17/08/10
Na nosa comarca o aire está contaminado e SOGAMA oculta datos
Esta é a conclusión que se deriva do informe "A calidade do aire en Galicia durante 2009", elaborado por Verdegaia e Ecologistas en Acción. Como quen queira pode consultalo aquí, nós vamos facer só un resumo dos datos que afectan á comarca de Ordes.
O primeiro que temos que destacar, é que a Xunta incumpre a lexislación negándolle á cidadanía información sobre a calidade do aire. As irregularidades son tan graves que só nos proporcionan -a nivel nacional- información de 10 das 66 estacións de recollida de datos que teñen. Este ano, ademais, omitiron datos sobre monóxido de carbono, metais pesados, hidrocarburos aromáticos, fluoruro de hidróxeno, etc.
Sobre as industrias que máis afectan á nosa zona, para 2007, 2008 e 2009, non se divulgou nen un só dato das estacións de control de SOGAMA e FINSA-Santiago.
Sobre as partículas en suspensión, que son o contaminante mais perigoso para a saúde, o límite legal é de 40 microgramos por metro cadrado, pero o que recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS) é non superar os 20 microgramos, pois a partir de aí prodúcense danos graves para a saúde. Se tomamos o valor medio anual para as partículas inferiores a 10 micras, vemos que superan os limites marcados pola OMS os controis da CT de Meirama situados en Sobreira (20,9) e Cerceda (22,3).
(fai click para ampliar)
Sobre o dióxido de xofre (SO2), a exposición crónica tense correlacionado cun maior número de mortes prematuras asociadas a doenzas pulmonares e cardiovasculares. A redución que queima de carbón autóctono en Meirama foi causa dunha gran emisión deste contaminante na nosa zona. A partir da información subministrada pola Xunta non é posible avalisar se se cumpriron ou non os valores límite recomendados pola OMS.
Na Subrede da Central Térmica de Meirama (FENOSA), ocúltannos datos das estacións do Mesón do Bento, Monte Xalo, Galegos e Sobreira nos anos 2007 e 2008, da de Cerceda nos anos 2006 e 2007; e na estación de San Vicente de Vigo, sobrepasáronse os límites legais en O3 no 2006.
Na Subrede da FINSA-Santiago, só dan datos do ano 2006, no que se incumpren os límites legais de PM10, tanto na estación do campo de fútbol como na que está situada no Bar García. A partir dese ano ocultan os datos.
Na Subrede de SOGAMA, só dan datos da estación do Monte Xalo no 2006, e a partir de aí ocultan todos os datos procedentes das estacións do Monte Xalo, Rodís, Cendón e Buscás.
E a modo de resumo por zonas da calidade do aire ao que pertence cada municipio da comarca, temos:
Zona ES 1214, Franxa Fisterra-Santiago: Tordoia, Trazo e Oroso.
Nesta franxa só hai datos da estación de Fadibón (na parroquia de Brens, Cee; a única estacion representativa da zona. Os seus valores correspóndense cos valores medios da zona representada). Nos datos sobre PM10, sobrepasa os límites da OMS (ten 24,3, e o límite é de 20), e sobre o resto de variables non dan absolutamente ningún dato.
Zona ES 1216, Franxa Ordes-Eume II: Ordes, Cerceda, Mesía e Frades.
Copiamos o gráfico, que se le da seguinte maneira: en branco, "valor que non supera o límite", en gris, "valor que supera o límite", en negro, "dato non dispoñible".
(fai click para ampliar)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário