20/09/10

Comezan os movementos de cara ás municipais: fichaxes



Xa están á vista as próximas eleccións municipais, en maio do 2011, e os politiquiños ordenses comezan xa todo tipo de maniobras que lles permitan chupar da teta outros catro anos. Nin que dicir ten, que a política en Ordes non é n confronto de programas, ideas, ideoloxías, etc., senón de personalismos, ambicións, cobizas individuais, etc.

-UxO é o partido personalista de Regos, fortalecido polo poder, e nada parece indicar que haxa cambios de importancia dentro del para as eleccións. O seu flirteo co PSOE de Cerceda rematou, ai!, cando o bipartito perdeu a Xunta, e deixou de ser un carro suculento ao que se subir. De momento non temos novidades que comentar sobre UxO.

-O PP xogou as súas bazas totalmente desarticulado. Estrella é a líder emerxente, en canto Martino xogou nos plenos o papel do resentido, limitando as súas intervencións a trifulcas infantís e repetir machaconamente cousas do estilo “esto com mi gobierno ya se hizo”, “eso ya lo hice yo de alcalde”, etc... Fálase agora de que José Luis Martínez Sanjurjo podería encabezar as listas do PP, mentres Martino concurriría nunhas listas independentes. José Luis Martínez fora nas pasadas eleccións nas listas de Terra Galega con Roberto González. Por certo que para o PP saltou tamén Susana García, a non tan fiel escudeira de González: e é que cando o barco afunde, todo o mundo escapa.
A outra opción sería a de Estrella; xa sen entrar en valoracións máisideolóxicas, ten antecedentes que a debería deshabilitar seriamente para exercer de representante política de ninguén: en outubro de 2005, cando fora o escándalo de Aquagest, Estrella Vázquez non tivo reparo en saltar a disciplina do partido para favorecer na adxudicación do servizo de aguas de Ordes ao seu marido, descarado caso de nepotismo que foi levado aos xulgados.

-O PSOE sigue a ser o caos organizativo que sempre foi neste concello, unha plataforma para egos individuais. Na historia máis recente temos o caso de Hermida, candidato á alcaldía polos “socialistas” que non lle tremeu o pulso en pasarse ao goberno de Martino, e ir despois de terceiro nas listas do PP. Aí temos as trifulcas de Esther Couto e Nel Astray -quen xa analizamos noutro post-, e a aventura madrileña da primeira. Agora, os concelleiros socialistas que goberna com Regos, recibe moitas críticas -sobre todo personalizadas en Pedreira-de outros militantes do PSOE, que os acusan de traidores. O último affaire protagonizouno Xesús Pampín ao negarse a votar os orzamentos e criticando duramente no pleno ao actual goberno, sendo expulsado da corporación. El substituira no cargo a Ana María Álvarez, tamén descontenta co papel do PSOE no goberno de Regos e que conta a quen queira oila que lle gustaría presentarse cun partido que realmente represente as súas ideas.

-NA non parece que vaia ter moito máis futuro. Despois do transfuguismo de Nel Astray, non semella que Juan Simón volte a presentarse, pero nunca se sabe.

-Por último, todo parece indicar que o BNG non terá reparos en colocar de cabeza de lista a Gonzalo Castro, un dos protagonistas do principal caso de corrupción do BNG durante o bipartito, o caso Carrumeiro.

-E aínda que nos faltan datos, corre desde hai meses o rumor de que Converxencia XXI (nacionalismo liberal) se presentará ás municipais en Ordes. O seu militante máis destacado é o ex-militante do BNG, e cantante do Chícharo Psicótico Fernando del Río Iglesias “Guillín”.
Triste balance podemos facer. Aínda que de momento nos faltan moitos datos, a presencia de tránsfugas e demostrados corruptos parece non ausentarse de ningunha lista, com excepción da última, da que tampouco temos moita información. Vótese a quen se vote, a ausencia de un mínimo democrático estará presente.

38 comentários:

  1. Bueno, bueno, bueno. Andades un pouco perdidos e desnortados.

    Non dades unha no clavo. Só falades de oidas. Vexevos moi desconectados da realidade de Ordes.

    Seredes realmente de Ordes?

    ResponderEliminar
  2. Pero se non acertamos dinos en que "Anónimo"! Somos todo oidos ;-) Ah, e ti pensas que a alguén que non sexa de Ordes lle interesa algo a política ordense?? xD

    ResponderEliminar
  3. Non acertades en casi nada. Nin aportades nada novo. Só o que sabe todo o mundo en Ordes. Menuda investigación!!!

