10/06/10

Gonzalo Henrique Castro e o escándalo de Carrumeiro Media SL



Gonzalo-Henrique Castro Prado, actual cabeza do BNG de Ordes, forma parte dunha nova xeración de cuadros da UPG, que saben combinar o marxismo-leninismo co BMW, a garabata e as gafas de pasta. Durante o goberno do bipartito viuse envolto nun escándalo económico que lle deixará moi difícil limpar a súa reputación moral. O cheiro da empresa Carrumeiro Media SL comezou a ser patente a través dunhas reportaxes no periódico Novas da Galiza, pero a castaña explotou realmente cando tempo despois El País se fixo eco da información. Nestes momentos, a cantidade de información sobre o tema é tan inxente, que nos limitaremos a dar un pequeno resumo, e deixar a disposición das persoas que queiran ampliar información unha longa lista de ligazóns.

A empresa Carrumeiro Media SL foi constituída por Alberte Souto, Xoán Manuel Bazarra e Alberte Ansede (xefe de gabinete de Industria e número dous de Quintana), nun piso ao lado da sede do BNG en Santiago. Cando estas persoas sairon da directiva para entrar no goberno, e evitar incompatibilidades, herdaron a dirección Gonzalo Henrique Castro Pardo, cabeza de lista do BNG en Ordes, e Alexo Vilas e Artur Manuel Benito. Antes de entrar o BNG no goberno, a firma -recoñecen- “apenas tiña actividade ou practicamente ningunha”. Dous meses despois comezaban a recibir adxudicacións: estando no poder chegaron a facturar de repente 1,1 millóns de euros por contratacións das consellarías do BNG.

Medio Rural encargoulle traballos por valor de 55.800 euros, Industria entregoulle 11.000, e Vicepresidencia contratoulle traballos por 527.000 euros. E pouco a pouco financiaron a empresa através dos seus postos de goberno, xuntado 1,1 millóns de euros através de “pequenos contratos”. 38 destes 41 contratos (mais de 9 de cada 10) asináronse sen publicidade seguindo a forma oficial da mellor oferta.

A empresa recibiu contratos para montar concertos, suministrar materiais aos Consorcios de Servizos Sociais, organizar feiras (que disto saben ben) e levar o Gznación, periódico web controlado pola UPG.

Polémica no BNG

Esta cacicada propia do PP levantou como non podía ser menos un gran escándalo. O PP acusou o tema de ilegal, todos os medios de comunicación deron a noticia (menos La Voz de Galicia, que segundo algunhas voces estaba en tratos de favor coa UPG) e dentro do BNG houbo moitas voces críticas. Recentemente, Alfonso Rueda intentou escapar da polémica do Gürtel galego coa estratexia da “tinta de lura”, e recordando que el podería traer a colación o caso Carrumeiro tamén. A defensa do BNG limitouse a desviar o argumento: “o PP fixo cousas peores”, “nós tamén temos dereito a ter empresas”, etc... O certo é que Carrumeiro Media SL foi unha empresa creada ad hoc que non tería ningún lucro se non contase coas adxudicacións das consellarías amigas. Quizais non fose ilegal, pero mais inmoral non pode ser.

Polémica en Ordes

Ao estar Gonzalo Castro implicado na trama, a política local tamén se viu sacudida. En xuño do ano pasado Gonzalo Castro declarará na Voz de Galicia o seguinte:

«Estas acusacións son rotundamente falsas, xa que eu non teño acción algunha nin participación en ningunha empresa que contrate coa Administración pública»; «estas acusacións demostran que o PP está moi preocupado coa alternativa de goberno que representa o BNG en Ordes e por iso trata de desprestixialo diante da opinión pública con acusacións falsas» e «estudaremos as accións a doptar para defender a nosa imaxe diante das acusacións falsas do PP».
Temos que dicir que é absolutamente falso que Hernique-Gonzalo Castro Prado non teña nada que ver coa empresa Carrumeiro Media SL, e que o feito de que se diga é unha mentira gravísima e unha falta de respecto ao pobo de Ordes. E ten moito valor que se diga tal, habendo as probas que hai, tan só con dar unha volta por Internet. No BOE nº 144, do 31 de xullo de 2009, podemos ler:

338478 - CARRUMEIRO MEDIA SA(R.M. SANTIAGO DE COMPOSTELA).
Ceses/Dimisiones. Consejero: VILAS CASTRO ALEIXO;CASTRO PRADO GONZALO HENRIQUE. Datos registrales. T 58 , F 104,S 8, H SC 27705, I/A 7 (20.07.09).
Ou sexa, que cesou ou dimitiu da empresa un mes despois de dicir que non tiña nada que ver con ela! E neste documento do mesmísimo Parlamento Galego, podemos ver como se documenta que desde o 15 de novembro de 2006, Gonzalo Castro é conselleiro da empresa Carrumeiro Media SL.

Por se fora pouco a estratexia de defensa do BNG foi acusar de traidores, “facerlle o xogo ao PP”, etc., a todas as persoas que non calaron ante este escándalo.

