27/10/10

2ª Declaración do Subcomandante Marcos da Portela



Hoxe dicimos: ¡Non nos rendiremos!
Ao pobo de Ordes:
Irmá(n)s ordenses:



O Subcomandante Marcos da Portela, en pé de guerra contra o mal goberno desde o 7 de maio de 2010, diríxese a vostedes para dar a coñecer o seu pensamento:

O silencio destes días merece unha explicación, e aí vai. A primeira razón é o agotamento e cansazo acumulado: nos últimos tempos era imposible facer deste blog un lugar de debate minimamente serio, e como xa lle ten acontecido a outras páxinas web interesantes en Ordes, acaba tomada polos trolls habituais. Coincidiron varios ataques sucesivos contra o Subcomandante -manipulación no post sobre o tema do SLG, denuncia no Facebook, etc- e, por varias razóns (persoais e laborais), non lle pudemos dar a resposta merecida, optando por unha retirada preventiva para recompoñermonos na retagarda. Comentamos varios puntos:

1.- Ao principio apostamos porque este fose un espazo de debate aberto totalmente, sen ningún tipo de restricción. Agora pensamos que polo ben do blog xa non pode ser así, e non se pode deixarllo tan fácil a quen só quere intoxicar e destruir lonxe de debatir. Para iso vamos eliminar o chat: temos acceso ás IPs dos comentarios do chat e día tras día víamos como se repetía o espectáculo lamentable dun número reducidísimo de persoas rebentando o chat, facendo cousas tan patéticas como escribir cun nick (digamos que "X") unha opinión e dicir cun nick distinto "oh, canta razón tes "X").

Como xa dixeramos, na penúltima enquisa detectamos manipulacións, que na última se multiplicaron ao máximo. Para colmo aínda fomos acusados de manipulalas, polo que cortamos de raiz o problema e eliminamos as enquisas ata que non coñezamos algun outro servizo de enquisas máis fiable. Só dicir que é bastante "cantoso" manipular unha enquisa ata que chegue aos 1701 votos, e ter coa mesma porcentaxe -aproximadamente- de votos a maioría de opcións menos dúas... Asiatodo, hai que saber facer a trampa tamén e non quedar co cu ao aire...

2.- Sobre o post do 2/10/2010, "Por que a UPG de Ordes critica tanto ao Sindicato Labrego Galego?" temos que dicir que fomos malinterpretados a mala fe, pecando por outra parte de dar por sabidas cousas que fora do mundo próximo ao BNG igual non se coñecen. Cando apareceu o comentario dunha suposta (en ningún momento se identificou, nen nos enviou un correo formal, pero vamos facer como que realmente o sexa) integrante do Consello Comarcal do SLG en Ordes decidimos eliminar o post temporalmente porque, a verdade, xa non nos quedaban forzas para desmentir parte das acusacións que nos facían. Vamos agora con iso, parte por parte:

"Boas tardes. Avisaronme do que estaba pasando neste blog e depois de ver a gravedade da situación decidín escribir, ainda que non estou moi a favor de participar neste tipo de entroidos.
Teño que decir que son afiliada das Comisións Labregas e formo parte do seu Consello Comarcal en Ordes, e creo que falo en nome de todos os afiliados do SLG-CCLL da comarca de Ordes cando digo o seguinte:
Non sei que pretenden os deste blog escribindo o que escriben, non me importan as motivacións políticas destas persoas, que, por outra parte, son máis que evidentes, pero o que non podo aceitar é que para atacar e desgastar ao BNG de Ordes utilicen ás Comisións Labregas como arma arroxadiza, primeiro porque non teñen ningunha lexitimidade e, segundo, porque as Comisións Labregas están por riba deste tipo de loitas políticas."

A orixe do noso post seguramente fora unha arroutada, non dicimos que non, pero estivo motivada, precisamente, pola rabia de ver os comentarios do post anterior sobre a folga do 29-S (http://marcosdaportela.blogspot.com/2010/09/manifestacion-en-ordes-pola-folga-xeral.html#comments) nos que se criticaba inxustamente o SLG, e parecía que simpatizantes do BNG de Ordes defendían "as manifestacións de verdade" contra a do SLG (que debe ser de "mentira"), mesmo empregando descalificacións de todo tipo: "E porque o SLG vai fai unha manifestación só cando todos os demáis (tamén os outros sindicatos agrarios), fan unha manifestación conxunta? Nin sequera nisto se pon de acordo o SLG cos demáis? Pois van quedar bastante sozinhos." ou empregando insultos: "Como lles gusta os esbirros de lidia superstar facerse notar:fodendo ó país.A ver cando chegan a unha explotación con problemas sin ter que ir erguelos da puta silla."

Igual debéramos tragar a rabia esa, pero botámola fora, se ben os autores dos comentarios despectivos contra o SLG non se identificaron, parecía que eran simpatizantes do BNG-UPG de Ordes, e entón vimos a oportunidade perfecta para explicar algunha cousiña. Como pecamos de impulsivos quizais, vamos explicar aquí ben o que queríamos dicir:

a) Para a xente que non o saiba, o SLG foi o sindicato nacionalista máis duro e crítico contra a xestión do bipartito. Mentres outros facían oídos xordos das cacicadas do BNG, o SLG deu sempre a cara pola súa xente. Evidentemente nisto tiña que ver que o SLG non está controlado pola UPG, que, pola contra, controlaba Medio Rural, ocasionando enfrentamentos e roces. Parece que algúns pensaban que por estar no poder o SLG ia venderse e calar porque as cacicadas non foran feitas polo PP senón "polos seus". Ante o problema de non ter o control do SLG, a UPG fai o que fixo toda a vida nesas situacións: abandonar o barco e montar outro chiringuito, a FRUGA (Federación Rural Galega), da que se falaba nos comentarios. Ata aquí o contexto global.

b) Agora vamos ao local, Ramiro Recouso e Gonzalo Castro. No centro do furacán dos enfrentamentos entre SLG e Medio Rural controlada pola UPG estaba Alberte Souto Souto, secretario xeral da Consellería de Medio Rural. Que ten que ver este home co BNG-UPG de Ordes? Pois que está no centro do eixo dos affaires de Ramiro cos Centros Comarcais e Gonzalo con Carrumeiro. E aquí facemos copia/pega do que xa dixemos:
No asunto dos Centros Comarcais, que tratamos neste post para o que remitimos ao lector ou lectora interesada, Alberte Souto, exercendo xa como secretario xeral de Medio Rural, é quen dá trato de favor a Cristín SL, nunha operación que privilexiava á compañía, permitíndolle escoller com liberade as contratacións nos Centros Sociais, manobra que foi denunciada (e posteriormente aborta) grazas á labor sindical da CIG, ese mesmo sindicato que intentan enfrentar ao SLG. As relacións de Ramiro Recouso com Alberte Souto virian de cando a súa ex-compañeiroa Susana Grille Negreira compartía traballo con Souto na Sede Nacional do BNG en Santiago. Aasí foi que Viaxes Cristín multiplicou por dez súa facturacións desde 2004 co bipartito no poder, pois era a empresa que compraba todos os billetes de avión para as viaxes do BNG. No asunto de Carrumeiro SL, tamén largamente tratada neste blog (véxase aquí), Alberte Souto ten un papel central: non obstante foi Alberte Souto un dos fundadores de Carrumeiro, xunto com Xoán Manuel Bazarra e Alberte Ansede, nun piso ao lado da sede do BNG. Cando estas persoas sairon da directiva para entrar no goberno, e evitar incompatibilidades, herdaron a dirección Gonzalo Henrique Castro Pardo, cabeza de lista do BNG en Ordes, e Alexo Vilas e Artur Manuel Benito.

c) Autocrítica: deixamos levarnos pola rabia, de facer o post coa cabeza máis fría poderíamos ter evitado algún malentendido. Poidemos ter explicado mellor a colisión UPG-SLG para quen non estivese familiarizado co tema, e evitar que se entendese como unha colisión entre Ramiro Recouso e Gonzalo Castro co SLG local, porque como xa vimos a cousa ten outras dimensións. Certa torpeza facilitou que os trolls botasen unha cortina de fume sobre cousas tan sangrantes como que Viaxe Cristín non fixese folga. Pedimos disculpas polas molestias que pudéramos ocasionar á xente de boa fe.

3.- Sobre o tema do noso anonimato non imos dicir nada novo porque xa está todo explicado. Aínda que non podemos desmentir todas as burradas que se digan porque sería infinito, si que nos interesa insistir nisto: non somos de NINGÚN partido político, nin PSOE, nin BNG, nin Converxencia XXI, nin ningún outro. Non o imos repetir. Un por un fómoslle criticando a cada un as súas cacicadas; a Converxencia XXI non, claro, porque aínda nin se sabe se se presentará en Ordes, e como podedes supoñer non temos "material"... Seguindo a lóxica delirante que se está a impoñer neste blog, semella que se o día de mañá hai 300 post contra BNG, PSOE, TEGA e UxO, e só 299 contra PP han de nos dicir que somos do PP...

