25/05/10

Quen está detrás de Ordessiete?



O referente da información local de Ordes na rede seguramente sexa o blog Ordessiete, cuxos responsables nos ameazaron “sutilmente”. Pero... Quen está realmente detrás deste blog, supostamente de información imparcial e apartidaria? Ultradereitistas educados nas universidades católicas dos Legionarios de Cristo, aspirantes a líderes do PP galego, sionistas partidarios do xenocidio de Palestina, xefes das Juventudes da Conferencia Episcopal Española e futuros xefes da patronal galega circulan polos postos de mando deste medio de “comunicación” ao que pasamos revista nesta ampla reportaxe.

PEDRO MOURIÑO UZAL. Presidente e Conselleiro Delegado de Mediasiete. É da Lavacolla e é cabaleiro da “Orden del Camino de Santiago”, creada en 1170 para atacar os musulmáns. Aos 16 anos meteuse nas Nuevas Generaciones do PP, iniciando a súa carreira na dereita española. En agosto de 2003 sae elexido en Croacia vicepresidente das Xuventudes Europeas do Partido Popular, declarando –modestia aparte– que a “vitoria”: “Más que mía, la considero una gran victoria de España”. Recordaba tamén que desa organización xa “ha salido más de un primer ministro. Es una escuela de dirigente a nivel europeo”.

O autodenominado dirixente europeo foi acougado polo corrosivo Manuel Fraga, quen lle dixo que o seu cargo “ten moito mérito para un tío da Lavacolla”. Mouriño víase como un líder non recoñecido en Santiago, e comezou o ataque. En 2008 prepara o asalto ao PP de de Santiago, e preséntase á súa presidencia como terceira vía entre Conde Roa, a oficialista, e a “pilladista” de Carlos Pillado, autodeminándose “cívico-renovador”. A campaña “foi a saco”, chegando a dicir que “sería un retroceso” Conde Roa seguise de xefe do PP de Santiago.

É tamén socio da AGAI, Asociación Galega de Amizade con Israel, que xustifica o xenocidio palestino e apoia as políticas sionistas, continuando así a súa “cruzada” como cabaleiro da “Orden del Camino de Santiago”. No seu Facebook ten varias fotos das suas reunións con personaxes famosos da dereita española: Manuel Fraga, Esperanza Aguirre, e destaca unha con nada máis e nada menos que con Benjamin Netanyahu nunha reunión en Xerusalén. Actual primeiro ministro de Israel, forma goberno coa dereita e cos ultraortodoxos; militante do partido ultraconservador Likud, calificou a Sharon de “pacifista” (sic) como se fose un insulto.

Nas súas relacións internacionais coa extrema dereita, asinou un manifesto impulsado pola FAES do PP chamado “Por la libertad de los presos de conciencia en Cuba” (defendendo o que aquí se entende por colaboradores cos servizos secretos de países estranxeiros, o que é penado como alta traición) promovido pola “Internacional Reaccionaria”: José María Aznar, promotor da guerra de Irak, Mario Vargas Llosa, Madeleine Albright (representante das Nacións Unidas que realizou as famosas declaracións de que a morte de 500.000 nenos iraquís “foi unha elección difícil, pero si valeu a pena pagar ese prezo”; principal teórica do imperialismo durante a presidencia de Bill Clinton,, o golpista Aywin, Violeta Barrio de Chamorro, presidenta de Nicaragua co apoio dos Estados Unidos e a “contra”, que sustraeu millóns de dólares das arcas do Estado); Núñez Martín, principal accionista da trama empresarial Hyzanami & SGSI Group 2007 S.L ; Enrique Krauze e Luis Alberto Lacalle.

Aparte destas compañías con golpistas de medio mundo, Mouriño Uzal tamén é conselleiro e vicepresidente da empresa ESPPOR OGIC SL, que se viu envolta nunha trama no concello de Ferrol, onde no pasado agosto o pleno rescatava a concesión do párking do mercado da Magdalena por incumprir o contrato. En maio de 2008 abrían o proceso para recuperar a xestión das instalacións, pois constatárase que a empresa Sofranda cederalle de forma encuberta o contrato á empresa de Mouriño Uzal, sen autorización do concello de Ferrol, ao tempo que se negaban a ser investigados nunha auditoría do Consello Consultivo de Galicia.

Os do seu propio partido acusan a Mouriño de facer un uso partidista de Santiagosiete, á vez que tamén ataca aos membros da corporación do PP de Santiago (os que non son da súa corrente, claro), o que lle valeu o apodo de “Dr Jekyll e Mr Hyde”.

