
Gonzalo-Henrique Castro Prado, actual cabeza do BNG de Ordes, forma parte dunha nova xeración de cuadros da UPG, que saben combinar o marxismo-leninismo co BMW, a garabata e as gafas de pasta. Durante o goberno do bipartito viuse envolto nun escándalo económico que lle deixará moi difícil limpar a súa reputación moral. O cheiro da empresa Carrumeiro Media SL comezou a ser patente a través dunhas reportaxes no periódico
Novas da Galiza, pero a castaña explotou realmente cando tempo despois
El País se fixo eco da información. Nestes momentos, a cantidade de información sobre o tema é tan inxente, que nos limitaremos a dar un pequeno resumo, e deixar a disposición das persoas que queiran ampliar información unha longa lista de ligazóns.