25/08/10

Regos pedirá un préstamo de 2,2 millóns para pagarlle o cuarteliño á Guardia Civil



Insistimos, e moito, no tema da casa cuartel neste blog . En internet 260 persoas apoian a nosa reivindicaciónEn contra de que o concello de Ordes lle regale un cuartel á Guardia Civil”, e o BNG mesmo retou no pleno a Regos a que fixese un referendo para ver se queríamos o cuartel en Ordes. Segundo os nosos cálculos nese momento, os cartos que van fundir en regalarlle o cuartel ao Ministerio de Interior daban para darlle a cada ordense no paro unha axuda nada despreciable de 2.480 euros .

Pois agora enterámonos polo panfleto Tierras de Santiago que a cousa xa está finiquitado. En total, a xente de Ordes perderemos 2,2 millóns dos nosos petos para pagarlle o cuartel “aos do Betis”. Por se fora pouco, haberá que cometer irregularidades urbanísticas para construir o edificio (entre as rúas Mestre Nicolás e a rúa Concello de Frades), e aínda por riba (saltando a orde do goberno) pedir un préstamo para xuntar os cartos! Incrible! Aínda que supostamente, no 2013 nos devolverá o Goberno de España os cartos: é dicir, Regos está hipotecando economicamente unha lexislatura máis.
O audaz alcalde...
Nas negociacións dos alcaldes con outras institucións (Deputación, Xunta, Goberno de España, etc.) normalmente o que se pretende é conseguir as máximas inversións das mesmas, é dicir, que solten a ghaliña, que poñan cartos. Neste caso é o mundo ao revés, un pequeno concello galego, en crise ata as cachas (com 5 millóns de débedas), ponlle un local novo á Guardia Civil (0,5 millóns de euros), o cal é competencia do Ministerio de Interior (olé!), regálalle un terreno municipal (non sabemos o que costa), e pide un préstamo por 2,2 millóns de euros para construirlle o Cuartel! E aínda así, Regos ten narices a dicir que fixo unha gran negociación, e “móstrase satisfeito co acordo alcanzado en Madrid”. E aínda máis!, o tipo di: “La verdad es que hay que agradecer al Ministerio del Interior que, en estos momentos de crisis, haya firmado este protocolo”. Si, realmente ten mérito que o Ministerio acepte en tempos de crise un regalo millonario dun concello! E aínda llo hai que agradecer!

Evidentemente Regos, aínda que nos queira facer parvos, non é el parvo. Que gorentoso pastel se agacha detrás desta manobra? Onde está o gato encerrado? E en que está a pensar a oposición?
Enquisa
Na última enquisa do noso blog, as lectoras e lectores falaron claro sobre o que opinan deste regalo de Regos:
-1 despistado lector (Regos?) dixo que lle parece bem, que os da “Benemérita” bem o merecen.
-2 lectores/as (3%) opina que se lle deben dar os 2 millóns á xente que está no paro.
-4 lectores/as pensan que é unha falta de respeto ao pobo.
-16 suxiren que o cuartel llo regale Regos cos cartos do seu peto.
-34 lectores/as (un contundente 59%) pensa sinxelamente “Á Guardia Civil? Que se vaian!”.

Nós somos da mesma idea.

16 comentários:

  1. Estea en contra ou a favor do que escribes, o certo é que a foto que aparece neste post non coincide coa realidade.
    Se ben é certo que nos milleiros de cuarteis que a Guardia Civil ten en España aínda hai un puñado que teñen escudos preconstitucionais, a nova lei de Memoria Histórica prohibe todo tipo de simboloxía preconstitucional, e se finalmente se constrúe o cuartel en Ordes, non terá o que aparece na foto.
    Se tes intención de parecerte á realidade, baixo o meu punto de vista, deberías cambiar a foto.

    ResponderEliminar
  2. Carallo Alfonso, "preconstitucional"? Eu chamaríalle FASCISTA. Ben sabemos o que hai nos cuartelillos, non fai falta que nolo expliques. A Lei de Memoria Histórica tamén obligaría, se voulese pa algo, a cambiar o nome da principal calle de Ordes, e retirar o monolito do cementerio. Anda o...

    Eu quedome co fenómeno qe é Regos negociando. un virtuoso...

    ResponderEliminar
  3. chámalle FEIXISTA, FASCISTA, FRANQUISTA, FACHA, DICTATORIAL ou como queiras. Unha cousa non quita a outra.

    Eu non dixen o que non dixen, so dixen o que dixen.
    É posible que alguén queira corpos e forzas de seguridade do Estado que non sexan semi-militares. Ou que sexan do Estado Galego. Tamén hai quén cree que sería mellor un Estado sen militares e corpos e forzas de seguridade do Estado. Eu non discuto nada diso. So digo que se mañán se instala un cuartelillo en Ordes, non terá o escudo que aparece na foto.

    ResponderEliminar
  4. Tampouco sei moi ben "o que hai nos cuartelillos". Nin me importa.
    Poden ser unha panda de neonazis, de gais independentistas ou de Chiquitos de la Calzada, o caso é que cando están traballando representan outra cousa

    ResponderEliminar
  5. A todo esto, paréceme indigno que o Concello pague parte do cuartelillo, na súa totalidade, que adiante os cartos ou que meta os cartos no que non son competencias súas

    ResponderEliminar
  6. #2, creo que te confundes co nome da principal rua de Ordes. Supoño que falarás da Rua Alfonso Senra. Non teño nin a máis menor idea de quén foi o meu tocaio, pero podes estar seguro que non pinta nada neste comentario. É moi anterior ó 36

    ResponderEliminar
  7. Como disparas tio, pareces Lucky Luke :)

    O teu tocaio foi membro do Tribunal de Responsabilidades Políticas do franquismo, o que se encargou de "xulgar" aos altos cargos da República (pum! pum! pum!); e tiña ademais boas relacións co xefe da Gestapo en Madrid. Un Anxiño.

    ResponderEliminar
  8. Si ho!! tes razón, e seguro que non lle van poñer unhas fiestras coma as da foto nen un balcón con esa balaustrada. Diría máis, creo que xa non se fan edificios dese "estilo". Espabila rapaz!

    ResponderEliminar
  9. Subcomandante, es un mentireiro! Todo o mundo sabe que va pintar o cuartel dun veis moito mais clariño!

    ResponderEliminar
  10. Si e certo que no novo cuartel van entrar ao redor de 60 guardias, a ordes no lle virá nada mal ter unha "empresa" con 60 asalariados fixos.

    (outro anónimo)

    ResponderEliminar
  11. Si é certo que Alfonso Senra foi membro do Tribunal que dis é certo que a principal rua de Ordes non debería levar o seu nome. Pensaba que este home era do s.XIX. Rectifico e pido desculpas. Como dixen antes non teño nin idea de quén é este tipo.

    Polo resto tes razón, Anónimo. Unha mentira, se non se esaxera un pouco non mola. Outras suxerencias para a foto son: o escudo do Real Madrid, o escudo de Denantes Mortos que escravos, a cruz gamada, o logotipo de Apple…

    Gracias for facerme espabilar.

    ResponderEliminar
  12. si o, de feito os de foucelhas recollen firmas pa que a avenida deixe de chamarse alfonso senra

    ResponderEliminar
  13. Alfonso ten razón, criticar algo non significa facer o que eu considero xogo suxo e desvirtuar unha opinión.
    Se lle puxesen o logotipo de ETA á foto do Subcomandante non estaría nada ben. Eu criticaríao

    ResponderEliminar
  14. Benvido ao (UNIDADE DE Préstamo EMPRESA)
    Ofrecemos servizo de persoal para todas as súas necesidades financeiras. nós
    Provedor sociedade de investimento Liberal ofrece crédito
    nunha baixa taxa de interese do 2%, ofrecemos préstamos like_
    (1) Crédito Persoal
    (2) Débeda Consolidación Préstamo
    (3) Venture Capital
    (4) Business Loan
    (5) Educación Préstamo
    (6) Home Loan

    Vostede foi rexeitado polo seu banco? Ten mal crédito? Ten contas a pagar?
    Está en débeda? Debe montar un negocio? Non te preocupes,
    porque estamos aquí para ofrecer préstamo a xuros baixos. nosa
    gama de préstamo de 1,000-900, en ... 000,000.00
    prestar dólar, o euro ea libra e outras moedas !!
    correo electrónico unityloancompany@yahoo.com

    1 O seu nome: _______
    2 Contacto: _______
    3 País de residencia: ______
    4 Valor do préstamo: ________
    5 Duración: _____
    6 Sexo: _____
    7 Ocupación: ________
    8 Encaixe: _______
    9 Data de nacemento: ________
    10 Teléfono: _________

    O seu en servizo,
    a nosa empresa por correo electrónico de novo unityloancompany@yahoo.com
    Tel: +447053833168

    ResponderEliminar
  15. Ola, eu son a Miss Kim Ashton, os acredores de préstamo privado dar vida oportunidade de tempo loans.Do precisa préstamos urxentes para saldar a súa débeda ou débeda de precisa dun préstamo para mellorar o seu negocio? Xa foi rexeitado polos bancos e outras institucións financeiras? Se precisa de un préstamo de consolidación ou hipoteca? Non busque máis, porque estamos aquí para todos os seus problemas financeiros no pasado. Nós prestar fondos a persoas que necesitan de asistencia financeira, que teñen o crédito mal ou na necesidade de diñeiro para pagar as contas, investir en empresas de 2%. Quero usar este medio saber que nós fornecen asistencia fiable eo destinatario e están dispostos a ofrecer préstamos. Entón, póñase en contacto connosco hoxe por correo electrónico a: (kimfinancialloanservice@gmail.com)

    ResponderEliminar
  16. Vostede está a buscar un préstamo de negocio, préstamo persoal, préstamo de casa, coche
    préstamo, préstamo de estudante, préstamo de consolidación da débeda, préstamo sen garantía, capital risco
    de capital, etc .. Se vostede é un préstamo por un banco ou financeira negouse
    configuración para un ou máis reasons.You no lugar seguro, a fin
    As súas solucións de crédito! Eu son un valor privado, eu dou
    empresas e individuos a tipos de xuro baixas e accesible
    2%. Póñase en contacto comigo por correo electrónico
    (loancompany9090@gmail.com)

    ResponderEliminar