21/09/10

Simboloxía fascista no Ghaliñeiro



Hai lectores que levan tempo a pedirnos que tratemos o tema da simboloxía franquista en Ordes, e que mellor ocasión que agora que Ordessiete publica unha entrada sobre o Soldado Lois.



Parece que a dereita vai ao Soldado Lois como as moscas ao mel. A noticia presenta o habitual ton autobombístico da páxina oficial do caciquismo local, que se atribue heroicamente que “Ordessiete consigue acceder al informe oficial...” etc., cando ese documento é a terceira ou cuarta entrada que aparece no google ao poñer “Soldado Lois”... Outra das entradas que aparece nobuscador, por certo, é un vídeo gravado por Mario Mouriño, redactor do blog falemosdeordes.blogspot.com, yosoydelpp.blogspot.com, e outros polo estilo, patriota español que no balcón do seu edificio -enfrente ao Ghaliñeiro- hiza unha monumental rojigualda.

Para que non haxa confusións, copiamos aquí o apartado da Lei da Memoria Histórica que demostra que non só é inmoral, senón tamén ilegal, a abundante presenza de simbolos fascistas en Ordes:
Ley de la memoria histórica. LEY 52/2007, de 26 de diciembre Artículo 15. Símbolos y monumentos públicos.
1.Las Administraciones públicas, en el ejercicio de sus competencias, tomarán las medidas oportunas para la retirada de escudos, insignias, placas y otros objetos o menciones conmemorativas de exaltación, personal o colectiva, de la sublevación militar, de la Guerra Civil y de la represión de la Dictadura. Entre estas medidas podrá incluirse la retirada de subvenciones o ayudas públicas.
2.Lo previsto en el apartado anterior no será de aplicación cuando las menciones sean de estricto recuerdo privado, sin exaltación de los enfrentados, o cuando concurran razones artísticas, arquitectónicas o artístico-religiosas protegidas por la ley.
3.El Gobierno colaborará con las Comunidades Autónomas y las Entidades Locales en la elaboración de un catálogo de vestigios relativos a la Guerra Civil y la Dictadura a los efectos previstos en el apartado anterior.
4.Las Administraciones públicas podrán retirar subvenciones o ayudas a los propietarios privados que no actúen del modo previsto en el apartado 1 de este artículo.
http://leymemoria.mjusticia.es/paginas/es/ley_memoria.html
Conforme esta lei o Ghaliñeiro ten a obriga de mudar varias cousas no concello: cambiar o nome da Alameda “do Soldado Lois” e o monolito que hai na mesma; eliminar o mausoleo que hai no cemiterio do Piñeiro, tamén dedicado ao Soldado Lois; e cambiar o nove da Avenida “de Alfonso Senra”.

Desde a morte de Franco houbo varias propostas en Ordes sobre este tema: a Associaçom Reintegracionista de Ordes propuxo cambiar o nome das rúas, Manuel Astray Rivas -pai de Nel Astray- denunciou no seu libro “Síndrome del 36: la IV agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia” publicado en 1992, que o mausoleo ao Soldado Lois estaba construido enriba das fosas comúns onde os falanxistas fusilaran e enterraran a republicanos, e o BNG presentou varias mocións para retirar a simboloxía franquista das rúas de Ordes. Obradoiro da Historia, e sobre todo o historiador da mesma Manuel Pazos axudaron moito a coñecer e denunciar estes atropelos á memoria histórica. Estas propostas sempre foron desestimadas, ata que -hai que recoñecerllo- Regos chegou ao goberno, eliminando cousas tan graver como “Calle del General Mola”, “Avenida del Generalísimo”, etc., que ofenden a calquera persoa cun mínimo de sensibilidade democrática.

Despois desta peneira que se conseguiu co goberno de Reghos, parece que aínda quedou algún residuo de simboloxía franquista no Ghaliñeiro. A Asociación Cultural Foucellas pediulle ao concello que non participase na homenaxe ao Soldado Lois sen moito éxito, respondendo simplemente Regos no Xornal de Galicia que “Ordes non apoia o franquismo”, e non se sabe en que acabou o conto, pero o certo é que da homenaxe do ano pasado non se fixo nota de prensa. Esta mesma asociación ordense criticou tamén que a principal rúa de Ordes leve o nome do represor franquista Alfonso Senra, incumprindo a Lei da Memoria Histórica.

Queremos contribuir a este debate pedíndovos que nos informedes dos lugares da comarca onde aínda hai restos de simboloxía franquista.

