12/09/10

A Cochiqueira dalle 300 euros de premio a Liaño Flores, ex alcalde falangista da Coruña



Seguimos a ver con satisfacción como contades con nós para denunciar atropelos. Esta noticia, como moitas outras, debémoslla a xente que nos informou a través de correo electrónico de cacicadas que nós non coñecíamos. Nesta ocasión trátase do I Concurso de Fotografía Antiga “Cóntame” do Concello de Cerceda.



O gañador foi nada máis e nada menos que José Manuel Liaño Flores. O individuo en cuestión fora un falangista concelleiro da Coruña a mediados dos corenta, en plena represión. No 1946 pasa a ser xuíz comarcal de Negreira, e foi tamén procurador nas cortes franquistas, sendo nomeado alcalde da Coruña en febreiro de 1976, cargo que ocupa ata xaneiro de 1979. Por se fora pouco, Paco Vázquez, “alcalde de La Curuña”, dedicoulle unha rúa na cidade a este alto cargo franquista. A súa relación com Cerceda ven por ser o propietario do chalet que está ao lado do Pazo de Lavandeiras.

“Socialismo” coruñés e caciquismo na Cochiqueira

Polo chalé da Lavandeiras pasou tamén o xenro de Liñares Flores, o seu xenro González Laxe, presidente da Xunta polo PSOE entre o 1987 e 1990; e o seu fillo, Liaño Pedreira, concelleiro polo PP na Coruña. Hoxe en Cerceda o entramado caciquil é do PSOE, e non do PP, como é normal na maioría dos concellos da provincia. Isto pode que teña as súas raices históricas, aínda que nos faltan moitos datos, vamos presentar aquí a nosa hipótese para poder discutila cas/os lectoras/es e avanzar nela. Durante todo o século XX a proximidade coa Coruña fixo de Cerceda unha zona de veraneo dos señoritos coruñeses, esa peculiar burguesía. Cando se proclama a II República, en Cerceda é a ORGA quen o fai, e de feito, é unha das primeiras proclamacións da provincia. Isto demostra que Cerceda estaba dentro da rede de influencias de Casares Quiroga, máximo traidor de Galicia, e máximo representante do señoritismo coruñés, que hoxe representa Paco Vázquez. No sabemos se esta rede de poder se adaptaría ao Franquismo para sobrevivir, en todo caso a represión máis directa en Cerceda foi case nula. Curiosamente, despois da morte de Franco, volve brotar un caciquismo sui generis en Cerceda, acubillado nas siglas do PSOE e relacionado co “coruñesismo”.

300 ouros para o falangista

Seguramente moitas/os pensedes: “bueno, e que ten que ver que o tipo fora falangista? Está no dereito de presentarse ao concurso”. Aí está a cuestión! Que xa consideramos “normal” que un falangista dos anos 40 ande por aí solto, como un avó simpático que fai fotos. Imaxinan o ex alcalde nazi de Berlín recollendo un premio de fotografía?

Cando volva pasar por Cerceda, que aproveite para chamar ao seu camarada de SOGAMA, Alberto Lamas, e ir tomar xuntos uns viños entoando uns "Cara el Sol".

9 comentários:

  1. Subcomandante, tiñas que meter no dicionario caciquil os personajes de cerceda tamén!

    ResponderEliminar
  2. Mais información:http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/01/02/1400119.shtml?idioma=galego


    Ou avogado José Manuel Liaño podería encabezar a lista do PP en Cerceda

    Ou actual rexedor municipal, José García Liñares, aspira á reelección polo PSOE

    *

    Autor do comentario:
    Ramón Vilar?
    Localidade:
    cerceda?

    * ImprimirVolver

    A cinco meses dás eleccións municipais vos partidos políticos de Cerceda comezan a engraxa-a súa maquinaria electoral. En xogo estarán as trece actas de concelleiro dás que dispón este peculiar municipio que, con tan só 5503 habitantes, conta cun presuposto de máis de 7.400.000 euros (datos do ano 2001). Se non ano 1999 foron catro as candidaturas, para a próxima cita, agás sorpresas de última hora, todo apunta a que serán tres as listas que disputen a alcaldía.? Dáse por feito que ou actual rexedor, José García Liñares, volverá repetir como número un dá formación socialista. Non PSOE cercedense produciuse recentemente a renuncia como concelleiro dun dúas seus militantes históricos: Manuel Barbeito Garaboa. Segundo fontes próximas á agrupación socialista esperar que haxa algúns cambios de face ós comicios locais, apuntar a probable presenza dalgún representante dá emigración. O Psoe agarda revalidar a súa maioría absoluta en maio, nun concello que é feudo socialista dende hai case dúas décadas.? A segunda forza política cercedense, ou PP, garda, segundo vos mentideiros políticos locais, unha baza para as próximas eleccións municipais. Ou avogado José Manuel Liaño, fillo do que fora alcalde dá Coruña e cuñado do ex presidente dá Xunta Fernando González Laxe, substituiría ó actual portavoz popular, José Antonio Gende, na pugna pola alcaldía.?Sen embargo, ou propio José Manuel Liaño asegurou onte que aínda non ten tomada unha decisión, pero que, en todo caso, presentar ou non ás eleccións en Cerceda saberase nos vindeiros días, en canto manteña vos contactos pertinentes coa dirección do partido e sempre e cando se chegue a acordo sobre unha serie de cuestións.?Esta mesma edición xa informou ós lectores dá entrada non PP do ex-alcalde socialista, e actual voceiro do Pince (Partido Independente de Cerceda), Jesús Orgeira Muíño. Todo indica que ou ex rexedor optará a un posto que lle asegure a renovación do cargo como concelleiro, entre vos primeiros dá lista.?Pola súa banda a asemblea local do BNG de Cerceda designou a semana pasada a Rocío da Iglesia Prego como cabeza de lista dá fronte nacionalista. Rocío Da Iglesia , que vén traballando desde a militancia e que está moi vinculada á asociación Adega, substitúe ó anterior número un, Afonso Sánchez Regueiro, coa aspiración de conseguir que ou Bloque Nacionalista Galego volte a ter presenza institucional non salón de plenos cercedense, do que está ausente neste mandato.

