
Ordes é a terra onde todo pode ser posible. Conceptos como os de nacionalismo e localismo toman vida propia nas terras de Ordes. Os históricos do PP pasan a defender a identidade nacional galega, concelleiros do BNG pasan a gobernar con ex do PP (que agora volven a estar no PP), o alcalde (ex do PP) defende con visión nacional a promoción na Festa do Champiñón dun produto que non se dá en Ordes, “pero que desta vez é galego”; mentres o BNG lle dá perspectiva localista ao vertedoiro de SOGAMA: que antes estaba en Cerceda e non molestaba, pero que agora entra dentro dos límites da nosa nación-Ordes aos que se parece reducir o seu nacionalismo. Non sabemos se Pedreira votará no congreso do seu partido a favor de definir Galiza como nación, pero as Nuevas Generaciones do PP de Oroso xa din que son “galeguistas”. Ver para crer! pasen e vexan, o circo nacional-popular localista do Ghaliñeiro!!