Mais información:
-Renovar o BNG (blog dun sector crítico do BNG, contén os comunicados oficiais do BNG sobre o tema, a historia da xénese da empresa, etc.):
http://renovarobng.blogaliza.org/tag/carrumeiro/
-Xgaliza, blog que recolle a mentira do BNG sobre este caso:
http://xgaliza.blogspot.com/2009/06/so-por-saber.html
-El País, outra noticia ademais da que citamos no corpo da noticia:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/publicista/electoral/BNG/preside/empresa/beneficiada/bipartito/elpepuespgal/20090613elpgal_5/Tes
-La Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/06/13/0003_7782339.htm
-El Correo Gallego:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/empresa-cargos-bng-logro-1-1-millones-contratos-bipartito/idEdicion-2009-06-12/idNoticia-436947/
-Artigo sobre os medios de comunicación de Carrumeiro, que “desapareceron” cando o bipartito perdeu o poder:
http://www.kaosenlared.net/noticia/meios-comunicacom-ligados-ao-bng-em-crise-apos-derrota-eleitoral
-Búsqueda no google, con moitísimas máis páxinas que informan do caso:
http://www.google.es/search?hl=es&client=firefox-a&hs=Mb&rls=org.mozilla%3Aes-ES%3Aofficial&q=carrumeiro+media&aq=f&aqi=g1&aql=&oq=&gs_rfai=

88 comentários:

  1. Isto era o que queriamos ver, Subcomandante! Que a túa crítica non ten cancelas e se hai que criticar ao BNG, nomeadamente á UPG, critícase!!!
    Resulta inadmisíbel que desde a U se adquira a dinámica do PP. Con este tipo de estratexias demostran a súa intelixencia e o seu bo facer na política! Que comecen a asumir os seus propios erros dunha vez!!!

    Merda de UPG!!!!!!! Avante co nacionalismo verdadeiro!! Viva o comunismo e a liberdade!!! ABAIXO O CENTRALISMO DEMOCRÁTICO!!! QUE O LUME DA FOGUEIRA TAMÉN ACABE COS UPEGALLOS QUE NON TEÑEN IDEAS DE SEU E QUE SIMPLEMENTE OBEDECEN AO DEUS PACO RODRÍGUEZ!
    NA COMARCA TEMOS IDEAS PROPIAS! NON PRECISAMOS DE NINGÚN GUÍA ESPIRITUAL!

    VIVA O COMUNISMO DA COMARCA DE ORDES!!!! E FÓRA OS UPEGALLOS!!! FÓRA OS LADRÓNS! FÓRA OS HIPÓCRITAS! FÓRA TODA A ESCORIA!!!! QUE ARDA, QUE ARDA NA INCINERADORA!!!!

    E POR ENRIBA DE TODO, ADIANTE SUBCOMANDANTE! ACABA DE DAR UN PASO IMPORTANTE!!! QUE SAIBA QUE NON ESTÁ SÓ!!!!

    ResponderEliminar
  2. PP,Uxo,TeGa,BNG,UPG e os que quedan....Subcomandante,tralla brava!!

    ResponderEliminar
  3. E si cometeu unha ilegalidade porque non o denunciou o PP?, ou porque non actuou o fiscal?. Porque non lle concededes unha entrevista para que se explique seguro que non ten problema en explicarvos o que queirades saber?

    ResponderEliminar
  4. Pero claro. É máis ser o altavoz do PP e repetir as acusacións do PP. Que é o como actuastes neste tema.

    ResponderEliminar
  5. ¡Goberne quen goberne, Galicia non se vende!
    Caña Subcomandante!

    ResponderEliminar
  6. Si home, todo o que faga mal o BNG e culpa do PP de toda a vida

    ResponderEliminar
  7. 3º e 4º Anónimo, súdama que o que fixo esté permitido pola lei ou non. Moralmente é inadmisible! E máis nun tipo que se di comunista!

    Polo menos a min quedoume claro neste post que Gonzalo mentiu descaradamente. Están as probas enriba da mesa.

    Non vos flipes anda! Que o BNG nunca foi o que "máis á esquerda" está, e non toda crítica que lle chegue ven da dereita... Se tiñan algo que alegar a estas acusacións porque non o fixeron?? Porque levades dous anos sacando circulares internas no BNG, e o resto fan como Zalo: "eu non sei nada", "eu non estaba xa na empresa cando pasou iso"... Veña hombre!!

    ResponderEliminar
  8. Creo que vou poñer a foto de fondo de escritorio...

    ResponderEliminar
  9. Xa o dicía miña nai, mira ben o que fas que despois todo se sabe...

    ResponderEliminar
  10. Fai anos que as persoas de Ordes nacionalistas e de esquerdas non lle votan ao BNG. Por algo será...

    ResponderEliminar
  11. UPG = galegos vendidos :P

    Adiante a esquerda galega!

    ResponderEliminar
  12. E logo quen lle vota ao BNG en Ordes se non lle votan os nacionalistas de esquerdas?

    ResponderEliminar
  13. Pois eu non vexo onde mentiu.

    ResponderEliminar
  14. Que? Só repetimos as insinuacións do PP nos medios, pero non lle damos a oportunidade de contar a súa versión?

    ResponderEliminar
  15. Home, mentiu dicindo que non tiña nada que ver con Carrumeiro sendo conselleiro da empresa... O que pasa é que non hai peor cejo que o que non quere ver. A súa versión foi unha mentira ou non ves.