    Me parto!!!

    Vamos poñer un exemplo da vosa ignorancia:

    Pampin non foi expulsado da Corporación!!! Porque ninguén pode expulsalo da Corporación.

    Foi cesado do goberno municipal polo alcalde.

    Sodes tan ignorantes que non sabedes distinguir entre Coproración Municipal e Goberno Municipal.

    E ainda vos atrevedes a falar de política.

    Ide a escola e despois falamos.

    ResponderEliminar
  4. Pois a min si que me pareceu interesante, e non entendo as críticas que vos fan sen aportar -agora si- nada de nada.

    Cala a boca anónimo (supoño que os dous anónimos serán o mesmo), quen vai falar de ir á escola paspán, que non sabes distinguir entre "Corporación" e "Coproración". Esperamos a que vaias ti á escola para falar?

    Ademais, Pampín foi expulsado das duas cousas, goberno e corporación municipal...

    ResponderEliminar
  5. Eu prejuntome:

    "Non acertades en casi nada. Nin aportades nada novo. Só o que sabe todo o mundo en Ordes. Menuda investigación!!!"

    É posible que ao mesmo tempo digan cousas que xa están sabidas por todo o mundo, e ao mesmo tempo non acerten en nada???

    ResponderEliminar
  6. Nin sequera vos enterastes de que o PP de Ordes xa elixiu cabeza de lista hai varias semanas e que foi presentado o sábado nun acto provincial con Feijoo. Acto que saiu en todos os medios de comunicación onte domingo.

    Menudos tipiños tan informados!!!

    Din que a ignorancia é atrevida e a verdade é que no voso caso demostrase ben, non tedes nin idea do que pasa en Ordes, andades cun despiste monumental e ainda vos atrevedes a facer crónicas como a chapuza que acabades de publicar.

    Falades de oídas, e xa vos deixaron en rídiculo máis dunha vez, pero vese que non apredendes, a última metedura de pata foi o voso post sobre a ordenanza reguladora da creación de ficheiros persoais, onde nos comentarios xa vos deixaron en ridículo.

    E neste último post volvedes a demostrar que non vos enterades de nada. Non ledes nin a prensa escrita e ainda vos atrevedes a facer analises ou crónicas da situacion política e claro o resultado non pode ser máis que o rídiculo máis espantoso:

    - "Pampin expulsado da Corporación" (sen comentarios, vaia ignorancia a vosa).

    - "Opcións a encabezar a lista do PP" (cando o candidato xa foi presentado este fin de semana e leva elexido varias semanas).

    A verdade é que resultades cómicos. Me parto!!!

    ResponderEliminar
  7. Anónimo das 11:27, que supoño que serás o subcomandante agochado.

    Acabas de lucirte!!! Dis Que Pampin foi expulsado do Goberno e TAMÉN DA CORPORACIÓN MUNICIPAL!!!

    Ja, Ja, Ja. Agora si que xa non podo máis, morro da risa con tanta BURREMIA E IGNORANCIA que hai neste blog.

    E cando Pampin estea no próximo Pleno Municipal, que vas dicir, que foi unha conspiración judeo-masónica???

    Ja, ja, ja!!! Me parto!!!

    ResponderEliminar
  8. SUBCOMANDANTE IGNORANTE!!!

    ResponderEliminar
  9. Os Concelleiros non poden ser expulsados da Corporación. A acta de concelleiro é deles.

    SUBCOMANDANTE IGNORANTE!!!

    ResponderEliminar
  10. "Sin embargo queda pendiente todavía la patata caliente en otro histórico feudo de la derecha en el entorno compostelano: Ordes. A falta de confirmación oficial, este diario pudo saber que el PP elegirá a José Martínez Sanjurjo para encabezar sus listas, un rostro joven, pero no nuevo en la política ordense ya que concurrió a los pasados comicios en la lista de TeGa, de la que sólo salió edil electo su líder, Roberto González."

    A FALTA DE CONFIRMACIÓN OFICIAL

    ResponderEliminar
  11. Fora da croporación Subcomandante!

    ResponderEliminar
  12. Anónimo das 11:44, ou mellor dito, subcomandante. Ti só te enteras das cousas que pasan en Ordes "por confirmación oficial"???