    ResponderEliminar
  3. Eu parezo "Calimero"; inda me siguen asombrando estas cousas....Ai...

    ResponderEliminar
  4. Para ser domingo madrugamosche ben. Nótase a resaca que andamos papando letras e cambiando apelidos e deturpando topónimos. A ver se lle damos menos ao LK. he,he,he. Descansade que mañá é luns. Saúde!!!

    ResponderEliminar
  5. O máis noxento é o trato de "ilustre" que se lle rendiu no concello cando lle deron o premio. Presidindo con Liñares a mesa de Plenos, vaia discurso que soltou o alcalde, cheo de louvanzas e eloxios, non pola calidade da fotografía, senón pola "traxectoria política e persoal" de Liaño. E todo nun premio dun certame fotográfico. poruqe non se abren novas rúas que senón xa le adican unha. E aos veciños trátasenos como persoas de segunda. Que falta de respecto e que maneira de insultarnos. Espabilade veciños e rebeládevos!!!!

    ResponderEliminar
  6. A verdade e que esto é para alucinar tíos.O que pasa e que en ves do diccionario vai facer falla unha enciclopedia.

    ResponderEliminar
  7. Está ben o tema que tratades pero a pouco que buscárades poderíades atopar cousas moi interesantes. Uue lle deron 300 euros..!! iso é calderilla. Só é unha excusa para agradecerlle públicamente os servizos prestados. Informádevos do que este elemento leva cobrado da Cochikeira e alucinaredes.
    Por aquí van as cousas: http://www.elidealgallego.com/index.php/opinion/gente-y-noticia/4794-liano-flores

    ResponderEliminar
  8. Certo Cochiquil! Pegamos aquí a noticia que nos mandas, que tampouco ten desperdicio:

    liaño flores
    Martes, 27 de Julio de 2010 00:00 Ezequiel Pérez Montes
    E-mail Imprimir PDF
    El abogado coruñés y ex alcalde de La Coruña, José Manuel Liaño Flores, acaba de obtener otro brillante triunfo en su carrera en estrados, como jurista de primera magnitud. La Sección Primera de la Audiencia sobreseyó la querella presentada contra José García Liñares, alcalde de Cerceda, por presuntos delitos de prevaricación, ejercicio de derechos civiles e integridad moral y derechos de los trabajadores querellantes.
    Liaño Flores defendió, en efecto, al citado alcalde y el Tribunal recogió íntegramente la tesis de la defensa, acordando el archivo de diligencias. Dice el Tribunal que todas las decisiones del regidor fueron tomadas en base a informes favorables de los técnicos competentes. Finaliza así un largo proceso iniciado en 1997. La tesis de Liaño triunfó de pleno: las difusas y cambiantes pretensiones de los denunciantes, que evolucionaron a lo largo de la causa, no tienen carácter delictivo.
    Mucha fue la lentitud de los órganos judiciales y, como en este caso, un alcalde que desempeña ejemplarmente un cargo político, pudo estar sometido a enjuiciamiento penal y por lo tanto susceptible de reproche, empañando su crédito y su honorabilidad, que sólo tras trece años de iniciado el proceso, se ve totalmente reestablecida.
    Preguntémonos, como ocurre en no pocas ocasiones, qué diríamos si por parte de algunos sectores de la opinión pública o de otros partidos políticos ajenos al del citado alcalde, se hubiese demandado su cese en el año 1997, por el hecho de haberse admitido a trámite, por la Fiscalía y el Juzgado, más diligencias penales contra el mismo, por la supuesta comisión de unos hechos que ahora, ¡en el año 2010! se demuestra carecían de fundamento hasta el punto de que no tenían el más mínimo respaldo e indicio que permitiera sustentarlos.
    Así pues, felicidades para el alcalde, de limpia ejecutoria en 20 años, y aplausos fuertes para el jurista Liaño Flores, que tenaz y acertadamente ha luchado sin desmayo para que triunfase la Justicia, aunque no sin tiempo.

    ResponderEliminar
  9. Hai que denunciar con fundamento. Unha cousa son as críticas políticas e outra os delictos.

    ResponderEliminar