Mostrar mensagens com a etiqueta regos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta regos. Mostrar todas as mensagens

10/09/10

“Fichaxe” xeneralizada no Ghaliñeiro




Xa anunciaramos hai tempo que iamos tratar este tema no blog porque nos parece especialmente perigoso e preocupante. A profecía de Orwell cumprese a cada día de sobras, e o control social da poboación pasa por riba de leis e dereitos fundamentais das persoas; no Ghaliñeiro a cousa non é distinta, e no pasado pleno do mes de abril aprobouse por unanimidade unha ordenanza reguladora da creación de ficheiros persoais. Nestes ficheiros acumularanse datos da veciñanza en temas como: historial social (bonito eufemismo non?), información á muller, unidade psicosocial, información ás persoas inmigrantes, biblioteca municipal, licenzas urbanísticas, actividades xerais, rexistro xeral e policía local.

30/08/10

Ordes, a túa cidade de vacacións



Canto lle traballa a cabeciña a Regos. Agora meteu o Ghaliñeiro no Programa European Twinning, creado polo Consello e Municipios e Rexións de Europa (CEMR) para que municipios europeos se irmanden, e pretende facerlle crer en Polonia, Italia e Lituania, que Ordes é famoso por o deporte da vela e os seus museos e galerías de arte...

25/08/10

Regos pedirá un préstamo de 2,2 millóns para pagarlle o cuarteliño á Guardia Civil



Insistimos, e moito, no tema da casa cuartel neste blog . En internet 260 persoas apoian a nosa reivindicaciónEn contra de que o concello de Ordes lle regale un cuartel á Guardia Civil”, e o BNG mesmo retou no pleno a Regos a que fixese un referendo para ver se queríamos o cuartel en Ordes. Segundo os nosos cálculos nese momento, os cartos que van fundir en regalarlle o cuartel ao Ministerio de Interior daban para darlle a cada ordense no paro unha axuda nada despreciable de 2.480 euros .

20/08/10

Festas patronais de Ordes: raza, curas e tricornios, como no 36



(Foto: Ordessiete)
As festas de Ordes do ano pasado remataron co apoteósico “...y que viiiiva Espaaaña!” de Manolo Escobar, no que parecía un nostálxico revival do franquismo alfredolandiense, co palco da orquestra cheo de fume “rojigualdo”. O nivel estaba alto, pero este ano non foron menos.

20/07/10

#1 "Tropa do carallo",de John Deere



Xa comezan a chegar as primeiras imaxes para o noso concurso. Esta titúlase "Tropa do carallo", e envióunola John Deere.

23/06/10

Audiencia Provincial obrigará a Regos a pagarlle ás orquestas do 2007



E o que tiña que pasar pasou... No 2007 Regos toma o poder no Ghaliñeiro, e métese de cheo nunha guerra para a contratación de orquestras para as festas. O anterior goberno xa tiña unhas contratadas, pero a Regos, triunfal, parecíanlle pouca cousa para o seu novo reinado. A situación foi delirante, as orquestras viñeron e tiveron que dar volta sen tocar. Gastos de desprazamento, salarios, etc... As novas, contratadas por Regos, custaron 87.200 euros. Pero as vellas, non ficaron de brazos cruzados, e puxeron unha reclamación xudicial de 48.000 euros. Agora a Audiencia Provincial da Coruña dictou sentenza, e o Ghaliñeiro terá que lle pagar 48.500 euros ás orquestras por rescinsión de contrato nas Festas Patronais do ano 2007. Regos fai aduanadas, e a que paga é a veciñanza.

País de paranoia...

20/06/10

Pai, fillo e espírito santo



Un pouco de memoria histórica...

03/06/10

Co que Reghos gasta no seu regalo á “Benemérita” podería dárselle a cada ordense que estea no paro unha axuda de 2.480 euros



A Xunta acaba de publicar as cifras do paro neste rematado mes de maio (pódese consultar o documento aquí). A comarca de Ordes ten un total de 2.596 persoas no paro, e o concello de Ordes 1.057. Habería que facer as porcentaxes tendo en conta a poboación total, pero a primeira vista parece que o Ghaliñeiro presenta un dos índices máis altos do país. Os sectores máis afectados son as mulleres (hai 487 homes parados e 570 mulleres) e a mocidade. Segundo os datos que dá Galiza Nova Ordes, correspondentes a xaneiro de 2010, o Ghaliñeiro presenta un 33% máis de taxa de paro xuvenil que os outros concellos da comarca.

27/05/10

Un millón de euros fundido nun pedido de Cacique 500?



Xa rematou a enquisa na que preguntabamos aos noso lectores e lectoras polo destino do millón de euros que “desapareceu” do Ghaliñeiro. Evidentemente a xente non é parva, e só unha persoa despistada escolleu a opción de “perdeuse el só”. Máis votos tiveron as opcións “Arramplou con el a Pantoja” (opción que hoxe colleu máis forza segundo as últimas noticias) e “Foron os do BNG que o roubaron para botarlle a culpa a Reghos”, con 12 e 19 votos respectivamente. A opción favorita, e polo tanto a gañadora desta enquisa, foi a de “Fundíronos nun pedido de Cacique 500” con 49 votos (o 47% dos emitidos), seguido moi de cerca pola opción “Tenos Reghos agachados no pote”, que conseguíu 44. Este foi o resultado dos 103 votos emitidos.

