moitisimas [sic] máis satisfaccións.
Un saúdo ben cordial,
Mediasiete Publicaciones, S.A.

P.D. O presente escrito únicamente [sic] ten efecto informativo para vostede como editor e non para ser publicada no seu blogue.


Dicir, antes de nada, que a única obrigación legal que temos para empregar as fotografias de Ordessiete é citar a fonte (o cal xa correximos) e polo demais, non só publicamos o correo que nos enviaron, senón que advertimos que o que eles fan co seu correo é unha perturbación do dereito de información, e incluso podería ser un delito de coacción.

Parece que Renato Alberto Landeira, director de Santiagosiete, se cre con dereito a ter o monopolio da información local de Ordes. Desde as súas páxinas permitiuse opinar nun ton bastante faltón sobre o blog de Juan Simón, edil por Nova Alternativa, dándolle sobre redacción de blogs que ben podería aplicar ao seu; ou tamén, desta vez nun ton pateticamente paternalista, sobre o programa de radio Ordes “Son do Chafarís”: "

Entrevistas, información, música, educación, lengua, literatura y cultura. Todo ello en clave gallega sí, pero…demasiado ideologizada. Uno que ha sido joven y sabe lo que es dejarse llevar por las pasiones esta circunstancia la tolera, pero no por ello no ha de ser salvada." E mesmo recriminando que polo programa pasasen: "
Berroguetto, O Leo Arremacágonha, The Homens o Ruxe Ruxe, quienes en numerosas ocasiones hicieron públicas sus preferencias nacionalistas, reportajes sobre el Nunca Máis, la asociación Foucelhas, entrevistas a estandartes del nacionalismo gallego, gramática nacionalista, hablar de Galiza en clave de país, conversaciones sobre reintegracionismo…"


Agora toucounos a nós, a través de un correo asinado por “Mediasiete Publicaciones”.
Señor Landeira, vostede non ten autoridade ningunha para dicir quen pode falar e quen non sobre a política ordense, e as súas coaccións non nos meten medo ningún.

P.D.: Por certo, non somos ningún “Comandante Marcos da Portela”, senón “Subcomandante”. E somos “Subcomandante” porque o único Comandante é o pobo, que é quen máis ordena. Por iso estamos ao seu servizo, e non ao de calquera tipo de interese particular en detrimento do público. Ah, e outra cousa, inxuriosos si que son os abusos que cometen os poderosos (da política, da economía, ou dos medios de información), e non chamarlle ás cousas polo seu nome.

19 comentários:

  1. Os de Ordessiete non son máis que uns lacaios de Regos. Ánimo subcomandante. Non cedas diante da censura dos caciques.

    Eu fago un chamamento ao boicot a ordessiete, xa que se trata do blog oficial do caciquismo de Ordes.

    ResponderEliminar
  2. Fachas e máis fachas agochados baixo caretas de supostos demócratas. E aínda lle parece que fai un favor ameazando...
    FORZA Subcomandante!!

    ResponderEliminar
  3. Ladran logo cabalgamos!!!!

    ResponderEliminar
  4. "Gramática nacionalista"!! Hahaha, Landeira estás mui mal eh!

    ResponderEliminar
  5. Seguide así porque estádeslle facendo un gran favor a Ordes falando do que hai que falar claramente e sen manipulación ningunha

    Ánimo!!

    ResponderEliminar
  6. Miña nai querida! Atreverse a dar indicacións un tipo que fai un bló (sic) no que se critica o peiteado da raíña e fala mal da foto oficial dos reis de Espannnnña (sic). Hai que ter valor!
    Voulhe mandar eu un mail en ton ameazante sobre o asunto, con copia á casa real! isto non pode quedar así!
    XD XD
    (o artigo ao que aludo está en http://ordessiete.blogspot.com/2010/05/la-permanente-de-su-majestad.html)

    ResponderEliminar
  7. Sobre o Landeira ese: http://nosotrossomosnuevas.blogspot.com/2007/11/santiagosiete-mr-jekyll-o-mr-hyde.html

    "...el "Landero" ese del que hablais, que en realidad es Landeira, (-se hace llamar "Alberto", cuando se presenta a chicas y "Renato" cuando se presenta a chicos- porque tiene los dos nombres) escribe editoriales a troche y moche sin saber siquiera que se dice "el editorial" y no "la editorial", fue tan pusilánime que la despidió en mitad de vacaciones, enviándole un "bureau-fax" que, por supuesto, no llegó ni a recibir porque directamente se fue ella antes, cansada de aguantar tanta tontería. Los profesionales no aguantamos según qué cosas y me parece muy lógico que se marchase.
    Mira, ser de izquierda o derecha es igual siempre que haya profesionalidad y se respeten los derechos de los trabajadores. Y allí no se cumplen. Contratan periodistas porque ellos no lo son pero luego aprovechan cualquier oportunidad para dejarlos mal y quedar ellos como los artífices del éxito, en el caso de que lo haya. Y si no, que cuente el tal Renato de dónde sacó todos los temas centrales del periódico desde enero a Agosto y a quién daba el coñazo cada semana porque no tenía temas para contar.
    Hombre, ¡pero si hasta ponía su nombre en los artículos y entrevistas de sus redactores que tenían colgados en la página web!
    Eso no es un periódico. Es un panfleto dirigido por un incompetente con mucho complejo de inferioridad que ni siquiera sabe lo que es una línea editorial, la diferencia entre un reportaje y una crónica o cómo funciona el secreto profesional. Al César lo que es del César. Y estos tíos, de periodismo NADA. Pero NADA de NADA, vamos.