    Claro pasas o día diante do computador e así é normal que non te enteres de nada do que pasa en Ordes.

    O candidato do PP foi elexido hai un mes e presentado o sábado. Onte domingo saiu na prensa e vos publicades este post hoxe sen saber nada diso.

    Non ledes nin a prensa.

    ResponderEliminar
  13. Croporación ten algo que ver con coprofaxia?

    ResponderEliminar
  14. Na Voz de Galicia de onte domingo sae unha foto de Feijoo e o cabeza de lista do PP de Ordes, xunto co alcalde de Frades e cos demáis candidatos ás alcaldías da provincia da Coruña.

    Pero o subcomandante non dicia que se tiña por un xornalista de investigación?

    Un xornalista que nin investiga e que nin sequera lé os xornais?

    O subcomandante debería deixar o ordenador e pasear máis por Ordes, ou beber menos kalimotxos a fin de semana, porque está perdendo moitas neuronas.

    ResponderEliminar
  15. SUBCOMANDANTE Á ESCOLA!!

    1ª LECCIÓN: ESCRIBIR 1.000 VECES "NON VOLVEREI A CONFUNDIR CORPORACIÓN MUNICIPAL CON GOBERNO MUNICIPAL".

    ResponderEliminar
  16. Efectivamente, aquí sae martínez sanjurjo na foto, aínda que non se di nada no texto: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/09/19/0003_8734387.htm?idioma=galego

    Supoño que farán presentación do candidato en Ordes cando toque.

    E é certo o que dis! Eu ao Subcomandante vino o outro día dandolle ao kalimotxo diante do Rejos, cun bocata de nocilla enorme.

    ResponderEliminar
  17. LA MUNICIPAL
    Arriba, trepas de la Tierra.
    En pie, productores de jamón.
    Atreuna la cacicada en marcha,
    es el fin de la subvención.

    Del paisano hay que hacer añicos,
    gente esclava que convencer,
    el jaliñeiro es la casa,
    donde los trepas de hoy todo han de ser.

    Ajuntémonos todos,
    en la cacicada final.
    El género bobo
    es la municipal.
    (bis)

    Ni en diputaciones, leyes ni votacines,
    está el supremo chupador.
    Nosotros mismos realicemos
    el esfuerzo extorsionador.

    Para hacer que el pobre caiga
    y el jaliñeiro siervo jovernar,
    aspiremos la blanca dama
    que el hombre esclavo há de esnifar.

    Para hacer que el tirano caiga
    y el mundo siervo liberar,
    soplemos la potente fragua
    que el hombre libre ha de forjar.

    Ajuntémonos todos,
    en la cacicada final.
    El género bobo
    es la municipal.
    (bis)

    ResponderEliminar
  18. SUBCOMANDANTE: EN QUE LISTA POS A ROBERTO GONZALEZ?
    CREO QUE CHE FALTA ESTE PARTIDO:
    É POSIBLE QUE XUNTO A EL VAIAN NEL E HERMIDA.

    ResponderEliminar
  19. A FOTO ESTA QUE NIN DIOS. NUNCA MELLOR DITO.. A TETA DO CONCELLO DE ORDES DEBE DE DAR BEN LEITE OH...

    ResponderEliminar
  20. Un partido con González, Astray e Hermida? Ostia! que tropa!! hahahaha

    ResponderEliminar
  21. Coma sempre os políticos están pelexándose entre eles en lugar de buscar solucións.

    ResponderEliminar
  22. Os xornais só din mentiras!!!! Non fai falta ser de Ordes, pois entre tanto espabiladoe tanto listillo creo que xa estou ao día da politica ordense. Eu expúlsovos desta corporación.

    ResponderEliminar
  23. "O blog é unha merda é non din cousas con xeito!!!"
    Si, si, pero ben que estades todos os días a ver que publica e a facer comentarios. Hipócritas.

    ResponderEliminar
  24. E o subcomandante saiu todo gallito no segundo comentario e cando o deixaron en evidencia calou a boquiña.

    ResponderEliminar
  25. Que che pasou subcomandante? Saiches de listillo co segundo comentario, levaches nos fuciños e quedaches como un BURRO!! e quedaches caladiño.

    Ha, Ha, Ha!!!

