17/08/10

Volve o Subcomandante Marcos da Portela con forzas renovadas

Non nos enterredes antes de tempo, só estivemos descansando un pouco para coller impulso! Antes de nada, temos pendente a votación do Concurso de Arte Anticaciquil, que dá inicioi hoxe mesmo, e se pechará no 1º de setembro. Pedímoslle disculpas aos participantes polo inxustificado retraso. Podes votar na enquisa que está na columna da esquerda. As montaxes a concurso son:


1. "Tropa do carallo", de John Deere
2. "O Rei do Mambo", de Silvia Superestar
3. "O futuro", de Cochiquí
4. "Liñares na comedeira", de Cochiquí
5. "De centro comarcal!" de Lesta´s Star

Retomamos tamén a nosa faceta de denuncia e investigación (non todo vai ser festa de escarnio anticaciquil) cun informe sobre a contaminación da atmosfera en Ordes que pon os pelos de punta. Deixámosvos tamén a axenda das próximas reportaxes que pretendemos publicar, para que ademais podades colaborar con nós enviándonos a información que teñades:

1. Aproveitando a denuncia de Galiza Nova sobre un vertedoiro incontrolado, localizar máis. En especial queremos falar do que hai xustamente detrás do Punto "Limpo" do Balado.
2. Unha reportaxe sobre as festas: actuacións racistas, machistas, folklorada española, etc. Un auténtico esperpento digno dos nosos gobernantes.
3. Outra sobre o millo transxénico plantado en Cabrui (Mesía), os seus perigos para a saúde e para a agricultura tradicional.
4. Unha nova entrada para o noso "dicionario caciquil" sobre Nel Astray e o seu transfuguismo.
5. Outra sobre os movementos que se albiscan de cara ás eleccións: os votos de Hermida e Xesús Pampín no último pleno, etc.
6. Unha reportaxe histórica sobre a decadencia de Ferralla Lois e os seus problemas ca xustiza.
7. Unha nova sobre o "arquivo especial" que están preparando no concello e o control social.

E aínda hai moitísimas máis: caciques históricos da comarca, o xuízo contra Pepe Liñares do que finalmente safou, o papel dos ordenses no peche de Vieiros e outros medios de comunicación en galego, os incumplimentos da Lei de Memoria Histórica en Ordes, as obras faraónicas de Regos, etc...

Non vos impacientedes que non damos feito, nós non tamos a soldo do Vaticano como o noso amigo Landeira! No chat aparecen a miúdo suxerencias ou incluso acusacións de porque non tratamos algúns temas: non os tratamos todos porque non somos todopoderosos! Se queredes denunciar algo axudádenos, contactade con nós e enviádenos información, que vola agradeceremos moito. Temos, por certo, unha suxerencia para unha reportaxe aínda sen atender -a única-, pero xa falamos con a persoa informante que mellor a deixamos para inicio de curso político; polo que de momento ninguén pode dicir que non atendésemos as súas suxestións ou denuncias.

Sem comentários:

Enviar um comentário