    Ah. Y no os fieis de ni una sola encuesta que no vaya acompañada de fotos o testimonios (lo cual querría decir que la han confeccionado las dos redactoras que tiene, que sí que son periodistas y tienen ganado el cielo). Si es una encuesta a pelo de esas de: "El 80% de los santiagueses..." no os la creais porque se las inventan sin ningún miramiento ni respeto por los lectores. Eso lo puedo garantizar.

    Mucho socio, mucho inversor y mucha tontería -del tipo, "el día de cierre me tiro en el suelo porque me creo así de bohemio y dirijo el periódico tumbado entre las mesas, como deben hacer los grandes periodistas", qué pena y qué patetismo...- pero profesionalidad, periodismo, condiciones laborales mínimamente dignas y respeto por los demás... Muy poco, muy poco."

    ResponderEliminar
  8. Os ricos xa non controlan a información e perden os papeis.

    Soamente son "señoritos periodistas" vendidos aos grupos de poder da súa comarca que lamentan a existencia de internet.

    A rede é a nosa "gran conversa". O pobo galego querer ser ceibe e eles xa non nós poden calar.

    Unha aperta Tio Marcos ;)

    ResponderEliminar
  9. Adiante! Cada comarca había de ter o seu Subcomandante, vostede xa é un dos meus 'chosc@s' ;)

    ResponderEliminar
  10. Me parece vergonzoso la difamación que se está haciendo en este blog de una persona y de un periódico...

    Luego presumis de medio informativo! Hay que tener cojones!

    Espero que ese abogado que tambien os ha asesorado os haya dicho también que el editor de un blog es RESPONSABLE PENAL Y FISCAL de los comentarios injuriosos que en dicho blog se viertan :)

    Yo personalmente animaría a Media Siete a meteros un puro de aquí a mañana y fijo lo ganaría

    ResponderEliminar
  11. Anda niko... di que comentarios inxuriosos se puxeron

    ResponderEliminar
  12. Home, tampouco esaxeremos, que o que di o comunicado tampouco da para tanto.
    Outra cousa é a percepción que teñas dado que cohabitas con semellantes individuos, pero polo demais dáme a min que estaban ben asesorados porque máis morno non se podía ser, o fin de contas so di que non lle gusta o teu blogue (xa se sabe, margaritas para os porcos), non lle gustas ti (non podo opinar neste punto) e non lle gustan os nacionalistas (sen dúbida poderemos vivir semellante desamor con drojas e apoio psicolóxico).

    Pero de aí ó titular sensacionalista..., vamos que por pouco máis acaba sendo "La Noria".

    ResponderEliminar
  13. Nom confundades o cinismo nas palavras tam próprio da burguesia com a raiva que vai debaixo delas. A que vem que um grande meio de comunicaçom arremeta contra um blogue anónimo na rede? Medo é o que tenhem! E sim, o correio de Mediasiete é totalmente denunciável, eu de vós nom duvidadria em fazê-lo.
    Adiante Subcomandante!

    ResponderEliminar
  14. "Me poño [sic] a [sic] súa enteira disposición, confiando en que saiba retomar pola verea da rigorosidade e do respecto máis elemental a [sic] súa [sic] labor informativa. Créame que isto provoca moitisimas [sic] máis satisfaccións."

    HAHAHAHAHAHAHAHA, mira ti o "escritor" que dá consellos HAHAHAHAHAHAHA

    ResponderEliminar
  15. PROPOÑO DAR O RANGO DE UNHA ESTRELA DE OITO PUNTAS EN CENTRO O SUBCOMANDANTE POLA LABOR E PELOTAS QUE LLE TA BOTANDO A TODO ISTO E ASI SE COMVERTA EN COMANDANTE. UN SAUDO E ANIMO(m.f)

    ResponderEliminar
  16. Á atención do listillo de Nicolás Álvarez Rouco, asinante nestes comentarios como "Niko":
    http://vieiros.com/nova/79663/o-propietario-dun-foro-en-internet-non-e-responsabel-das-opinions-de-terceiros

    Anda, vai contarllo a Landeira.

    ResponderEliminar
  17. O Nico este é un chalao que anda pola facultá de historia xunta a fotocopiador...

    ResponderEliminar
  18. Aí subcomandante, cun par

    ResponderEliminar
  19. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar