10/09/10

“Fichaxe” xeneralizada no Ghaliñeiro




Xa anunciaramos hai tempo que iamos tratar este tema no blog porque nos parece especialmente perigoso e preocupante. A profecía de Orwell cumprese a cada día de sobras, e o control social da poboación pasa por riba de leis e dereitos fundamentais das persoas; no Ghaliñeiro a cousa non é distinta, e no pasado pleno do mes de abril aprobouse por unanimidade unha ordenanza reguladora da creación de ficheiros persoais. Nestes ficheiros acumularanse datos da veciñanza en temas como: historial social (bonito eufemismo non?), información á muller, unidade psicosocial, información ás persoas inmigrantes, biblioteca municipal, licenzas urbanísticas, actividades xerais, rexistro xeral e policía local.



Apenas o BNG e o PP fixeron unha lixeira crítica sobre isto. Gonzalo Castro subliñou que se trata dunha “cuestión sensible” e que afecta a “dereitos fundamentais” das persoas. Incidiu en que vota a favor, pero que se coide de non empregar ilegalmente estes datos como xa ven facendo o Ghaliñeiro, por exemplo, felicitando o cumpreanos de persoas maiores. Resaltou, ademais, que o uso ilegal destes datos pode acarretar altas multas. Martino resaltou tamén que estes datos deben ser bem usados. Quen queira pode consultar a ordenanza no BOP.

Consideramos que as críticas efectuadas son insuficientes e non van ao miolo da cuestión. Esta ordenanza, por moito que legalice un determinado modo de control social,non o elimina. Baixo rótulos como o de “ficheiro de historial social” caben todo tipo de prácticas incompatibles coa democracia e os dereitos fundamentais das persoas. Non nos preocupa tanto, aínda que tamén, o uso partidario dos ficheiros (para realizar esa propaganda electoral encuberta que é enviar felicitacións de cumpreanos, etc.) ou as posibles multas polo mal uso destes ficheiros (que poden chegar aos 300.000 euros), senón o feito de que se normalice a extensión do control policial a toda a poboación. Estando tan recente o que pasou en Sada no verao do 2008, habería que andas con máis coidado con estas cousas.

P.D.: Recomendamos que escoiten o audio do pleno de abril, onde nos primeiros 10 minutos se trata este tema. Xusto antes de falar do tema dos ficheiros, hai un debate sobre a legalización dos cemiterios construidos incumprindo a normativa. Neles hai unha das intervencións políticas máis espectaculares dos tempos recentes: Martino pedindo que se especifique que os cemiterios son para enterrar persoas, e que ninguén intente facer aí un cemiterio nuclear!

10 comentários:

  1. Que crack Martino: "Lo que sí queriamos aclarar es de que la palabra cemiterio admite muchas interpretaciones[...] queremos que se especifique que son cementerios para enterramientos humanos"

    ResponderEliminar
  2. Está feito un André Breton :)

    A verdade é que cada vez que escoitamos os audios dos plenos para escribir algún post, non podemos evitar escachar da risa. Alguén sabe de algún programa para poder recortar os áudios? Porque merece a pena facer unha antoloxía con eles.

    ResponderEliminar
  3. Pareceme moi grave crear un “ficheiro de historial social”... que tipo de información se supón que se vai arquivar ahí? con que fin? se eu participo en unha asociación ou en un acto público vaise reflexar nese historial social? se é contraria aos ideais de Regos está claro que me vai perxudicar...

    ResponderEliminar
  4. Se usas o mozilla firefox como navegador podes instalarlle o "Download helper" para descargar os audios da web en formáto ".flv"... e co programa "Audacity" podes recortalos... os dous programiñas son gratuitos.

    https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/3006/

    http://audacity.sourceforge.net/download/

    ResponderEliminar
  5. Moitas gracias! A ver se nos poñemos entón e preparamos um "Plenos de Ordes MIX 2010".

    É realmente grave, que é iso de "historial social"? Parece un burato legal para controlar a vida da xente.

    ResponderEliminar
  6. Moi ben polo BNG votando a favor... Eso que Ramiro é coleguita de Renato o do MpDC. Pero claro, están a favor de que se usen estas cousas "con sentidiño", non se lles ocurre cuestionalas máis alá.

    CAMARAS DE VIXILANCIA!
    EN TODALAS ALDEAS!

    ResponderEliminar
  7. Vou ser a única persoa que escriba para defender este tipo de ordenanzas? Bueno, xa podedes ir comezando a darme leña.
    Primeiro.- Este tipo de ficheiros son necesarios para legalizar o uso desta información, unha vez aprobada a lei de protección de datos. Antes usábanse os mesmos datos sen control algún, polo que algo avánzase.
    Segundo.- Nesta e en todas as ordenanzas municipais neste senso prevese un estricto control para que o uso desta información non sexa fraudulento.
    Terceiro.- Os servizos sociais municipais necesitan destes datos para poder traballar, si, para poder traballar. Cómo senón facer un informe social a traballadora social para solicitar unha subvención para infravivenda social? (é só un dos centos de exemplos que poden darse).
    Se todos votan a favor por algo será, non? En política non soen aprobarse as cousas por unanimidade e deixar pasar unha oportunidade para a crítica. Se isto consigue a unanimidade por algo será.

    ResponderEliminar
  8. Moi ben explicado por parte do último anónimo. Neste blog non tedes nin idea do que falades. Estes ficheiros sirven precisamente para evitar que se utilicen os datos persoais ao antollo do gobernante de turno.

    O que quería Regos era non crear estes ficheiros, que están CONTROLADOS pola AXENCIA DE PROTECCIÓN DE DATOS, para seguir mangoneando os datos e utilizalos para o que lle dera a gana. Pero non lle foi posible.

    Mirade isto, a ver se ides aprendendo un pouco, falades por falar e ao final metedes o zoco un día sí e outro tamén.

    http://www.agpd.es/portalwebAGPD/revista_prensa/revista_prensa/2006/notas_prensa/common/Nota_informativa__Ayuntamientos.pdf

    ResponderEliminar
  9. Moi boa a estratexia de dicir unha cousa, e aos 20 minutos facer outro comentario apoiando o que a mesma persoa dixo, hahaha.

    Agora en serio. A min soplama que sexa legal ou a cona bendita. Eu estou en contra de que fichen ás persoas, sexa para o que sexa -a min explicademe que é iso de "historia social"-, entendes? A estas alturas non creo que exista o Estado malo e o bo, xa nos chegou coa URSS.

    Vide agora a este blog xustificar o que votastes no pleno, comunistas amigos da policia do carallo.

    ResponderEliminar
  10. Iso é como legalizar a prostitución: deixará de ser delito porque moveches as leis, pero sigue sendo un mal que hai que eliminar.

    "Historia social" si que habia que facela dos politicastros ordenses!

    ResponderEliminar