23/09/10

Aumenta o curriculum delitivo de Peke da Olympus que mañá toca en Poulo



Mañá toca a Olympus en Poulo, e por se fose pouco, o 29 en Frades e o 31 de outubro en LP45. Non hai quen quite de enriba a estes impresentables. O asunto é xa a polémica do verán, e desde que todo comezara, non deixaron de aumentar e aumentar as razóns para non volver contratar a Olympus en ningunha festa.



Polo que se di en internet, en Vilalba, Vedra e Cambre, moitas persoas do público mostraron a súa repulsa a que o homófobo, racista e violento Peke estrague as festas da súa parroquia co seu lamentable espectáculo, exaltado unha serie de valores que hai que exterminar.

Narcotraficantes facendo apoloxía do consumo de drogas

Fai pouco sóubose que o propietario da Olympus está en prisión por un alixo de 6.000 quilos de cocaína, e que a orquestra serve para blanquear diñeiro é un secreto a voces, así que como o seu éxito se debe aos recursos técnicos (luces, son, etc.) cos que conta, demasiado caros para que as demais orquestras os podan ter.

Sabendo isto, o feito de que inciten ao consumo de drogas -como xa temos denunciado- ten un valor engadido. Como mostra, poñémosvos este vídeo da súa actuación nas festas de Eirís do ano pasado: aí pódese ver todo: incitación ao consumo de drogas, incitación á violencia homófoba (“matarile al maricón”, etc., sobran comentarios:



O cantante “gay” da Olympus


Desde que se fixo pública a denuncia da homofobia da Olympus, Peke puxo en marcha unha esceniña para disculparse pola súa homofobia, facendo que choraba e todo.Nela dicía que se el fose racista non traballaría “con este neghro”, e que “se fose homófobo non tería na orquesta a este maricón” (sic). A parte de que esa non é escusa ningunha, e todo o mundo sabe que hai gais homófobos, como hai mulleres machistas, o caso é que o cantante Dani non é homosexual. Outra mentira de Peke. De feito, neste vídeo pódese ver como no 16 de xullo de 2010, o suposto homosexual da Olympus, Dani, lle pide nas festas do Carme de Marín para casar á súa moza.



Explotación laboral


A Peke gústalle sair nos seus espectáculos facendo o papel de traballador abnegado que fai todo pola súa familia, demagogo como é, sabendo que isso encaixa ben coa ideoloxía tradicional galega. Moito conto, pero el cobra sobre 70.000 euros ao ano, cifra ao alcance de pouca xente.

Para colmo, o penoso trato que lle dá ao resto da xente que traballa na orquestra é de sobras coñecido nese mundo. Sen ir máis lonxe Marta, a actual cantante, estivo a punto de ser expulsada da Olympus no medio do verán por non tolerar as malas condicións laborais. Peke tivo que achantar porque teñen un contrato e non atoparon outra cantante no medio da tempada que ocupase o seu lugar se ela marchaba. Aínda que hai músicos na Olympus que lle seguen o conto a Peke, moitos simplemente aguantan e marchan ao pouco tempo, como lle pasou a moitos.

Para atender os fans, a Olympus ten unha caravana que lle chaman “del amor” que levan a todas partes. Alí teñen baños, comida, bebida, frigoríficos, etc. Todo por expresa orden de Peke para ter ben contentos aos enganados fans. Agora ben, aos músicos que nen se lles ocorra descansar, pois están obrigados a atender aos fans.

Falta de respecto ás outras orquestras

A Olympus é coñecida tamén pola falta de respecto ás outras orquestas, cando lles dá paso polo micro, menosprezando o traballo dos demais, que se cadra non son tan coñecidos por non ter os medios técnicos que el ten (e xa sabemos de onde sacaron os cartos). Cónstanos por información que nos envían as nosas fontes que o seu trato denigrante com outras orquestras ten chegado ao punto de que compoñentes da Olympus se dedicaban a sinalar co dedo e rirse da orquestra que tocaba antes deles. Todo un alarde de boa educación.

Mala educación e orquestras

Parece ser que o que puxo de moda as animaladas desde o palco como reclamo foi Lito da Panorama. Peke colleu a idea e exaxerouna ao máximo, chegando á apoloxía da violencia que xa vimos. Como a estas orquestras grandes lle funcionou a técnica, o resto comezou a imitalos. Unha mostra deste peculiar “humor” copiado “das grandes” é o Grupo Chaston, como se pode ver neste vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=JF9FoyHmBEI

Peke intimida e empurra ao público crítico en Vilalba

Agora que a xente sabe a verdade sobre Peke e a Olympus, chóvenlle as críticas, pero el só sabe respondelas com violencia, dándonos máis e máis razón aos que o criticamos. Deixamos aquí a testemuña, sen trampa nen cartón, dun rapaz de Vilalba agredido por Peke hai unhas semanas:

Óscar González Pardo

Son o rapaz que escribiu a nota á Orquestra Olympus. Antes de nada gustaríame agradecer ó xornal dixital Terra Chá. Xá e especialmente ó seu director Félix Jorquera por publicar este artigo.
Como vedes son unha persoa normal, con nome e apelidos que non me importa dar a cara e explicar ante tod@s @s lector@s deste xornal o sucedido o pasado martes 31 de agosto na Praza da Constitución de Vilalba.