RENATO ALBERTO LANDEIRA. Director de Santiagosiete e Ordessiete, e Conselleiro de Mediasiete. O aspirante a monopolizar a información política de Ordes estudou dereito na Universidade Francisco de Victoria: universidade privada española ultracatólica, administrada pola secta Legionarios de Cristo, cuxo fundador, Marcial Maciel, foi apartado da igrexa por acusacións por abuso sexual contra nenos. Desta universidade sairon os principais líderes reaccionarios de España: Ángel Acebes e José Mª Michavila, ex ministros de Aznar, Ana Botella, a familia Oriol vinculada a Iberdrola e á Legión, e o principal protagonista do caso Gürtel, Francisco Camps. Posteriormente ingresa na Universidade Pontificia de Comillas, xestionada pola Compañía de Jesús, onde realizou un Máster en Propiedade Intelectual, que lle servíu, por exemplo, para levar a diante unha demanda coa monxa cantautora Hermana Glenda que pide 2 millóns en dereitos de autora.

No Facebook atopamos unha foto súa con Feijoo, na que Pedro Mouriño, do que falamos anteriormente, deixa caer o seguinte comentario no 11 de febreiro do ano pasado: “¿ Podría ser Renato Landeira el nuevo " Pérez Varela" de Nuñez (sic) Feijoo.. ?.” Aspiraba acaso Landeira a ser o conselleiro de cultura de Feijoo? No seguinte comentario, Jose Luís Vilanova (vicepresidente de Mediasiete) indicaba “Seria (sic) un acierto...saludos!”. O lobby de Santiagosiete traballaba arreo dándose autobombo.

Varios lectores enviáronnos correos advertindo que as enquisas de Ordessiete eran a miudo manipuladas, e na rede tamén se rumorea que outro tanto pasa coas de Santiagosiete. Neste blog tamén encontramos duras críticas á súa falta de profesionalidade como xornalista.

JOSE LUIS VILANOVA GARCÍA, vicepresidente de Mediasiete Publicaciones S. A. É o presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra. Nunha entrevista no Faro de Vigo deixaba ben ás claras as súas ideas políticas: “actualmente se está pensionando a mucha gente, demasiada”, ou “Yo creo que un sistema privatizado de seguridad social encaja mejor: produce mayor libertad individual para manejar sus vidas, más seguridad en el futuro y reduce tensiones entre generaciones. Y hay diferentes productos para esa privatización, desde planes de pensiones a mutualidades de previsión y con ello se podrían generar más puestos de trabajo. Nosotros no queremos dejar de pagar cuotas, pero es preferible suscribir pólizas privadas, se trata de abaratar.”, e aínda se quixa de que “Hay empresarios que tienen cientos de empleados, pagan millones a la seguridad social, y al hablar de solidaridad hay que pensar en ellos también. Si esas personas pagan lo que pagan, algún tipo de trato preferencial habrán de tener en servicios. Hay mucha gente que aporta más que nadie y en cambio a la hora de recibir recibe mucho menos, bastante menos incluso en el trato.” Noutra reportaxe do Diario de Pontevedra, falando da venta dos zapatos Manolos contaba: «Algunas jóvenes llegan a la tienda de Madrid y con lágrimas en los ojos te dicen que o van a estudiar mucho o se van a poner a trabajar para poder llevar unos ‘Manolos’. Esto, la verdad es que entristece...».

VÍCTOR CORTIZO RODRÍGUEZ, foi Vicepresidente de Mediasiete Publicaciones S. A e actualmente é Conselleiro. Natural de Santiago de Compostela, ten 42 anos e está casado con fillos. Licenciado en Dereito e diplomado en Criminoloxía, desde 1997 foi director do secretariado do "Departamento de Juventud de la Comisión Episcopal de Apostolado Seglar", e desde 1999 coordinou os contidos de Cadena 100 da COPE. No 2003 foi docente no "Máster en Pastoral Juvenil y Catequética 2003-2005" impartido nos Salesianos de Sevilla; neses momentos era Subdirector do Departamento de Pastoral de Juventud de la Conferencia Episcopal Española, coordinador de contidos de Cadena 100 da COPE, e director do departamento de Internet da COPE. En Abril de 2004 recibe a Cruz de Oficial da Orden de Isabel la Católica polos seus servizos como responsable de Juventude (neses momentos tiña 36 anos...) da Conferencia Episcopal Española (CEE) durante a visita do Papa Juan Pablo II a España en 2003. Nunha entrevista declarou que a relixión debe chegar á xuventude estando "en las últimas tendencia culturales para trabajar en clave netamente misionera".