    ResponderEliminar
  16. Ei, aqui o subcomandante xa dixo moitas veces que calquer informacion pode ser contestada sen fallo, no anterior post xa o pon, se tal mandalle un mail se ll queres contar outra version

    ResponderEliminar
  17. Todo militante dunha organización política ten dereito a montar a súa empresa e a ter contratos coa administración aínda que o goberno sexa da súa mesma cor política. Agora sí, unha empresa que só ten actividade nese período e que para manter os postos de traballo e a súa actividade ten que vivir da “subvención”, pois non ten outro nome que “chiriguito político-empresarial”. E este é o sistema de contratación nos concellos, nos que familiares e amigos do alcalde/sa, e mesmo concelleir@s e membros de candidaturas fan negocio co poder, e xa se sabe que aínda que sexa pouco a pouco logo se enche o saco.

    Seguro que non hai ningunha ilegalidade nas adxudicacións, pero como xa apuntástedes moralmente é inaceptable e menos nunha persoa que ten un cargo político. Que tamén o facían os outros non é xustificación, e ademáis tod@ responsable política ten que asumir responsabilidades e non faltar a verdade, pois daquela si que “estes son coma os outros, son todos iguais”.

    Foron moitos anos de goberno da dereita nos que empresari@s, traballador@s, creador@s, etc nacionalistas estiveron marxinados. Sen querer xustificar o asunto, imaxinádevos nun concello no que goberna un partido contrario ás túas ideas e no que non che dan traballo pola túa cor política e porque ademáis o manifestas públicamente, e un día gañan as eleccións os teus e ademáis participaches activamente en que o cambio fose posible: non te ves co dereito a poder ter un posto de traballo e non a ter que estar en igualdade de condicións con quen votou ao outro partido ou sempre tivo traballo grazas ao alcalde/sa. Reflexionade sobre isto!!

    Avante subcomandante!!

    ResponderEliminar
  18. Eu creo que non se pode explicar mellor do que dixo Lengüelle, ben por el!

    E por certo, a mentira de Gonzalo a todo Ordes non lla quita ninguén xa eh...

    ResponderEliminar
  19. Este blog consagrouse como independente agora! Tralla brava Subcomandante!

    ResponderEliminar
  20. Lenin levaba gravata. Marx tamén. Igual que Engels. Vese que eran uns comunistas de pacotilla.

    ResponderEliminar
  21. É que daquela tamén os obreiros sindicados levaban corbata home, hahahaha. E Marx e Engels levaban BMW cando montaban empresas paralelas ao lado do local do seu partido? hahahaha

    ResponderEliminar
  22. En xuño de 2009, Gonzalo dixo «Estas acusacións son rotundamente falsas, xa que eu non teño acción algunha nin participación en ningunha empresa que contrate coa Administración pública».

    E iso era totalmente certo. Non mentiu a ninguén. Ides ter que rectificar. Se tedes algo de vergonza.

    ResponderEliminar
  23. Gaspar Llamazares. Diputado do Partido Comunista de España, ten un Mercedes Benz, e que eu saiba é comunista, creo.

    ResponderEliminar
  24. Rectificar o que, que zalo pertencia a carrumeiro? e logo non e certo?

    ResponderEliminar
  25. Dixestes que mentiu. Cousa que non fixo.

    ResponderEliminar
  26. Ei anonimo, llamazares gastouse mais de 30000 euros no coche logo?

    ResponderEliminar
  27. Si. Llamazares gastouse bastante máis deso. Ademáis un dato. Eu xa lle vin o BMW a Gonzalo moito antes de que o BNG gobernase na Xunta. Digo por si acaso.

    ResponderEliminar
  28. Señores do blog. Podían repetir que é o que dixo Gonzalo na Voz de Galicia no mes de xuño de 2009?

    ResponderEliminar
  29. Que Llamazares teña un BMW non fai a Gonzalo máis comunista, simplemente por en serias dúbidas a coherencia dos dous que se consideran comunistas...

    ResponderEliminar
  30. Señores do blog. ¿Podían repetir que dixo Gonzalo na Voz de Galicia en xuño de 2009?

    ResponderEliminar
  31. Ja,ja,ja!! A coherencia vese no coche???. Si na Unión Sovietica os coches oficiais eran mercedes!!!

    Que parvada!!

    ResponderEliminar
  32. pois deberonllo dar antes de fabricalo (2005- presente)

    http://es.wikipedia.org/wiki/BMW_Serie_3#E90_.282005-Presente.29

    Por se non queda claro

    El E90 es la generación actualmente disponibles, que debutó para el año 2006

    ResponderEliminar
  33. Miralle a matrícula (listo). E xa verás que que ano é.

    ResponderEliminar
  34. Pa que cona vou mirar a matricula, se o coche empezouse a comercializar no 2006 e o bipartito gañou as eleccions en maio do 2005

    ResponderEliminar
  35. Para que reducides o tema a unha conversa de coches?

    ResponderEliminar
  36. E que fai este coche do ano 2005 á venda?

    http://ciudadmurcia.coches-motos.com/bmw-320-e-90-diesel-320-nacional-1-propietario-iid-83955331

    Colacheste; Ja,ja,ja. Mira que fiarte da wikipedia.

    E as eleccións autonómicas de 2005, foron o 19 de xuño de 2005.

    Ah! E por si non quedaba claro eu son amigo de Gonzalo e fun con él a estrenar o coche nun viaxe na semana santa de 2005. Que si non me equivoco foi antes do mes de xuño.

    Ademáis por si non o sabías Gonzalo non necesita precisamente da Xunta para comprar ese coche.

    Non haberá moito de envidia nos comentarios sobre o coche?.

    Eu creo que si.

    ResponderEliminar
  37. Ante esta chuvia de comentarios temos dous puntos que aclarar:

    1. Como non pode ser doutro xeito, o sr. Gonzalo Castro ten dereito a dar a súa visión dos feitos. Xa sabe onde nos pode encontrar, escribindo a subcomandantemarcosdaportela@gmail.com. Nós garantimos, como non podía ser de outro xeito, que publicaremos na íntegra o texto que nos envie, e se efectivamente publicamos algo falso, eliminarémolo e rectificaremos publicamente.

    2. Sobre as declaracións a La Voz que alegan algúns comentaristas, volvemos reproducilas:

    «Estas acusacións son rotundamente falsas, xa que eu non teño acción algunha nin participación en ningunha empresa que contrate coa Administración pública»; «estas acusacións demostran que o PP está moi preocupado coa alternativa de goberno que representa o BNG en Ordes e por iso trata de desprestixialo diante da opinión pública con acusacións falsas» e «estudaremos as accións a doptar para defender a nosa imaxe diante das acusacións falsas do PP».
    (La Voz de Galicia, 13/6/2009)

    Os datos que temos, e que pode consultar quen queira nas ligazóns que sinalamos, e que mesmo foron presentados no Parlamento Galego, din o seguinte:

    -15 de novembro de 2006, Gonzalo Castro Prado é conselleiro de Carrumeiro Media
    -13 de xuño de 2009, Gonzalo Castro Prado di na Voz que el non ten nada que ver con Carrumeiro.
    -20 de xullo de 2009: Gonzalo Castro Prado cesa/dimite de Carrumeiro Media

    Como podes dimitir de conselleiro dunha empresa coa que non tes nada que ver?

    ResponderEliminar
  38. Amigo de Gonzalo, fraco favor lle fas alegando que a xente o que lle ten é envidia. Claaro, e os republicanos teñen envexa de non ser eles o rei, no te jode.

    Da noxo ver ao grado de degradación que chegou a política, tal que un marxista-leninista presume de ter un coche carísimo, estando todo dios en paro. E aínda o/se defende dicindo que o pobo lle ten envexa... Manda carallo! Ah, e comparándose cos dirixentes da URSS!!

    Onde foron os valores o???

    ResponderEliminar
  39. "Señores do blog. ¿Podían repetir que dixo Gonzalo na Voz de Galicia en xuño de 2009?"?? E pareceds parvos, se xa o puxo na noticia principal ben destacado! E pode repetir misa. Que? Unhas declaracións de GOnzalo dicindo "yo no fui"??? Iso é unha proba de algo??? Probas son as que se presentaron dicindo que Gonzalo SI estaba en Carrumeiro, probas de documentos oficiais: informes ao Parlamento Galego e ao BOE. Zalo pode dicir misa joder! A súa palabra vale tanto como a de calquera. PROBAS SEÑORES, PROBAS.

    Ah, e viva o comunismo de verdade!!

    ResponderEliminar
  40. Perdona guap@, el coche con Zalito lo estrené yo! Ya te gustaría a ti...

    ResponderEliminar
  41. Unha nacionalista de Ordes10 de junho de 2010 às 18:21

    E un tipo así pretende ser alcalde de Ordes?
    GONZALO CASTRO DIMITE XA!

    Ou que non conten co meu voto os do BNG...

    ResponderEliminar
  42. Con Ramiro isto non pasaba... E polo menos é daquí, e deixa cartos na vila. RAMIRO VOLVE!

    ResponderEliminar
  43. E logo onde vive Gonzalo? En Madrid. O que vos fode é que Ramiro e Gonzalo son os dous millores políticos de Ordes e por moito que o intentedes non vades acabar con eles.

    O PP primeiro quixo acabar con Ramiro e agora vai a por Gonzalo.

    Pero non o van conseguir.

    O triste é que este blog colabore co PP.

    ResponderEliminar
  44. Gonzalo vive en Ordes. Que eu saiba.

    ResponderEliminar
  45. Perdoa, quen colabora co PP contra o nacionalismo galego é Gonzalo facendo tal cacicada, e comportándose como un marajá do PP. VÓS SI QUE COLABORADES CO PP! E non quen denuncia que vos comportedes como o PP, tendo ademais as pelotas de dicir que o facedes pola causa, que é moi distinto.

    ResponderEliminar
  46. Ánimo Gonzalo. Non poderán contigo. O próximo alcalde de Ordes será nacionalista e de esquerdas: Gonzalo Castro.