18/05/10

Regos, Mirás e Liñares copan o podium da enquisa “Quen é o máis cacique da comarca de Ordes?”



Con 140 votos emitidos, a enquisa do Subcomandante Marcos da Portela deu os seguintes resultados á pregunta “Quen é o máis cacique da comarca de Ordes?” (na que estaban todos os alcaldes como candidatos):

12/05/10

Dicionario caciquil: Teodosio Martino



O “Quen é quen?” do ghaliñeiro ordense
TEODOSIO MARTINO. Martino é o gran clásico recente da política ordense. Chegado de terras españolas de Soto de Sajambre (que por certo, cos anos que leva aquí xa podía ter aprendido algo de galego...) para traballar na cámara agraria, os contactos forxados no día a día servíronlle de excelente rede clientelar para cando Concheiro o levou da man en 1987 para gañar as eleccións coa Coalición Progresista Galega. Antonio Concheiro fora o alcalde de Ordes na IIª República, famoso en todo o país por ser monárquico a ultranza, até que a Frente Popular o derrocou. Co franquismo xa instaurado, volvería a ocupar o cargo de xefe do concello, e incluso tería o dubidoso honor de recibir na nosa vila a Juan Carlos I, sucesor de Francisco Franco, e dona Sofía.

08/05/10

Regos devólvelle o favor ao seu “padriño” nomeándoo fillo predilecto



Até o momento os “Fillos Predilectos de Ordes” (“fillas” ainda non hai) son o recentemente falecido Juan José Liñares, coreógrafo de fama internacional; o triatleta Iván Raña, un dos mellores deportistas galegos da historia; Ramón Ferreiro “o Praticante”, coñecido en todo o concello pola sua xenerosidade coas clases populares; e o “Soldado Lois”, cuxa morte na Guerra Civil o franquismo instrumentalizou para convertilo en símbolo da vitoria sobre “os roxos”. Desde onte a esta lista súmase Ramón Carro.

"Desaparece" un millón de euros do concello de Ordes



No ghaliñeiro de Ordes descubriuse a existencia de gastos por valor de un millón de euros que non aparecen por ningunha parte nos Orzamentos Municipais aprobados no 2009. Dito de outra maneira, o goberno municipal gastou un millón de euros e non se sabe en que, porque non deron conta de tales gastos.

Moitas pequenas empresas da comarca vense afectadas polos impagos do goberno do ghaliñeiro; as débedas contraídas en pouco máis de un ano chegan ao millón de euros, mais a débeda todal anda polos 4 millóns. No 2009, o ghaliñeiro tivera que pedir xa un crédito por mais de un millón de euros para poder facer frente aos acredores, e este ano a cousa aínda está peor, como denuncia a oposición do BNG e PP. Mentres tanto, veña a organizar paparotas para os 87 concelleiros da comarca, e a Escola Infantil sen pagar!

07/05/10

O pasado venres 200 policías en Ordes non foron capaces de deter á Pantoja por “blanqueo” de 3,5 millóns de euros



Parece que foi Dios. Só cinco dias despois de que a Pantoja viñera afuciñar ao Campo da Feira a fiscalía anticorrupción pídelle tres anos e medio de vacacións no caldeiro por blanquear cartos. Agora se entende que o concello, con unha débeda que pasou de 2 millóns a 4 nun ano, fixera semellante gasto para meter na vila un “dispositivo de seguridade” de máis de 200 persoas entre policías, os do Betis (que do tema do blanqueo tamén che entenden) a protección civil e un posto avanzado de videovixilancia. Normal! Pois había moito delincuente solto por Ordes ese día. E tamén tivo sorte Regos, que con tanto control policial non lle fixeran soplar, porque polo que dixo na radio, parece que ia un pouco “perxudicado” polo que se pode deducir das súas declaracións á radio (escoitar no 3:05: http://www.crtvg.es/rg/acarta.asp?Mdia=5&canal=radio) e do seu espectacular e bambaleante discurso dicindo que "vamos a sair da crise todos xuntos e coa Panorama”.

Dicionario caciquil: Manuel Regos



O “Quen é quen?” do ghaliñeiro ordense


MANUEL REGOS. O actual alcalde foi o alumno aventaxado de Martino que soubo ver de lonxe por onde van os novos tempos: do perfil casposo, autoritario e cutre de Martino, pasou a un neocaciquismo de gomina e aires de demócrata; a “Transición” chegou con el a Ordes. Ex tenente de alcalde de Teodosio Martino, era a súa man dereita. Por palavras de Santiagosiete "El escándalo de los cobros anulados por el Tribunal Superior de Xustiza le salpicó de lleno, y aunque la sentencia no