28/05/10

O Subcomandante non puido estar en Cerceda co Komando Kabuxa




O sábado pasado camaradas da Cochikeira, do Komando Kabuxa, chamáronnos para ir xunto eles ler o manifesto do XVII Festival de Cerceda. Garantíanos o anonimato e non poñerían trabas á nosa clandestinidade, permitíndonos lanzar unha arenga anticaciquil. Por desgraza vimos a súa invitación tarde e non puidemos acompañalos. Aproveitamos agora para agradecerlle en público o seu apoio á causa anticaciquil, e reproducimos o manifesto que leron, no que se fai mención ao Subcomandante Marcos da Portela.

¡Irmáns! ¡irmáns gallegos!
¡Dende Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!

Adiante o Komando Kabuxa!
Adiante o Subcomandante Marcos da Portela!
Que treman os caciques!

Comunicado lido polo Komando Kabuxa no XVII Festival de Cerceda

Vitoria, CAMARADAS!!!
O Komando Kabuxa conseguiu o seu obxectivo! !
Hoxe todos os recunchos de Cerceda estiveron libres da SGAE!!!
A cultura libre triunfou!!!!
Pero isto non é unha batalla só de hoxe, a Asociación Cultural Lucerna leva anos loitando contra a censura e contra todo aquel que intenta lucrarse coa xestión dos bens creativos alleos.
Berremos todos! CULTURA LIBRE! (bis)
Deixemos de ser o rabaño!
(beeee)

Cómpre harmonizar o vello dereito individual de autor co dereito de todos á cultura.
A industria de contidos debe asumir que os modelos de negocio que non poidan competir no novo escenario tecnolóxico no que se desenvolve a creación cultural teñen que desaparecer!! Non poden sosterse artificialmente a costa de restrinxir as liberdades civís!
E menos aínda instaurar privilexios coma o cánon porque non só é insolidario senón que é profundamente inmoral!

E FÓRA OS LADRÓNS DA NOSA TERRA!!
-Pois mira que aquí aínda hai ben deles...
- Que dis, ho?
Que si, ho! Que a min contoumo o Subcomandante Marcos da Portela. [son de móbil] [mira o móbil] Espera que me acaba de cheghar unha mensaxe ao móbil.... [le] Camaradas do Komando Kabuxa, estou sorprendido co voso traballo a prol da cultura libre e sen censura! Atópome entre o público, e gustaría de participar con vós nesta liberación.
O Subcomandante Marcos da Portela está entre nós! Así que cedésmolle este altofalante para que poida expresarse libremente!
(presenta ao subcomandante Marcos da Portela)
Cédeselle a palabra!
CONTRA OS CACIQUES E POLA CULTURA LIBRE!
(AGRADECEMENTOS SUBCOMANDANTE)
Porque o Komando Kabuxa, así coma o Subcomandante Marcos, estamos fartos de que o pobo sexa enganado! Por fin a Cochikeira esperta do pesadelo que a oprimía grazas á cultura libre e sen censura!
Estamos fartos de ser coñecidos coma o pobo da merda!
Cheira ben, cheira ben...

Estamos fartos de que os fumes que saen da central térmica contaminen toda Galiza! Pero tranquilos! O espírito das Encrobas segue vivo!!! Daquela rebelámonos contra os que nos querían quitar as nosas terras, erguemos as nosas fouces e paraugas! Hoxe levantamos as nosas novas armas: o micro e o cedé regrabable!!
(aderádeos!!)

Con elas farémoslles fronte a todos os que lle queiran poñer cotas aos creadores, aos músicos, aos escritores, aos cineastas, aos fotógrafos, aos que traballan na arañeira, aos que teñen algo que dicir e non queren cancelas!!!!!
Con estas armas tamén defenderemos aos bares, ás perruquerías e a todas aquelas persoas que son atacadas por difundir pezas ou produtos culturais.
Porque non só queremos ser coñecidos por ter o único parque acuático do país. O verdadeiro orgullo dos cochikeiros e das cochikeiras é o de pertencer a un concello que destaca no rock, no hip-hop, no metal... SOMOS UNHA POTENCIA MUSICAL! Velaí Átomo, Atlantic, Cobra, Mordor, Desertores do Arado, Naser, Zenzar, Richi Martir, Osiris, Sangrilá, Presencia Zero, Sensacha, Machina, Gendebeat!
SI, SOMOS POTENCIA! LEVANTADE TODOS OS VOSOS JARRILLOS! UN BRINDE POLA CULTURA LIBRE E SEN CENSURA!
ESPERTA COCHIKEIRA!!!

5 comentários:

  1. Esperta Cochikeira!!!! E que treman os caciques!!!

    ResponderEliminar
  2. Pois na comarca gobernan un fato deles!!!!!!!!!
    hai que botalos!

    ResponderEliminar
  3. Regos,Liñares...cales máis? sinaladenos que imos darlles leña

    ResponderEliminar
  4. Será por caciques Chio! Eu creio que podes tapar os olhos e lançar pedras que seguro que lhe dás a um ou dous sem problema.

    Unide-vos Subcomandante Marcos da Portela e Komando Kabuxa!!

    ResponderEliminar
  5. Eu non digho nada pero creo que levamos anos vivindo nun universo paralelo http://www.flickr.com/photos/50863053@N07/4676462414/
    http://terrasdomorrazo.blogspot.com/

    ResponderEliminar