Mostrar mensagens com a etiqueta pp. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta pp. Mostrar todas as mensagens

20/09/10

Comezan os movementos de cara ás municipais: fichaxes



Xa están á vista as próximas eleccións municipais, en maio do 2011, e os politiquiños ordenses comezan xa todo tipo de maniobras que lles permitan chupar da teta outros catro anos. Nin que dicir ten, que a política en Ordes non é n confronto de programas, ideas, ideoloxías, etc., senón de personalismos, ambicións, cobizas individuais, etc.

10/09/10

“Fichaxe” xeneralizada no Ghaliñeiro




Xa anunciaramos hai tempo que iamos tratar este tema no blog porque nos parece especialmente perigoso e preocupante. A profecía de Orwell cumprese a cada día de sobras, e o control social da poboación pasa por riba de leis e dereitos fundamentais das persoas; no Ghaliñeiro a cousa non é distinta, e no pasado pleno do mes de abril aprobouse por unanimidade unha ordenanza reguladora da creación de ficheiros persoais. Nestes ficheiros acumularanse datos da veciñanza en temas como: historial social (bonito eufemismo non?), información á muller, unidade psicosocial, información ás persoas inmigrantes, biblioteca municipal, licenzas urbanísticas, actividades xerais, rexistro xeral e policía local.

07/07/10

O PXOM de Frades: desastre total



Grazas a outro lector do blog poidemos saber das irregularidades que presenta o PXOM do concello de Frades, liderado por Miguel Prado. No pasado 15 de abril a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, publicou un “Informe previo á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Frades (A Coruña)”, que dá boa conta de todas as incongruencias que presenta o PXOM de Frades.

29/06/10

Corrupción en Montaos



Un correo de un lector ou lectora anónima púxonos en coñecemento un sangrante caso de corrupción que ocupara os xornais no pasado mes de marzo. Agora, gracias a este correo, sabemos que a principal líder na cacicada, Mª del Rosario García Villadangos, é veciña do Ghaliñeiro! Vive nunha casa de pedra ao lado do Bar A Curva en Santa Cruz, e relacionase moi ben coa jet set ghaliñense.

13/06/10

Nacionalismo e localismo no Ghaliñeiro: dúas ideas pouco claras



Ordes é a terra onde todo pode ser posible. Conceptos como os de nacionalismo e localismo toman vida propia nas terras de Ordes. Os históricos do PP pasan a defender a identidade nacional galega, concelleiros do BNG pasan a gobernar con ex do PP (que agora volven a estar no PP), o alcalde (ex do PP) defende con visión nacional a promoción na Festa do Champiñón dun produto que non se dá en Ordes, “pero que desta vez é galego”; mentres o BNG lle dá perspectiva localista ao vertedoiro de SOGAMA: que antes estaba en Cerceda e non molestaba, pero que agora entra dentro dos límites da nosa nación-Ordes aos que se parece reducir o seu nacionalismo. Non sabemos se Pedreira votará no congreso do seu partido a favor de definir Galiza como nación, pero as Nuevas Generaciones do PP de Oroso xa din que son “galeguistas”. Ver para crer! pasen e vexan, o circo nacional-popular localista do Ghaliñeiro!!