Xa temos vencedor do Iº Concurso de Arte Anticaciquil: a obra “Liñares na comedeira” de Cochiquí gañou a votación popular. A clasificación é a seguinte:
1º “Liñares na comedeira” de Cochiquí, con 28 votos (46%).
2º “O Rei do Mambo”, de Silvia Superestar, con 19 votos (31%).
3º “De centro comarcal!”, de Lesta's Star, con 6 votos (10%).
4º “Tropa do carallo”, de John Deere, con 5 votos (8%).
5º “O futuro”, tamén de Cochiquí, con 2 votos (3%).
De contado poñerémonos en contacto com Cochiquí para lle facer entrega do premio: un exemplar de "Catecismo do labrego" de Valentín Lamas Carvajal, unha botella de ron Cacique 500, e 100 exemplares da imaxe gañadora en papel de pegatina a cor. Habemos pedirlles tamén unhas lineas para o blog.
Aproveitamos para a agradecervos a todos que nos enviarades as vosas fotomontaxes.
Lume ao caciquismo!
Imos encher a Cochikeira de autocolantes de cochiquí
ResponderEliminarHahaha, molava também fazer umhas plantilhas com Linhares de porco!!
ResponderEliminarSinto cambiar de tema pero de repente estou rebentando....
ResponderEliminarVeríades ben que o Concello de Ferrol subvencionase ó clube de mus "El Ferrol del Caudillo"?
Ou que en Arteixo pagasen a escola Niños de Arteijo??
Por qué en Ordes hai que subvencionar a un clube que ten un nome non oficial?? por qué temos que dar noxo sendo (casi) o único clube de fútbol do país que ten un nome que se utilizaba no Franquismo? Por qué o Concllo de Ordes non esixe ó principal clube de fútbol de Ordes que empregue o nome oficial e non o empregado no fascismo franquista? Por qué os seguidores de fútbol de Ordes o os pais que levamos ós nosos fillos ás escolas deportivas do Concello o temos que facer no "Club Órdenes"????????
Acaso non é este o Concello de Ordes????
Os que queiran nomes fascistas que fagan o que queiran pero que non os subvencione a democracia do ano 2010...
Esixamos que o Concello retire todo tipo de subvencións, incluida a cesión das instalacións deportivas a clubes que empreguen nomes da dictadura. Esixamos que o noso clube pase a denominarse ORDES!!!!!!!!!!!
A todo esto hai outro lamentable exemplo dun equipo que tamén levo no corazón, é o Real Clube Deportivo de La Coruña.... que pena. Temos que cambiar esto XA
Unha mostra de ART-cochiquil
ResponderEliminarAnónimo do 31 de Agosto ás 23:43, tes toda a razón. Prometémosche para os próximos días unha reportaxe sobre o tema. Podes contactar con nós polo correo por se tes algunha idea para darnos.
ResponderEliminarSaúdos.