    ResponderEliminar
  47. as eleccions van ser outro chiste fino outra vez, como sempre ganara o bng, que leva ganando desde que existe

    ResponderEliminar
  48. Tío Marcos, con todos os respectos, o coche que decida mercar ese señor debería ter máis ben pouco que ver con ningunha crítica de corte política, e menos citando que se considere comunista ou non, porque daquela poderíamos falar durante mil artigos dos dubidosos "socialistas", "galeguistas" ou "esquerdistas" que poboan a nosa clase política. A poucos ou ningún escoito hoxe en día dicir "son capitalista", que é na realidade a única opción que todos sen excepción podemos aplicar na nosa vida diaria, e eu tampouco o son. Salientar a súa opción ideolóxica neste caso paréceme demagóxico e infantil. Que eu saiba non hai ningunha marca de coches que equipare a ningún cidadán con ningunha ideoloxía, e se a hai non o di no seu catálogo. Máis ben hai vehículos que equiparan aos cidadáns ca súa capacidade adquisitiva e necesidades personais, e Gonzalo Castro antes que político ou empresario é avogado, ou iso teño entendido.

    Postos a mirar matrículas, a señora Teresa Táboas anda por aí nun flamante Porsche Cayenne -cun GZ atrás, iso si- e nunca escoitei a ninguén (nin sequera da UPG) dicir que por iso era máis ou menos non-sei-qué. É arquitecta e pódese permitilo, podo non estar dacordo con que unha ex-conselleira do BNG se mova nun pepino cuxo prezo supera con moito os 60.000€, pero non me atrevería a usar esa cuestión nun artigo sobre a súa xestión, por exemplo.

    Polo demais, non teño maneira de comprobar, como se asegura neste artigo, se é certo que Carrumeiro non tería ningunha carga de traballo se non fose pola que proviña das diversas áreas da Xunta. Nin auditei esa empresa, nin teño constancia de que ninguén o fixera e airease as conclusións. O que si podemos saber é que esta empresa existe (con máis ou menos os mesmos membros) desde o ano 2000, un ano antes da última maioría absoluta de Fraga e 5 anos antes do acordo de goberno entre o PSOE e o BNG. Se todo era unha estratexia a 5 anos vista para lucrarse a conta da entrada do BNG no goberno galego, estes homes son uns auténticos visionarios, Steve Jobs debería botarse a tremer sabendo que gurús coma eses andan soltos.

    Bromas aparte, levo media vida escoitando que aquí o que se necesitaba é un tecido empresarial galego e nacionalista, que a clase media-alta comezase a defender a Galiza, etc., e que mentres tanto, o nacionalismo estaría lonxe da hexemonía social e política que moitos anceiamos. Iso si, que se ande con ollo ese hipotético tecido empresarial con contratar con administracións públicas, porque lles daremos toda a estopa que poidamos, e mesmo enfadarémonos se La Coz non os machaca.

    Publico isto por engadir outro punto de vista ao debate, fáltanme moitos capítulos por saber a respecto do tema, o que está claro é que ninguén denunciou nada, e non será porque lle falten ao BNG inimigos desesperados por airear supostos "casos Gürtel" nas filas nacionalistas.

    Apertas.

    ResponderEliminar
  49. Animo Gonzalo. Canto envidia hai neste pobo. Avergonzome de ser de aqui.

    ResponderEliminar
  50. A cousa vai de coches, queda claro. Vai haber que andar en SEAT Panda para non parecer sospeitoso de nada. Ai non, que a SEAT é unha marca españolista creada por Franco... Pois logo en bici, xa discutiremos o modelo na próxima Asemblea Nacional ;-)

    ResponderEliminar
  51. Para os que non se deron conta, o artigo trata sobre carrumeiro, o do coche e unha simple parodia

    ResponderEliminar
  52. E certo, que pasa os do BNG resumides este artigo nesto : "Gonzalo-Henrique Castro Prado, actual cabeza do BNG de Ordes, forma parte dunha nova xeración de cuadros da UPG, que saben combinar o marxismo-leninismo co BMW, a garabata e as gafas de pasta."
    O resto que pasa, non interesa non?

    ResponderEliminar
  53. O do coche non ten nada de simple parodia, pois o propio artigo empeza aludindo o mesmo tema ("sabe combinar o marxismo-leninismo co BMW, a garabata e as gafas de pasta") O que si é é demagoxia (da barata) para insinuar cousas da vida personal do susodito que non veñen para nada a conto. Puro intento de desgaste de imaxe do que soa para futuro alcalde de Ordes.

    ResponderEliminar
  54. aburridesvos de CARALLO!!!!!!!!!!
    DA a cara Marquiños!!!
    Que pasa que os nacionalistas temos que andar en burra?? home ...antes que levar no coche a alghuns dos que escriben aqui...
    Algun que critica o bmw de gonzalo, seghuro que sua nai ou seu pai teñen un ou parecido no pendello!

    ResponderEliminar
  55. Que si, que si, que o de carrumeiro non ten importancia.
    Eu un dia tamen vin un ecoloxista nun hammer.

    ResponderEliminar
  56. 1. Non fixo nada ilegal nin se lle imputou sequera.
    2. Non é reprobable que participara nunha empresa, nin que ao igual que outras miles esa empresa contratara coa administración, nin que teña un BMW.
    3. Con todo, hai case un ano que xa non participa nesa empresa a efectos legais, a efectos prácticos probablemente moito máis.
    4. Falta un ano para as eleccións locais, e como dixo algún, o seu nome sona con forza.
    FIN

    ResponderEliminar
  57. Ei, ultimo anonimo, pero el non respostara esto «Estas acusacións son rotundamente falsas, xa que eu non teño acción algunha nin participación en ningunha empresa que contrate coa Administración pública» , agora como dis que hai case un ano que non participa nesa empresa?

    ResponderEliminar
  58. Palabras clave do tema, moralidade e verdade, non hai mais... deso e do que trata o post

    ResponderEliminar
  59. Jajajajajaj, por cousas coma estas perdeu o jobierno o bipartito, para facelas xa esta o pp que se lle da mellor, e ainda por riba andades a justificalas, hai que joderse
    Zalo que para o ano janas as elecios sejuro... como todo os anos

    ResponderEliminar
  60. oiches, o home este que escribiu moito, teresa taboas non e comunista ou si? por saber eh, so prejunto

    ResponderEliminar
  61. Para o anónimo que escribe en español, cito este mesmo artigo:

    "habendo as probas que hai, tan só con dar unha volta por Internet. No BOE nº 144, do 31 de xullo de 2009, podemos ler:

    338478 - CARRUMEIRO MEDIA SA(R.M. SANTIAGO DE COMPOSTELA).
    Ceses/Dimisiones. Consejero: VILAS CASTRO ALEIXO;CASTRO PRADO GONZALO HENRIQUE. Datos registrales. T 58 , F 104,S 8, H SC 27705, I/A 7 (20.07.09)."

    ResponderEliminar
  62. Teresa Táboas non sabe nin o que é.

    ResponderEliminar
  63. Visto o visto, non é a única

    ResponderEliminar
  64. Angelito das Correas11 de junho de 2010 às 00:15

    Xa o dicía miña abuela: "non hai peor cejo que o que noin quere ver!".

    O tema este máis clariño non pode tar, mirédelo por onde o miredes...

    ResponderEliminar
  65. SOBRE SEIXOMEDIA, A "PREDECESORA" DE CARRUMEIRO MEDIA: http://renovarobng.blogaliza.org/2009/06/16/postura-de-maisbng-sobre-o-caso-carrumeiro/

    Para que foi creada no seu día a empresa “Seixobranco Media” de Alberte Ansede e outros?

    Lembrade aquel proxecto animado por unha serie de intelectuais galegos para crear un xornal en lingua galega. Nun momento determinado, logo de intentar unha vía autónoma primeiro e de fracasar negociacións co grupo Prisa despois, Antón Vaamonde, cabeza visíbel daquel grupo, é contactado por La Voz de Galicia co fin de abrir conversacións que fixeran conciliábel o proxecto de xornal diario en galego co grupo empresarial de Santiago Rey.

    Desde La Voz de Galicia se ofertan unhas privilexiadas condicións que convertían en posíbel a súa saída a rúa en pouco tempo. Máis, daquela, os negociadores de LVG expresaron a súa vontade de non desexar ser maioritarios na razón social que avalara o nacemento do futuro diario de referencia galeguista.

    Vai ser neste momento das negociacións cando Vaamonde contacta coa dirección do BNG para lle explicar a “boa vontade” que anima a LVG nun proxecto de diario que xa se está a converter, pensaba, en viábel.

    Analizada a proposta, a executiva do BNG pasa a apoiar o proxecto e mesmo a UPG da ordes aos seus camaradas de realizar derramas para reunir fondos económicos para o proxecto. É o momento no que Paco Rodríguez da por esgotada a vía “A Nosa Terra” (que deixa de ter o seu apoio logo dos informes que Alberte Ansede lle facilita sobre esta publicación desde o seu posto como membro do consello de administración da mesma) e enceta un idilio non disimulado co proxecto que di apadriñar La Voz de Galicia.

    Para afrontar o apoio do BNG en clave societaria e empresarial, a dirección do BNG (ou a dirección da UPG que viña ser o mesmo) deseña unha estratexia que asumen homes de estreita confianza de Francisco Rodríguez para darlle luz a unha sociedade de nome “Seixobranco” e, desde ela, controlar as imposicións dos militantes e mesmo a asignación, nada desprezábel, que o BNG derrama cara esta sociedade instrumental.

    Con cargos no seu consello de administración exclusivamente ligados á UPG, “Seixobranco” valeu escasamente para ser vítima dos enganos e manobras dilatorias de Santiago Rey (no que confiou daquela Paco Rodríguez), esgotar o proxecto de xornal referencial en galego e, como dano colateral, liquidar definitivamente a opción de converter o semanario A Nosa Terra nun diario.

    Con “Seixobranco” en neveira e dotada aínda integramente do capital fundacional chega o resultado electoral que leva a constituír o frustrado goberno bipartito PSOE-BNG. Os seus destinos están chamados a ser xa “Carrumeiro”. O resto xa (case) os sabemos.

    ResponderEliminar
  66. "O do coche non ten nada de simple parodia, pois o propio artigo empeza aludindo o mesmo tema ("sabe combinar o marxismo-leninismo co BMW, a garabata e as gafas de pasta") O que si é é demagoxia (da barata) para insinuar cousas da vida personal do susodito que non veñen para nada a conto."

