29/06/10
Corrupción en Montaos
Un correo de un lector ou lectora anónima púxonos en coñecemento un sangrante caso de corrupción que ocupara os xornais no pasado mes de marzo. Agora, gracias a este correo, sabemos que a principal líder na cacicada, Mª del Rosario García Villadangos, é veciña do Ghaliñeiro! Vive nunha casa de pedra ao lado do Bar A Curva en Santa Cruz, e relacionase moi ben coa jet set ghaliñense.
23/06/10
Audiencia Provincial obrigará a Regos a pagarlle ás orquestas do 2007
E o que tiña que pasar pasou... No 2007 Regos toma o poder no Ghaliñeiro, e métese de cheo nunha guerra para a contratación de orquestras para as festas. O anterior goberno xa tiña unhas contratadas, pero a Regos, triunfal, parecíanlle pouca cousa para o seu novo reinado. A situación foi delirante, as orquestras viñeron e tiveron que dar volta sen tocar. Gastos de desprazamento, salarios, etc... As novas, contratadas por Regos, custaron 87.200 euros. Pero as vellas, non ficaron de brazos cruzados, e puxeron unha reclamación xudicial de 48.000 euros. Agora a Audiencia Provincial da Coruña dictou sentenza, e o Ghaliñeiro terá que lle pagar 48.500 euros ás orquestras por rescinsión de contrato nas Festas Patronais do ano 2007. Regos fai aduanadas, e a que paga é a veciñanza.
País de paranoia...
22/06/10
Empresas da Cochikeira cobran 3 millóns en axudas por xerar 97 empregos que non existen
Segue mal o choio para os auxiliares do carbón en Cerceda. O programa de recolocación para os afectados polo peche da mina tería que crear 97 empregos antes de setembro, e van mal, pois aínda non se colocou a ninguén. O grave é que 9 empresas están a cobrar durante este ano máis de 3 millóns de euros en subvencións para crear 97 postos de traballo -42 deles para os afectados polo peche da mina-, que non se ven por ningunha parte.
20/06/10
18/06/10
1ª Declaración do Subcomandante Marcos da Portela
Hoxe dicimos basta!
Ao pobo de Ordes:
Irmá(n)s ordenses:
Os partidos políticos teñen un periódico que os defenda, qu’esparexa as ideas que sosteñen, que laude os seus homes ilustres e que alente á todos a manter os ideales consinados n’o seu credo. Nosoutros, gracias sean dadas a vosté, podémonos gabar de ter tamén n-o mundo d’o periodismo un periódico que fala como nosoutros falamos, que sinte o que nós sentimos e que adiviña os nosos pensamentos. O Tio Marcos d’a Portela, nº75, 1885.
16/06/10
15/06/10
14/06/10
Entrevista a Gonzalo Castro para aclarar os puntos oscuros do "asunto Carrumeiro"
En vista da polémica que está a rebrotar na rede polo asunto de Carrumeiro Media SL, pensamos que o mellor é ofrecerlle unha entrevista a Gonzalo Castro na que poda botar luz sobre os puntos oscuros deste asunto, para deixar as cousas aclaradas. A entrevista é a que sigue, e xa lle foi enviada. Agardamos a resposta.
13/06/10
Nacionalismo e localismo no Ghaliñeiro: dúas ideas pouco claras
Ordes é a terra onde todo pode ser posible. Conceptos como os de nacionalismo e localismo toman vida propia nas terras de Ordes. Os históricos do PP pasan a defender a identidade nacional galega, concelleiros do BNG pasan a gobernar con ex do PP (que agora volven a estar no PP), o alcalde (ex do PP) defende con visión nacional a promoción na Festa do Champiñón dun produto que non se dá en Ordes, “pero que desta vez é galego”; mentres o BNG lle dá perspectiva localista ao vertedoiro de SOGAMA: que antes estaba en Cerceda e non molestaba, pero que agora entra dentro dos límites da nosa nación-Ordes aos que se parece reducir o seu nacionalismo. Non sabemos se Pedreira votará no congreso do seu partido a favor de definir Galiza como nación, pero as Nuevas Generaciones do PP de Oroso xa din que son “galeguistas”. Ver para crer! pasen e vexan, o circo nacional-popular localista do Ghaliñeiro!!
Etiquetas:
bng,
galiza nova,
localismo,
nacionalismo,
ordes,
pp,
psoe,
tega,
uxo
12/06/10
Resposta do Subcomandante Marcos da Portela a Gonzalo Castro
Comentamos punto por punto a resposta de Gonzalo Castro ao noso blog.
Resposta de Gonzalo Castro ao artigo: "Gonzalo Henrique Castro e o escándalo de Carrumeiro Media SL"
Reproducimos o seguinte comunicado de Gonzalo Castro que nos enviou aclarando a cuestión do asunto Carrumeiro:
10/06/10
Gonzalo Henrique Castro e o escándalo de Carrumeiro Media SL
Gonzalo-Henrique Castro Prado, actual cabeza do BNG de Ordes, forma parte dunha nova xeración de cuadros da UPG, que saben combinar o marxismo-leninismo co BMW, a garabata e as gafas de pasta. Durante o goberno do bipartito viuse envolto nun escándalo económico que lle deixará moi difícil limpar a súa reputación moral. O cheiro da empresa Carrumeiro Media SL comezou a ser patente a través dunhas reportaxes no periódico Novas da Galiza, pero a castaña explotou realmente cando tempo despois El País se fixo eco da información. Nestes momentos, a cantidade de información sobre o tema é tan inxente, que nos limitaremos a dar un pequeno resumo, e deixar a disposición das persoas que queiran ampliar información unha longa lista de ligazóns.
08/06/10
Roberto González Santos patriota galego?
Segundo os principios ideolóxicos do partido de Roberto González -concelleiro do Ghaliñeiro do chiringuito mais suculento: urbanismo-, Terra Galega, este debería, entre outras cousas: “potenciar a identidade nacional de Galicia, definindo noso país como unha comunidade diferenciada que defenda os nosos intereses históricos, culturais, lingüísticos, económicos en pé de igualdade e equilibrio con outros pobos do Estado español, de Europa e do mundo”. Actúa o señor González como nacionalista galego, tal e como indican os principios do seu partido? Ou son unha mentira?
06/06/10
As pistas da parcelaria de Ordes foron feitas con area tóxica de SOGAMA extraída ilegalmente
O tema xa foi noticia o ano pasado, pero non levantou nen de certa a indignación que debería, e de feito é unha trama pouco coñecida. A empresa pública Tragsa sacou area de forma ilícita do vertedoiro que SOGAMA ten na areosa, ilegalidade denunciada pola Asociación Galega de Áridos (AGA).
Resultados da última enquisa e irregularidades
Temos xa os resultados da última enquisa, na que preguntabamos “Como se podería solucionar o problema do caciquismo en Ordes”. A opción vencedora foi “Que sexa o BNG quen tome o poder” (71 votos, o 41%), a segunda “Que o PP, que agora está na oposición, volva ao poder” (53 votos, o 30%). De todas maneiras, mais de 1 de cada 4 (48 votos, 27%) persoas que len o Subcomandante apostan por solucións que van máis alá dun partido ou outro, e prefiren “Instaurar un sistema de democracia directa, como as asembleas de parroquia”, ao que hai que xuntar 19 votos (10%) que apoian a tradicional demanda de que as listas electorais sexan abertas e os concelleiros revogables. Finalmente houbo tamén un anecdótico voto que apostaba pola continuidade do actual goberno com solución contra o caciquismo.
04/06/10
OVIGA SL ocupa terrenos e arrasa con balados e marcos no Castro coa complicidade do Ghaliñeiro
Un rogo lido no último pleno municipal polo BNG daba conta da protesta de viciños da rúa do Castro pola actuación da empresa Obras y Viales de Galicia (OVIGA SL). Esta, sen previo aviso, nen petición de permiso nen anda, entrou ocupou no pasado 5 de maio coa súa maquinaria terrenos de propiedade prividada dos viciños da zona, entre a rúa do Paraíso e o lugar do Castro, acheando o camiño.
03/06/10
Pedro Mouriño e a súa islamofobia
Co que Reghos gasta no seu regalo á “Benemérita” podería dárselle a cada ordense que estea no paro unha axuda de 2.480 euros
A Xunta acaba de publicar as cifras do paro neste rematado mes de maio (pódese consultar o documento aquí). A comarca de Ordes ten un total de 2.596 persoas no paro, e o concello de Ordes 1.057. Habería que facer as porcentaxes tendo en conta a poboación total, pero a primeira vista parece que o Ghaliñeiro presenta un dos índices máis altos do país. Os sectores máis afectados son as mulleres (hai 487 homes parados e 570 mulleres) e a mocidade. Segundo os datos que dá Galiza Nova Ordes, correspondentes a xaneiro de 2010, o Ghaliñeiro presenta un 33% máis de taxa de paro xuvenil que os outros concellos da comarca.
02/06/10
Ordessiete equivócase presumindo de ser o "líder absoluto da información local"
Danos incluso un pouco de vergoña allea escribir o que vamos escribir aquí, pero é que nolo puxeron moi a tiro. Falamos do último post triunfal do blog “oficialista” da información local en Ordes, que non é outro que Ordessiete. O post titúlase “Ordessiete cierra mayo como el segundo mes más leído de su historia”, con o autobombístico subtítulo de “Líderes absolutos en información local on line”.
01/06/10
Que opinará Pedro Mouriño, editor de Ordessiete, de que seu amigo Benjamin Netanyahu ataque barcos con axuda humanitaria?
(Foto: Pedro Mouriño con Netanyahu, primeiro ministro de Israel. Sacada do seu Facebook)
Mais razóns para non ler Ordessiete...
Como xa contamos noutra reportaxe, o editor de Ordessiete e Santiagosiete, Pedro Mouriño Uzal, é un destacado socio da AGAI, Asociación Galega de Amizade con Israel, que acaba de sacar un bochornoso comunicado xustificando que na madrugada de onte o Exército Israelí atacase dous barcos humanitarios da chamada “Frota da Liberdade”. Confirmáronse xa 10 mortos e 30 feridos, aínda que as cifras poden aumentar.
Subscrever:
Mensagens (Atom)