
Insistimos, e moito, no tema da casa cuartel neste blog . En internet 260 persoas apoian a nosa reivindicación “En contra de que o concello de Ordes lle regale un cuartel á Guardia Civil”, e o BNG mesmo retou no pleno a Regos a que fixese un referendo para ver se queríamos o cuartel en Ordes. Segundo os nosos cálculos nese momento, os cartos que van fundir en regalarlle o cuartel ao Ministerio de Interior daban para darlle a cada ordense no paro unha axuda nada despreciable de 2.480 euros .