    É que a vida persoal tamén é política chaval. Ou sería moi crible un feminista que na casa boure na muller? Ou un activista contra o racismo que na súa fábrica explote negros? Anda non joder, estades en crise total, nunha rúa sen saída, por culpa única e exclusivamente vosa, por vender este país e a memoria de loita do nacionalismo.

    ResponderEliminar
  67. Si non entendín mal, o Gonzalo este non mentiu :
    Afirmou non ser accionista nin ter participación, o que é certo.

    Para os que non o sepan, ser conselleiro non quere decir que se sexa propietario, senón administrador.

    É como si lle botansen as culpas de Carrumeiro (que ninguén demostrou que fora ilegal e ninguén argumentou por que é inmoral) aos asalariados da empresa....

    Pero parece que para os que queredes PP todo vos vale

    ResponderEliminar
  68. A defensa que se usa é: se se fixo algo mal, denunciade. Pero iso é bastante pernicioso, porque se lle pode dar a volta! Señores da UPG, se vos acusan en TODA a prensa desde hai 2 anos de algo que non fixestes, porque non denunciades vos por inxurias, forzades un xuízo de demonstrades dunha vez (porque ainda non o fixestes) que sodes INOCENTES??

    E outra cousa, quen non saiba porque é INMORAL, non llo vamos explicar...

    ResponderEliminar
  69. Así que unha empresa que foi, é ou será duns nacionalistas non ten dereito a contratar coa administración, diso se trata. Nin unha soa palabra de que os contratos fosen ilegais ou non fosen feitos a prezos de mercado, nin a máis mínima. E iso que como di un atrás co afán que hai por sacarlle algo ao BNG, por que non hai a máis mínima denuncia posta? Simplemente non se pode contratar se es nacionalista ou se a empresa foi de non sei quen, a quen está reservada logo a contratación coa Xunta? E todo isto dio precisamente o xornal El País, un modelo de ética si señor que apoia golpes de estado por Latinoamérica, o sionismo e que recibe cartos públicos para a promoción do galego e logo traduce declaracións ao castelán. Si señor asi me gusta... E algún aínda pretende que o señor do que se fai mofa neste blog privado teña que ser el o que se poña en contacto co anónimo para publicar a súa versión. O que si estaría ben e que o autor nos explicase os coches que teñen el ou os seus familiares, para podermos comparar xa que do que se trata é de que fulano non poder ter tal coche porque o digo eu... Non é que os presuntos alternativos que lle fan o xogo ao poder dicindo que todos son iguais sexan iguais que o PP, non. En canto a técnicas comunicativas aínda son piores.

    ResponderEliminar
  70. Un enxendro que leva anos sen facturar un puto duro, e cando os seus amigos chegan ao poder factura 1 millón de euros, non é unha "empresa", competitiva no mercado, é unha mangueira inventada ad hoc para chupar cartos coño...

    Algo así como gznacion.com que acaba de pechar. Vaia, que modelo empresarial puntero! Que ten que pechar cando deixa de chupar da administración amiga...

    Algún día apareceredes na historia como o que sodes, unha panda de impresentables sectarios que jodestes o nacionalismo deste país.

    ResponderEliminar
  71. A UPG (a última UPG) aparecerá na história do nacionalismo galego da par do pinheirismo.

    ResponderEliminar
  72. CARALHO PARA O COMUNISTA... DECIA A PASIONARIA..."SOCIALISTAS QUE ANDAN CON PANOS DE SEDA, MENTRAS HÁ GENTE PASANDO FAME..." LENHA A ESTES POLÍTICOS LARPEIROS!!!

    ResponderEliminar
  73. "Non podedes facer unha revolución con guantes de seda" pero con BMWs e empresas-chiringuito...

    ResponderEliminar
  74. Perdoademe! Tocoume a lotería e teño que deixar o BNG e afiliarme ao PP!!

    ResponderEliminar
  75. Non se ta falando do BNG, se non dun partido comunista

    ResponderEliminar
  76. Seguindo coa detallada e veraz información do anónimo (11 de Junho de 2010 00:28), engadir que na nosa asemblea pedirásenos a cada militante para levar a cabo ese proxecto, 10.000 ptas. Tanto choveu dende aquela, que agora La Voz de Galicia e repudiada nalgún foro e por quen foi petar á súa porta.

    É totalmente legal que calquera empresa que o desexe teña dereito a optar a concursos coas administracións publicas, sempre e cando todas teñan as mesmas oportunidades. Se neste caso se deron, por que no podía facer?

    O malo é que todos sabemos que se tes padriños, bautízaste. Iso era o que viña acontecendo co PP, e que o bipartito optou por seguir a poñer en practica, en vez de tratar de comezar de cero e dicirlle aos galegos e galegas, que había outra forma de gobernar e facelas cousas ben. Craso erro que o pagaron moi caro, aínda que antes por se acaso, aseguráronse o plus de altos cargos.