4.- Esperábamos os ataques da dereita rancia e caciquil, dos "progres" disfrazados, e ata estábamos seguros que habería quen se ofendese porque rompíamos o seu monopolio da crítica. Era visto, que mentres que parecésemos defender os intereses dun partido éste nos ia tratar ben, para convertirse no noso principal "inimigo" cando vise que non se poderían apropiar do noso traballo: é o que fan sempre. Pero a cousa xa está a pasar de lamentable: os mesmos que no seu día nos brindaban o seu apoio incondicional cando Ordessiete nos ameaza con denunciarnos, agora parecen convertirse en denunciantes cando o obxecto da crítica son eles. Igual querían comprar a súa inmunidade... Mal van. O anonimato é só un instrumento para nós, non un tesouro a protexer. Xa o anunciamos aquí, publicamente, denunciade o que queirades, investigade, contratade hackers... Se nos descubrides non pensedes que nos avergoñaremos: quedaremos orgullosos polo camiño percorrido! E aínda nos quedará alegría para rir de ver a miseria da "esquerda" utilizando técnicas policiais (da KGB?) para censurar o blog anticaciquil de Ordes, de cuia actividade de denuncia estamos, sen falsas modestias, orgullosos.

5.- A pesar de todas as polémicas creadas, só dúas veces se atravesou o umbral do "falabaratismo": só Ordessiete se dirixiu a nós, a cara destapa e nun e-mail, e Gonzalo Castro. É cousa de recoñecerlles o mérito, aínda que nos dous casos esgrimisen a ameaza e non responderan ás nosas preguntas e solicitudes.

6.- Por último, aos compañeiros e compañeiras de viaxe, pedímosvos axuda, mensaxes ou comentarios de ánimo, o que sexa. Non sabedes a forza que nos dan! É a única gasolina que temos.

A dignidade non se rinde! A dignidade resiste!
Desde a chaira de Ordes
Subcomandante Marcos da Portela
Outubro de 2010.

6 comentários:

  1. Porque non pegastes o comentario completo da persoa do SLG de Ordes, ao que facedes referencia neste post?
    Creo lembrar que era bastante máis longo que o que pegastes neste post.

    ResponderEliminar
  2. "A liberdade é como a manhá. Hai quem agardam durmidos a que chegue, mas há quem desvela e caminha a noite pra apanha-la" diz Subcomandante Marcos (o de Chiapas).

    Moitos ânimos desde a Terra de Soneira!

    ResponderEliminar
  3. A única batalla perdida é a que se abandona...

    Ánimo!

    ResponderEliminar
  4. Felicidades polo blog dende Cerceda. Dende que lamentablemente deixou de funcionar o de Cochikeira Caciquil, acostumo ler de vez en cando o voso. Paréceme un traballo moi importante o que estades desenvolvendo, ó amosar ó pobo da comarca un punto de vista distinto e crítico coas institucións.

    ResponderEliminar
  5. conho.....este Marcos da Portela é o mesmo xefe revolucionario, lider do CIM do que xa fai un par de anos perdín contacto misteriosamente ?????

    ResponderEliminar
  6. Benvido ao LAKELAND financeiras préstamos fondos axudan ORGANISATION.I quere informar ao público que estamos dando un préstamo moi baixa taxa de interese. A taxa é tan baixa como (2%), a taxa de xuro anual. É un empresario / muller? Ten algunha confusión financeira ou fondos para iniciar o seu propio negocio? Debe de préstamo para resolver débeda ou pagar as súas contas ou iniciar un bo negocio? Ten unha baixa notación de crédito e teñen dificultade para obter préstamos de capital de xiro doutras institucións e bancos financeiros locais? aquí é a súa oportunidade, como din oportunidade vén unha vez máis, póñase en contacto connosco vía correo electrónico empresa en Lakelandfinancial.co@gmail.com. Por favor, teña en conta que non tolera a actitude de dixitalización como os outros fan
     
    Vostede está obrigado a cubrir o formulario de solicitude de préstamo a continuación:
    Nome: ... ... ... ... ... ... ... .... ... ... ... ... ..
    Segundo nome
    Apelido: ... ... ... ... ... ... ... .... ... ... ... ....
    País / Enderezo: ... ... ... ... .. ... ... ... ... ... ... ... ... ....
    CP: ... ... ... ... ... ... ... .... ... ... ... ... ... ..
    Data de nacemento (AAAA-MM-DD) ... ... ... ... ... .. ....
    Teléfono: ... ... ... ... ... ... ... .. ... ... ... ... ... ... ... .... ..
    Sexo ... ... ... ... ... ... ... ... ....
    Estado civil: ... ... ... ... ... ... ... .. ... ... ... ... ... ..
    Profesión: ... ... ... ... ... .... ... ... ... ... ... ... ... ....
    Posición actual Realizada no Traballo ... ... ... ... ... ....
    Renda mensual: ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... .. .
    Tipo de préstamo: ... ... ... ... ... ... ... .... ..
    Importe solicitado: ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ..
    Préstamo Duración: ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... .. . ...
    ... ... ... ... ... ..
    Garantía Nome ... ... ... ... ... ... ... ....
    Unha copia comprobación do seu DNI ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ....
    Así que recibir a información, iremos enviarlle unha nota de benvida (100% garantido!) Nótese que todas as respostas ser enviado a xestión.
    Saúdos Despacho de Empresa, en Lakelandfinancial.co@gmail.com.

    ResponderEliminar