08/05/10
"Desaparece" un millón de euros do concello de Ordes
No ghaliñeiro de Ordes descubriuse a existencia de gastos por valor de un millón de euros que non aparecen por ningunha parte nos Orzamentos Municipais aprobados no 2009. Dito de outra maneira, o goberno municipal gastou un millón de euros e non se sabe en que, porque non deron conta de tales gastos.
Moitas pequenas empresas da comarca vense afectadas polos impagos do goberno do ghaliñeiro; as débedas contraídas en pouco máis de un ano chegan ao millón de euros, mais a débeda todal anda polos 4 millóns. No 2009, o ghaliñeiro tivera que pedir xa un crédito por mais de un millón de euros para poder facer frente aos acredores, e este ano a cousa aínda está peor, como denuncia a oposición do BNG e PP. Mentres tanto, veña a organizar paparotas para os 87 concelleiros da comarca, e a Escola Infantil sen pagar!
O concello de Ordes é dos que máis creceu a deuda na chamada "área de Santiago". Os datos fíxoos públicos o "Ministerio de Economía y Hacienda". Indican que en Ordes a deuda pasou exactamente de 2,2 millóns de euros a 4,1 -casi o dobre-, nun só exercicio. E en Oroso mesmo o triplican! Pasando de 464.000 euros a 1,4 millóns. En Trazo, pola contra, non figura débito ningún.
Pero o conto este da deuda é unha constante histórica (só hai que tirar de hemeroteca para comprobalo), e algúns dos que agora critican estaban antes no goberno, e viceversa. O exercicio económico de 2001 pechárase cun déficit de 241.412 euros, e Martino tivera que pedir catro créditos por importe de 989.314 euros para pagar débedas. No 2004, en setembro sóubose que o ghaliñeiro tardaba unha media de 118 días en pagar aos seus acredores, e a deuda estava en 257 euros "per cápita". Dous meses despois, un informe técnico asinado no 19 de novembro cifraba a deuda a finais de outubro dese ano en 1.854.650 euros, e indicaba que "neste Concello vense incumprindo de forma reiterada o previsto na lei non somentendo nengún expediente, acto, nen documento a fiscalización algunha". En marzo de 2005, Roberto González preguntábase porque "a deuda do concello creceu desde 1999, -segundo el- de 360.000 euros a case seis millóns".
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
A fiscalia que investije, aljien lojo levounos.
ResponderEliminarEstá ben que González pregunte. Mais debera lembrar que foi concelleiro, tenente-alcalde e vicepresidente da diputación (con coche oficial e chofer) e con obvias responsabilidades de goberno ó longo dos 15 ou 20 ultimos anos.
ResponderEliminarPreguntaba cando estaba na oposición, porque agora cala carallo! Viejo zorro...
ResponderEliminarNon tendes nin idea....o millon jastouno rejos en nocilla para o fillo pequeno!!!
ResponderEliminar