Como vilalbés que son estaba a desfrutar dunha noite de festa cos meus amigos, Olympus compartía campo coa orquestra Panamá e nos estabamos na vervena sen molestar a ninguén.
Durante o primeiro pase de Olympus, esta fixo honra ó equipo da selección española de fútbol, empregando para elo as camisolas da selección e bandeiras do Estado Español. Unha vez rematou esa canción a orquestra cantou "como bailas carmiña" sen cambiar de vestiario.
Nese momento considerei oportuno indicarlle á orquestra que, baixo o meu punto de vista, non estaban a empregar a vestimenta máis adecuada para cantar dita canción. Para elo empreguei unha nota na que se indicaba que, repito, baixo o meu punto de vista non era moi correcto cantar "como bailas carmiña" coas camisolas da selección española de fútbol.
Pero o que eu fixen foi simplemente unha crítica á que eles poideron respostar que se non me gustaba a súa actuación que me fora para outro lugar, como me pode respostar un camareiro se lle critico que me sirve cunha camisola do Real Madrid (por exemplo).
Pero a resposta de Olympus non foi así... empregou a miña nota para criticar tamén todos os problemas que se gañan e todas as criticas que os acusan de homófobos, racistas, etc. Mentres Peke, o cantante da orquestra, facía as críticas e "leu" a miña nota, Moncho (un técnico de montaxe) sinalábame dende o campo a escasos centímetros poñéndose ás miñas costas, e Roberto (trombón da orquestra) berraba "Pallasos" dende o escenario.

Sinceramente, nada diso me importou, para min Roberto tan só demostraron a súa falta de educación, chamándome "pallaso" e non sabendo aceptar unha crítica, Peke demostrou a súa falta de cultura criticando que ó final da nota aparecera a palabra "grazas" (normativa na nosa lingua), e a actitude de Moncho resúltame insignificante xa que me sinalaba como se pretendera que o público se axustizara comigo.

Unha vez se baixou o telón da orquestra, os meus amigos e eu dirixíamonos cara a orquestra Panamá que ía comezar a súa actuación cando de súpeto alguén me colleu polo pescozo e me dirixiu cara a parte baixa do escenario de Olympus, eran Moncho (o técnico de montaxe) e Roberto (o do trombón).

Entre empurróns e demais Roberto tirou o meu teléfono móbil ó chan, logo negábase a devolvermo e... en definitiva... tentaron resolver a miña crítica empregando a forza.
Entre tanto dicían que falara agora e comentarios ameazantes dese estilo...
Unha vez solventada a incidencia continuei desfrutando da vervena cos meus amigos e no segundo pase da orquestra Olympus erguin unha bandeira da Patria para que viran que pese ás súas ameazas eu continuarei expresando os meus sentimentos.
Sei que hoxe son criticado por moitos vilalbeses, pero a maioría deles non saben ben como foron as cousas, pero ó mesmo tempo son defendido e a miña actuación é valorada por moitos outros que pensaban o mesmo ca min.

Agora xa independentemente de ideoloxía política e sentimentos creo que xamais se debeu tentar empregar a forza para resolver a crítica.
(Ler máis: http://www.terrachaxa.com/novas/orquestras-espect%C3%A1culos-e-m%C3%ADtines-por-f%C3%A9lix-jorquera)
Pouco máis podemos dicir, porque sobran as palabras.

24 comentários:

  1. Deixemos aos de Poulo "desfrutar" con esa merda de orquestra e imos tod@s á LP45 o 31 de outubro "animar" a noite.

    ResponderEliminar
  2. Era o que me faltaba, que a min me dixesen como debo ir vestido pola rúa, ou nun espectáculo dos meus. Home, hasta aí chegaramos. O problema é que algúns non "aturades" que a selección, de momento a de todos, gañase o mundial.

    ResponderEliminar
  3. Non podo, por asuntos que non podo adiar,acudir hoxe a Poulo a manifestar o meu descontento con estes senvergonzas. Procurarei estar en Frades.

    ResponderEliminar
  4. Asistín onte a poulo e sorpresa!!! mentres eu estuben na festa (hasta as 2 e media + -) non lle escoitei nin unha sola palabrota o tipo ese, nin ó negro lle chamou negro só morenito e a Dani en ningun momento lle chamou maricón. Noraboa subcomandante parece que este rapaz empeza a coller un pouco de educación,seguiremos ollando haber que pasa, por certo o dia 3 tamen estan en Senrra, que non o nombrades será que non o sabiades pois ahí queda.