14 comentários:

  1. Aproveitamos tamén para suxerirlle a Ordessiete que respecte un pouquiño a toponimia da zona, pois demostran un descoñecemento e un desprezo total por Ordes:

    1) A ofrenda floral ao Soldado Lois non se fai "en el cementerio municipal de O Balado", senón no do Piñeiro.

    2) Non temos aquí ningún "Colegio de Monte Maior", senón o "Colexio do Campo Maior".

    3) Non existe ningunha banda de música de "A Golada" senón de "Agolada".

    ResponderEliminar
  2. en Queixas hai unha aldea chamada Portofranco! idelle comentar a liñares!

    ResponderEliminar
  3. Aquí a xente banaliza con todo e ó carallo...

    ResponderEliminar
  4. Eso, eso!!

    Fora da corporación municipal!!

    ResponderEliminar
  5. Na calle que baixa ao campo da feira, onde está a de emilia, ten varias placas da falange española, porque son pisos de protecion oficial

    ResponderEliminar
  6. Agora polo menos taparon o xugo e as flechas no lavadero. Pero bueno, xa vedes Regos e Ordessiete que asco lle teñen ao facherio... Se son como eles joder!

    ResponderEliminar
  7. Algunha información que se lle "esqueceu" ao subcomandante:

    http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2007/09/25/0003_6171888.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

    http://www.elcorreogallego.es/comarcas/tierras-de-compostela/ecg/ordes-elimina-mapa-nombres-franquistas/idEdicion-2007-09-25/idNoticia-212811/

    ResponderEliminar
  8. O Anónimo das 14:04, que debe ser o mesmo que anda baduando estes días debe ser algo parvo ou non sabe ler. As noticias que pega din que: "La Corporación decidió ayer por unanimidad cambiar la denominación de las calles Generalísimo, José Antonio, Calvo Sotelo y General Mola" e o que di o Subcomandante é:

    "Estas propostas sempre foron desestimadas, ata que -hai que recoñecerllo- Regos chegou ao goberno, eliminando cousas tan graver como “Calle del General Mola”, “Avenida del Generalísimo”, etc., que ofenden a calquera persoa cun mínimo de sensibilidade democrática.

    Despois desta peneira que se conseguiu co goberno de Reghos, parece que aínda quedou algún residuo de simboloxía franquista no Ghaliñeiro. A Asociación Cultural Foucellas pediulle ao concello que non participase na homenaxe ao Soldado Lois sen moito éxito, respondendo simplemente Regos no Xornal de Galicia que “Ordes non apoia o franquismo”, e non se sabe en que acabou o conto, pero o certo é que da homenaxe do ano pasado non se fixo nota de prensa. Esta mesma asociación ordense criticou tamén que a principal rúa de Ordes leve o nome do represor franquista Alfonso Senra, incumprindo a Lei da Memoria Histórica."

    A ver se lemos antes de ladrar polas esquinas...

    ResponderEliminar
  9. Estes coprófagos non saben ler...

    ResponderEliminar
  10. Grazas pola ligazón ás noticias do Correo e a Voz. Eu non sabía que a moción coa que se retiraron moitos nomes franquistas das rúas de Ordes era do BNG.
    De todos xeitos, xa mo parecía. Unha mágoa que os do BNG non conseguisen que os novos nomes fosen Alexandre Bóveda e Manuel Ponte Pedreira.

    ResponderEliminar
  11. A ver se nos entendemos:
    1. Si, o BNG presentou a noción para retirar o nome das rúas franquistas. Presentouna varias veces, e finalmente aprobouse con Rejos gobernando. E no post xa o pon, o que pasa é que a xente non le.
    2. Aínda así, por ignorancia ou o que fose, non se eliminou o do Soldado Lois e Alfonso Senra. O primeiro utilizado polo franquismo, e o segundo importante alto cargo da represión franquista.

    ResponderEliminar
  12. O que o Subcomandante si parece que "esqueceu" é que a AC Foucelhas propujo chamar-lhe à Avenida Alfonso Senra "Avenida Manuel Ponte Pedreira", para o qual leva reunidas 269 assinaturas aqui (http://www.peticao.com.pt/manuel-ponte-pedreira) e 606 apoios aqui (http://www.facebook.com/#!/group.php?gid=109072872466324&v=wall&ref=search), entre os quais nom está o do Subcomandante, por certo.

    ResponderEliminar
  13. O BNG xa propuxo chamarlle a unha rúa Alexandre Bóveda e a outra Manuel Ponte Pedreira. Pero Regos non quixo polo que se di no Correo Galego.

    ResponderEliminar
  14. Pero de todas maneiras o de Alfonso Senra ten que eliminalo a collóns.

    ResponderEliminar