    ResponderEliminar
  26. Efectivamente, Xesús Pampín non foi expulsado da "corporación municipal" senón do "goberno municipal", desculpade o erro. Sobre o de Martínez Sanjurjo tamén todo parece indicar que será o candidato á alcaldía polo PP, aínda que en todos os medios sinalan que aínda non é oficial. Polo resto, mantemos o post porque a información sobre cada "elemento" sigue a ser válida (despois de todo é o "historial" de cada un/ha).

    Como sempre dixemos, agradécense as suxerencias e correcións -non nos caen os aneis por ter que rectificar, ben o sabedes-, aínda que se se fan con algo de educación mellor que mellor.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  27. Subcomandante ti rectificar?? Ti non sabes o que significa iso. Nunca o fixeches.

    Outra cousa, porque si en Ordes son todos tan corruptos, según tidis, non hai ninguén que estea sendo investigando pola xustiza?.

    Da probas das acusacións que fas, e leva esas probas ao xulgado e á policía.

    Ou non as tes? Será porque mintes?

    ResponderEliminar
  28. Subcomandante. Ademáis dun ignorante non serás un mentireiro que só repite as acusacións que fan uns partidos dos outros, dandoas por certas?????.

    ResponderEliminar
  29. Subcomandante, anula os comentarios anónimos dunha puta vez, que á xente decente coma min non nos importa firmalos e poñer o enderezo electrónico

    ResponderEliminar
  30. Si claro e o teu nome real é Homer. Ha, Ha, Ha!!! Ti es tan anónimo como eu.

    ResponderEliminar
  31. Eu creo que o subcomandante se non quere quedar como un mentireiro debía ir ao xulgado coas denuncias de corrupción que fai.
    Se non o fai vai darlle a razón aos que din que o subcomandante está mentindo e acusando sen probas.
    A loita contra o caciquismo ten que chegar até as últimas consecuencias, porque se acusas e non actuas acabas por darlle a razón aos caciques.
    Se é certo o que di o subcomandante ten que denunciar no xulgado.
    Ou se él non quere descubrirse que lle envíe as probas da corrupción a alguén ao que non lle importe dar a cara para que presente unha denuncia no xulgado.

    ResponderEliminar
  32. Eu creo que se os que critican ao subcomandante se non queren quedar como uns mentireiros debían ir ao xulgado coas denuncias por inxurias que fai.
    Se non o fan van darlle a razón ao subcomandante e están mentindo e acusandoo sen probas.
    A loita contra o caciquismo ten que chegar até as últimas consecuencias, porque se acusas e non actuas acabas por darlle a razón ao subcomandante.
    Se non é certo o que di o subcomandante ten que denunciar no xulgado.
    Ou se él non quere descubrirse que lle envíe as probas da corrupción a alguén ao que non lle importe dar a cara para que presente unha denuncia no xulgado.

    ResponderEliminar
  33. O subcomandante non fala de Terra Galega, porque xa ten chegado a un acordo con Roberto González para ir xuntos ás eleccións municipais.
    Porque son da mesma ideoloxía, a dereita reaccionaria que se viste de galeguismo. Terra Galega e Converxencia XXI.
    É todo o mesmo facherío. O caciquismo galeguista que quedou orfo coa morte de Cuiña.

    ResponderEliminar
  34. Que o subcomandante era un cacique máis estaba claro. Non hai máis que ler o comentario que fixo ás 16:34 o subcomandante oculto baixo outro nome. Nese comentario demostrase que o subcomandante só minte e non ten ningunha proba das corrupcións das que fala e que o único que quere é sacar aos que están agora para poñerse él a chupar.
    O subcomandante non é máis que un chupón máis, outra vaca no millo.
    Por último, outra cousa, o partido do subcomandante é de ideoloxía "autonomista, ultraliberal e de dereitas".
    A min non me engañas subcomandante.

    ResponderEliminar
  35. Homiño, pero se iso xa o sabe todo dios, que o Subcomandante é Guillín... Non veñas ti agora de listo a "descubrirnos" o que todo o pobo sabía.

    ResponderEliminar
  36. o subcomandante provablemente é do psoe que aquí a ese non os critica estou segura

    ResponderEliminar
  37. Pedro Carrasco, o que vendeo a farmacia por unhas cuantas ducias de rulas, resulta que se aburre e adicase a andar sacando fotos a diestro e siniestro, non lle oubera sido mellor seguir despachando medicamentos e non se meter a politiquillo de turno? e digo politiquillo xa que elexio o partido mais caciquil que temos despois de morrer francisco...... que pena me dan alguns.

    ResponderEliminar