Na rede dedícase tamén ao ciberactivismo, defendendo por exemplo a Munilla, bispo de San Sebastián coa disconformidade do 77% dos sacerdotes guipuscuanos, e que declarou aquilo de que “Hay males peores que lo de Haitía, como nuestra situación espiritual”. Munilla tamén se viu envolto nunha polémica cando no seu ordenador se encontraron “fichas” de curas non afíns ás súas ideas.

ANITA LEIRVIK, conselleira de Mediasiete. Esta politóloga norueguesa é militante do partido Hoyre, palabra que signigica dereita, o equivalente alí ao PP. Nunha entrevista a La Voz declaraba que é de dereitas e liberal, “como debe ser” e sinalaba que “soy partidaria de privatizar más”, recoñecendo a Margaret Tatcher como “uno de mis referentes históricos”. Esta relacionada tamén coa empresa MCA Fusiones & Adquisiciones

SANTIAGO MARINO GONZÁLEZ, ex conselleiro de Mediasiete. Naceu nas Neves en 1976, licenciándose en dereito na USC. En Abril de 2010 é elexido presidente da AJEGA, Asociación de Jóvenes Empresarios y Emprendedores de Galicia, que é “una institución sin ánimo de lucro y multisectorial que tiene como uno de sus objetivos principales el defender los intereses de los empresarios y emprendedores gallegos, con una especial atención a los jóvenes". Asesorou investimentos de até 10 millóns de euros. É o director do Centro de Negocios Ágora Magna en Vigo, administra tamén varias empresas.

JOSÉ LUIS FERRÍN JEREMÍAS, conselleiro de Mediasiete. Director de oficina en caixa de aforros. Estudou tamén na universidade católica Pontificia de Comillas.

E até temos información de xuízos por insultos a Félix Míguez Baliñas, maquetador e deseñador gráfico de Santiagosiete, que se encontraba en paradoiro descoñecido no momento do xuízo (mais información aquí e aquí)

Cremos que con esta información rastreada simplemente por Internet, podemos facernos unha idea de que tipo de “información” suministrarán medios como Santiagosiete ou Ordessiete, e que intereses se defenderán desde eles...

14 comentários:

  1. Que noxo. O PP e un partido onde a xente se mete para obter cartos do modo mais misero, non para representar aos votantes. E para conseguir os votos, nada mellor que ir metendo informacion manipulada en medios de comunicacion para "amnesiarnos" a todos nos. Pois que lles dean.

    ResponderEliminar
  2. Aí subcomandante, cun par

    ResponderEliminar
  3. Parabéns, moi bo traballo.

    ResponderEliminar
  4. Espectácular... parabéns e moita forza compañeiros!!!

    ResponderEliminar
  5. Este pandeiro que toco
    por moito que repenique
    non teñas medo que rache
    que é de coiro de cacique.

    Uah lalalalalailala

    Si me deran a escoller
    eu non sei qué escollería
    mata- lo porco de noite
    mata- lo porco de día.

    Uah lalalalalailala

    Viva A Cruña, viva Lugo,
    viva Ourense e Pontevedra
    e que vaian pro carallo
    os ladrós da nosa terra.

    Uah lalalalalailala

    Para peixe fresco Vigo
    para chocos Redondela
    para camaróns Moaña
    pra caciques Pontevedra.

    Uah lalalalalailala

    Cando me falan de España
    sempre teño unha disputa.
    Se España é miña nai
    eu son un fillo de puta.

    ResponderEliminar
  6. carallo. quen o diria.. jiji :-) pois pa ser tan estudiados tampouco o bloge e tanta cousa.

    ResponderEliminar
  7. Que continue a tua tarefa verdadeiramente informativa!

    ResponderEliminar
  8. si deras a cara eu tamen falaría de tí e seguramente tamen da tua obxetividade

    ResponderEliminar
  9. Ea ea ea! Landeira se cabrea!

    P.D.: E a ver se aprender a colocar ben os acentos oh... Como carallo podes ser xornalista e ter 6 faltas de ortografía nunha soa frase??

    ResponderEliminar
  10. Ao comentário "Anónimo" do 28 de Maio: e logo necessitas saber quem escreve algo para saber se é objectivo? Que um texto seja objectivo ou nom dependerá do seu conteúdo nom?

    ResponderEliminar
  11. "Anónimo disse...

    si deras a cara eu tamen falaría de tí e seguramente tamen da tua obxetividade "

    Hombre Landera, que un anónimo hable de "dar la cara", tiene su aquel no?

    ResponderEliminar
  12. moi bo traballo de investigación!
    parabéns!
    P.D.: que noxo de PP!

    ResponderEliminar
  13. EI SODES A OSTIA MEUS, QUE MANEIRA DE METER CANHA...ADIANTE "TIO MARCO DA PORTELA".

    ResponderEliminar