29/06/10

Corrupción en Montaos



Un correo de un lector ou lectora anónima púxonos en coñecemento un sangrante caso de corrupción que ocupara os xornais no pasado mes de marzo. Agora, gracias a este correo, sabemos que a principal líder na cacicada, Mª del Rosario García Villadangos, é veciña do Ghaliñeiro! Vive nunha casa de pedra ao lado do Bar A Curva en Santa Cruz, e relacionase moi ben coa jet set ghaliñense.
Villadangos, apelido galego onde os haxa, é subdirectora xeral de recursos humanos do SERGAS, subordinado á consellería de Sanidade dirixida por outra que tampouco sabe falar galego, Pilar Farjas.

O seu home, Leonardo Pérez Souto, que así se chama este veciño de Montaos, choiaba de segurata, pero fauque era pouco para el. Así que se botou a opositar. No primeiro exercicio da categoría de auxiliar administrativo quedou en 4º lugar cunha nota de 24,661 puntos, dun total de 10.000 aspirantes. A súa cuñada, Estefanía Delgado Regueiro, quedou primeira. E na categoría de persoal de servizos xerais, Leonardo quedou 2º, con 23,250 puntos sobre un máximo de 25, dun total de 13.000 matriculados aspirantes ao posto de traballo. O tipo ainda tivo cara de presentarse a varios postos, para despois escoller con calma!

O escándalo estaba servido: "só sacan boas notas os do PP", declaraba a xente na prensa. Nesas mesmas oposición, ademais, dous cargos de Facenda opositaron, sendo examinados polos seus propios compañeiros...

Outra vez o Ghaliñeiro é líder en corrupción. Como dicían o correo anónimo que recibimos: "UNha camarada de Ordes ó fronte das probas de selección no Sergas. O seu mardio o primeiro na lista de aprobados. Eu levo 3 anos na academia gastando a pasta. Hai que joderse". Ou "jodelos", engadimos nós. Como din por aí, "mexan por nós, caghemos por eles".

NOTA: A imaxe de "Montaos Vice" é unha colaboración dun compañeiro das corredoiras da guerrilla anticaciquil. Apertas para el e para o lector ou lectora anónima que nos mandou a información

3 comentários:

  1. Non se pode degradar a imaxe das persoas gratuitamente

    ResponderEliminar
  2. Esto vai para o annonimo este:
    "Deghradar...", a min dame a risa por non chorar. Moreas de xente paghandose academias e estudos para que despois sempre entren os espavilados coma vos polo morro. Hai xente humilde que non son fillos de ninghun rico e que lles costa sacrfiarse para cheghar a final de mes , depois de paghar os estudos deles e dos fillos e despois ala, entran os de amighetes.Despois os do PPeido ides por aí vendendo a vosa legalidede.
    Lume e leña cos caciques e enchufados!!!!

    ResponderEliminar