    ResponderEliminar
  5. A Orquestra esta paréceme vomitiva, noxenta. Porén, hainos que criticar polo que os hai que criticar. Decir que este impresentable de Peke é un narcotraficante baixo o meu punto de vista réstalle credibilidade ó resto dos (moitos) argumentos con máis fundamento.
    Eu persoalmente considero máis delito a homofobia que o narcotráfico pero este é outro tema.
    Se hai unha sentencia xudicial que condea ó Peke ou a calquera outro dos que están no escenario pódese incluir á letanía de críticas, mentres non pase eso son unhos empregados e creo que non se lle pode criticar o que fagan os seus patróns

    ResponderEliminar
  6. Lede lede: http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/10/14/2073904.shtml?idioma=galego

    ResponderEliminar
  7. Caraaaaaaaaaaaaaaaaaaaaallo Peke! Onte portacheste ben eh?? O medo é libre. A ver se sigues así. Pero non olvidamos eh, tes castigos pendentes por cumplir.

    ResponderEliminar
  8. Subcomandante, tanto que criticas e falas... non tes nada que contarnos sobre o asunto do palco da Panorama? porque ti que o criticas e esaxeras todo paréceme ben raro que non cites dito tema por aquí.

    Espero que onte estiveras en Poulo para dicirlle á cara a Peke todo o que pos del por aquí... ou non houbo valor? ;), probablemente non o houbo,non.

    ResponderEliminar
  9. Que carallo queres saber...si lle tiraron un molotov desde unha ponte?. Poi ala enterados tod@s!!!!
    Komando Orroroso.

    ResponderEliminar
  10. Anonimo das 19:24, non pidas tonterias desas home...é obvio que o subcomandante é da Panorama, como vai falar mal deles?

    ResponderEliminar
  11. Claro, por iso no artigo pon: "Parece ser que o que puxo de moda as animaladas desde o palco como reclamo foi Lito da Panorama."

    ResponderEliminar
  12. Pois a xente de Poulo pasou bastante do subcomandante este porque moito aplaudiu a actuación da orquesta Olimpus e sobre todo aplaudiron a Peke.

    A foderse!!!

    ResponderEliminar
  13. Agora os abucheos a Peke convirtense en aplausos... Manda carallo. Porque cando cantaron o waka waka eu foi o que oin.

    Ah, e "A foderse" quen anónimo? os que non somos machistas, racistas e homófobos?

    ResponderEliminar
  14. E tanto que aplaudiron, tantas pancartas que se ían a facer en contra da orquesta, e ó final nin rastro!.

    ResponderEliminar
  15. Pero a vós non hai quen vos entenda. Estades por lerear. Criticades e isultades aos que dician que había que ir a Poulo a manifestarse contra Peke e a Olympuse e que o único que íamos conseguir era fastidiar á comisión. E agora como deixamos que a "festa" transcorrera en paze que vos "divirtárades á vosa maneira" parece que nos botabades en falta. Ide rañala vos e mailo Peke.

    ResponderEliminar
  16. Subcomandante tomaches polo cú en Poulo. Ao final demostrouse non o leen máis que catro pringados (entre os cales me incluo).
    Non che fixo caso nin Dios co boicot á Olimpus.

    ResponderEliminar
  17. Subcomandante tomaches polo cú en Poulo. Ao final demostrouse que este blog non o leen máis que catro pringados (entre os cales me incluo).
    Non che fixo caso nin Dios co boicot á Olimpus.

    ResponderEliminar
  18. TI ES DOBLEMENTE PRINGAO.

    ResponderEliminar
  19. jajaja, como se nota que non entendedes nada. O de ir a Poulo armala e boicotear a festa foi só pra que Peke collera medo e se portara como se ten que portar unha persoa normal que tá subido nun escenario e que pasou? pois eso: Peke roeo xenio e portouse ben, non hai santo que non lle chegue o seo dia.....ahh e non son o subcomandante, son alguen que xa está ata a moña de escoitar estupideces neste blog. Ademais non puiden ir onte a Frades e gustariame que alguen contara algo, portouse ben o tipo coma en Poulo? Eso espero.... firma unha fan das boas orquestas

    ResponderEliminar
  20. Mentira todo..en que mente cabe que le hicieran al chabal ese lo que cuenta,lo de agarrarlo por el cuello,llevalo al escenario...?aver en que mente cabe?Esq ue mira es os gusta inventar eh!Y que,de la panorama no se dice nada no?que es eso que dicen:que levante la mano quien piese que con esta camiseta parezco maricon?Eso no es depectivo no?LO QUE PASA ES QUE LA GENTE QUE ESCRIBE ESO Y CRITICA TANTO A OLYMPUS ES TODO POR ENVIDIA ;)

    ResponderEliminar
  21. Cando veñan os da comision de festas a pedir na miña casa, non penso dar un euro se contratan olimpus, unha orquestra totalmente desprestixiada

    ResponderEliminar
  22. Xa vistes como se acojonou Peke en Poulo
    bandeiras de Espana e tocaron a Churrera
    ja ja ja

    ResponderEliminar
  23. Pois si, acojonouse, como di o comentario anterior (ainda que se podia utilizar unha palabra mais educada)e logo en algun momento dixo palabrotas,Non, en algun momento chamoulle negro o seo compañeiro,Non, en algun momento chamoulle maricon o outro compañeiro, NON....... A BO ENTENDEDOR POUCAS PALABRAS SE PRECISAN......

    ResponderEliminar