    ResponderEliminar
  77. Xa, no BNG está a UPG que son @s comunistas e o resto son partidos de esquerda...... claro esquerda capitalista. Xa me estaba dando mal rollo o de ver a miña foto ao lado dunha gaivota. Salváchesme meu. Graciñas

    ResponderEliminar
  78. Agora vai resultar que é delito que se podes merques o coche que queiras!! Magoa de comentaristas tan hipócritas, supoño que cada un d@s que criticastes esta cuestión, cando podedes mercar o que vos parece, facedelo pensado na vosa veciñanza e repartides equitativamente o que tendes pensado gastar en copas, porros ou que vos apeteza! Eu que aínda bo é o que ando polo país dises coñezo 2 que comparten o que teñen co mundo, o resto palabreria barata e feita con intención de danar a alguén que supón unha seria ameaza para os caciques que levan toda a vida gobernando Ordes, pero coma sempre vos difamade que algo sempre queda! ánimo Gonzalo

    ResponderEliminar
  79. Eu creo que este blog perdeu a pouca credibilidade que tiña. Os que coñecemos a verdade sabemos que cando está saia á luz algúns quedarán co cú ó aire. A única saída que lles queda para non quedar moi mal diante da xente é informarse da verdade e dala a coñecer.

    ResponderEliminar
  80. Veñe, dadelle a xustificar este tipo de empresas, se as facia o pp eran do peor, pero como as faga o bng xa estan ben. ¡Por algo perdestes as eleccions! ou que ainda vos escoce?

    ResponderEliminar
  81. Legal sería, pero moral...

    ResponderEliminar
  82. Despois da rectificación que facedes no seguinte post, casi que sobra comentar nada sobre este.

    Xa non tiñades moita credibilidade porque andades agachados no anonimato, pero agora xa a perdestes toda.

    A vosa rectificación deixa a este blog liquidado e morto.

    ResponderEliminar
  83. Un apunte sobre a credibilidade. Vamos a analizar dous casos:

    1º) Gonzalo, un rapaz que ten boa posición económica familiar, que ten unha excelente formación e un esperanzador futuro profesional e decide desde moi novo participar activamente no nacionalismo por convicción e ideoloxía, chegando a comprometer e complicar o seu futuro profesional como avogado ao asumir dar un paso ao frente e presentarse como candidato do BNG en Ordes, si o maldito e denostado BNG!!!; cando o máis cómodo para él si pensase de forma egoista sería non contradecir a ideoloxía da maioría da súa familia e en caso de dedicarse á política ir polo PP, partido co que sería alcalde seguro e viviria da sopa boba o resto da vida.

    2º) Un individuo que se adica a escribir nun blog agachado detrás do anonimato para lanzar falsas acusacións e inxurias, e que ainda por riba pretende dar leccións de ética cando non ten a valentía de repostarlle a Gonzalo dando a cara como a dou él.

    Quen ten máis credibilidade? A pregunta sobra.

    Subcomandante, caeches ti soiño. Pouca credibilidade tes ti cando contestas agachado detrás dun seudónimo a quen coa cabeza ben alta dou a cara. Gonzalo deixoute en evidencia totalmente. Ti mesmo o recoñeces cando tiveches que rectificar.

    ResponderEliminar
  84. "Gonzalo, un rapaz que ten boa posición económica familiar, que ten unha excelente formación e un esperanzador futuro profesional e decide desde moi novo participar activamente no nacionalismo por convicción e ideoloxía, chegando a comprometer e complicar o seu futuro profesional como avogado ao asumir dar un paso ao frente e presentarse como candidato do BNG en Ordes, si o maldito e denostado BNG!!!; cando o máis cómodo para él si pensase de forma egoista sería non contradecir a ideoloxía da maioría da súa familia e en caso de dedicarse á política ir polo PP, partido co que sería alcalde seguro e viviria da sopa boba o resto da vida."

    Cara Zalo, non che fai falta avoa eh? Hahahahaha

    ResponderEliminar
  85. Relato da historia:

    1º) Resulta que o BNG intenta impulsar a creación dun Grupo de Comunicación nacionalista.

    2º) Resulta que os partidos políticos españois (PP e PSOE) e os seus medios afíns (El País, El Mundo, La Voz de Galicia, El Correo Gallego...) intentan torpedear a creación dese Grupo de Comunicación nacionalista.

    3º) Resulta que unha parte dos nacionalistas tragan todos os infundios e colaboran co españolismo para torpedear a creación dun Grupo de Comunicación Nacionalista.

    4º) Resulta que o resultado disto é que Galiza está máis colonizada mediáticamente que nunca.

    Pois moi ben. Así nos vai.

    ResponderEliminar
  86. Os efectos colaterais: despois de amorear mías de 2 millóns de euros en ano e medio, que como sabedes tiveron un destiño "non explicado", pero por suposto que non foron a GZnación, moitas das decisións políticas están condicionadas pola expectativa económica. É dicir: "temos que voltar a ter postos dende os que poidamos encher os petos". Que ninguén se crea que a maior parte desos cartos foron investidos en proxectos pollíticos. Están nos petos duns "cuantos poucos". Todos eles. Digo "todos"... están ben situados na frente e na U, e tamén respecto do que serán os futuros governos municipais. A política do BNG condicionada polo interese dun grupo de rateros. Onde demos chegado meu Breogán!!

    Moncho do Courel.

    ResponderEliminar