20/05/10

Cobran "gastos de preselección" aos aspirantes a traballar no Parque Acuático da Cochikeira




Un lector amigo enviounos información valiosa sobre outro caso de caciquismo rampante na Cochikeira. Este lector cóntanos como a través de Radio Cerceda soubo dun anuncio do Concello de Cercada no que se oferecían dous postos de traballo; alí foi coa súa muller para preguntar polo traballo para porteiro/a ou caixeiro/a do Parque Acuático de Cerceda, e levaron dúas solicitudes para cubrilas na casa.


Finalmente non as presentaron, entre outras cousas porque necesitaban a nacionalidade "española" para o posto de traballo, pois co permiso de residencia fauque non lles chegaba... O caso, é que a sorpresa do noso lector e a súa muller foi maiúsculo cando comprobaron que no final da folla de solicitude, onde viñan as condicións, salario, horarios, etc., "poñía que había que abonar unha taxa, debida aos gastos de preselección, que nun caso eran 13 euros con algo e no noutro 16 con algo". Impresionado coméntanos que "o que non sei, é se os que non seleccionen para o traballo llos devolven, pero aínda así paréceme algo moi extraño".
Como todo o mundo sabe, o Sr. Liñares é unha auténtica oficina do INEM con patas na Cochikeira, pola que ten que pasar quen alí queira ter un traballo co que gañar dignamente o pan. Para onde van estas taxas debidas aos "gastos de preselección"? Suscribimos totalmente a conclusión do noso lector "o que me parece e que é unha gran cacicada, eu na miña vida vin que por apuntarse a un posto de traballo che cobren, e que non sei onde vai parar, ¿queren recaudar para pagar os soldos despois ou que?"

Aproveitamos tamén para pedirlle aos compañeiros da Cochikeira Caciquil que volvan á carga.
Blog Anticaciquis, en todas as parroquias!

6 comentários:

  1. Os gastos de "preselección" van para o papo de Liñares. Lástima que finalmente Regos non fose para o PSOE, porque ia dar gusto ver a Cochikeira e o Ghaliñeiro unidos na festa ca Pantoja...

    ResponderEliminar
  2. Manda caralho! Este bandalho de Linhares é umha espécie de ETT

    ResponderEliminar
  3. Esto é normal nos contratos públicos de concesións, a adxudicataria é a que ten que pagar a publicación nos xornais da oferta.

    O que xa non é normal, que lo fagan a un traballador.

    ResponderEliminar
  4. Certo, nas adjudicaçons de obras públicas (autoestradas, hospitais, etc...) o normal é que nas condiçons das empresas concursantes já se indique que a que leve a obra deverá pagar os custos da publicaçom nos jornais.
    Mas isto é totalmente distinto... Isto é que um alcalde trabalhe como umha ETT, e nom esqueçamos que ainda por riba está a marginar os estrangeiros impedindo-lhes participar no concurso para trabalhar para o concelho!!

    ResponderEliminar
  5. e despois gana Reghos na enquisa? no ghaliñeiro ainda tedes moito q aprender

    ResponderEliminar
  6. O de cobrar por presentarse ós procesos selectivos e un xeito máis de recuadar fondos nun pobo no que tragamos con todo. E o peor é que os que vivimos aquí xa coñecemos á camarilla do Concello e somos conscientes de que as prazas xa están prácticamente adxudicadas cando se convocan, pero o que vén de fóra e descoñece a situación de caciquismo en Cerceda, pica e paga, sen posibilidade de reclamar. Iso sen mencionar que se cobran unhas taxas máis altas que as das oposicións do Estado ou da Xunta, en proporción.

    "Aproveitamos tamén para pedirlle aos compañeiros da Cochikeira Caciquil que volvan á carga." Totalmente de acordo. De feito, nos últimos meses semella que mesmo está tendo existo o blog no estranxeiro, se reparamos nos comentarios en inglés que se veñen rexistrando animando a que se siga escribindo.

    ResponderEliminar