03/09/10

175 persoas en contra de que a Olympus, a orquestra do narcotráfico, veña a Poulo



A campaña lanzada por contra a actuación da Orquesta Olympus na festa do 24 de Poulo (24 de setembro) -polos contidos machistas, homófobos e racistas do seu espectáculo- conseguíu máis de 175 apoios (de persoas e entidades) no Facebook. Entre as persoas que protestan pola actuación desta orquesta cóntanse o concelleiro do BNG Ramiro Recouso Liste, e a deputada cercedense no Parlamento Galego Silvia Fraga do PSOE. Apoian tamén a protesta grupos musicais de Ordes como Kastomä, Chícharo Psicótico, ou a Cona Ye-Ye; e outros de toda Galiza como Avante “Rock da Galiza, Ulträqäns ou Ruxe-Ruxe. Apoian tamén o BNG de Silleda e Melide, o Jogafan Ordes FS, Sporting Koes da Laracha, e outros.


Con isto o Subcomandante Marcos da Portela quere expresar o gran rexeitamento público que produce esta actuación musical cargada de contidos machistas, racistas e xenófobos, nas festas da parroquia de Poulo. Toda a polémica desatada nos últimos días parece que se esqueceu despois de que “Peke”, o cantante da Olympus, pedise publicamente disculpas. Non obstante, en polo menos dúas actuacións -en Rebordechán e Guitiriz- despois destas disculpas o dito cantante insistía no escenario da súa orquesta que “se eu fose homosexual non tería a este maricón do carallo na orquesta”. Por se fora pouco, acábase de saber que, ademais, o dono da Orquestra Olympus, José Ferreiro Magariños, está preso por dos maiores alixos de cocaína (6.000 quilos); varias voces indican que o éxito da Olympus (derroche de medios técnicos) foi feito a base de diñeiro da cocaína.

Momentos difíciles para a comisión de festas de Poulo

Polos comentarios que se podem ver neste blog, a comisión de festas de Poulo está a pasar un momento complicado por esta polémica. Que quede claro que o Subcomandante Marcos da Portela non ten nada contra a xente que, sen cobrar un peso, ano tras ano pon esforzos e ilusión en continuar coas festas parroquiais, e somos conscientes do traballo que iso dá. Non obstante, non debe ser excusa para eliminar esta actuación do seu programa das festas, pois do contrario, estase a apoiar a esta orquestra de impresentables. Desde aquí mandámoslle ánimos á xente da comisión para que dé ese paso valente e cheo de dignidade!

Moito máis grave é o silencio da corporación municipal e todos os grupos políticos que, sabedores da popularidade da orquestra, non se atreven a facer nen a máis mínima observación sobre a actuación racista de Ordes. Para colmo de males, hoxe a Olympus anunciou no seu blog que actuarán en Frades no día 29 deste mes, e acaban de confirmar a actuación. Como pode ser que despois de facerse públicos todos estes datos, aínda haxa unha comisión que fose buscar a Olympus?

58 comentários:

  1. FRADES???????? NON ME EXTRAÑÁ NADA, É A FESTA DO ALCALDE (SAN MIGUEL) E ÉL É OUTRO MACHISTA E RACISTA O MESMO QUE O PEKE.......

    ResponderEliminar
  2. Con respecto o de Poulo, eu tou en contra da Olympus, pero despois de ter un contrato si cambian a orquesta teranlle que pagar as duas e eso supoño que sera inviable xa que os veciños non creo que estean dispostos a pagar duas cotas, o mellor seria que eles mesmos ( os da orquesta) rexeitaran a actuacción e así tamen se evitarian problemas despois de toda a movida, ainda que o duvido, como di o refran: o cortes non priva o valente e eles non son unha cousa nin outra.

    ResponderEliminar
  3. A solución é moi sixela. Que contraten outra orquestra e o contrato da olympus que llo pague Regos, que desto xa sabe como vai a cousa. Pois veña, subcomandante, campaña para que Regos pague a olympus (cos cartos del).

    ResponderEliminar
  4. Ti compras un microondas pensando que é caralludo, xa o tes pago, e cando cho levan á casa daste conta de que é unha merda e ademais é perigoso. Que fas? Deixalo na casa igual, porque xa o pagaches, ou tiralo no lixo?

    ResponderEliminar
  5. Dende logo hai que ler cada cousa. Comparar un microondas cun contrato dunha comisión e unha orquestra. Cos teus cartos podes facelo que che pete, cos meus, non.
    En vez de largar tanto, ¿por qué non facedes unha colecta entre tódolos foreiros e xuntades os cartos para pagarlla rescisión do contrato desta comisión coa Olympus de de paso, aportades os fondos para que poidan contratar a outra?.
    Acusar de narcotráfico a alguén é moi grave e supoño que os implicados estarán no seu dereito a esixilas posibles responsabilidades penais.

    ResponderEliminar
  6. canta xente hai en Ordes 175 que porcentaxe e
    Cantos hai a a favor por que encon
    tra hai 175

    ResponderEliminar
  7. ESTA PAXINA E PORTUGUESA

    ResponderEliminar
  8. Subcomandante, pódeme explicar vostede porque hai un comentario aquí que aparece e desaparece cada 5 minutos? non hai liberdade de expresión neste blog?

    ResponderEliminar
  9. Se nos poñemos a sacar a relucir os trapos sucios de Olympus saquemos tamén os de outras orquestas que tamén inclúen no seu espectáculo comentarios homófobos (e moito peores), e mira que se nos poñemos hai moitas que quedan moito peor ca esta, polo tanto, deixemos xa de facer tanta polémica disto,xa que, moi ó pesar de quén esté en contra da orquesta, penso que vai a haber incluso máis xente en Poulo!. A cal das orquestas lle tocará pasar por isto todo o ano que ven? fagan as súas apostas!, creo que a partires de agora, a ningunha se lle ocurrirá saír ó escenario con camisetas da selección española, tal e como fixeron os de Olympus. Xa que, se non fora por aquela persoa nacionalista que se ofendeu tanto trala actuación de Olympus en Ordes (despois de tantos anos que Peke e Danni levan facendo o seu espectáculo entorno a ditos comentarios,non entendo porqué agora, isto tiña que haber sido dende un principio) o Subcomandante non publicaría isto no blog, non credes? ninguén se decatara de todo isto ata que esa persoa o criticou e Peke reaccionou asi, isto é querer afundilo e a orquesta na que traballa a pesar de que el rectificara e pedira perdón, cousa que non ten excusa porque o comentario foi moi forte.O certo é que si me parecen esaxerados os comentarios que fan, pero dicir que son racistas cando contan con un compoñente de cor pois xa é atacar por atacar. Agora só falta que os tachen de machistas, sorte que eles non contan no seu repertorio con cancións tipo: "Te compro tu novia" como a Panorama, porque senón xa se comezaría a atacar por ahí. En definitiva! a quen non lle guste dita orquesta que non vaia a vela!

    ResponderEliminar
  10. Hostia, é que os argumentos da xente pro-Olympus que ahi aquí falan por si sós! Manda carallo como está o "panorama" por Poulo... Desde logo, merecedes que non vos vaia ninguén á festa.

    Por certo, o dono da Olympus foi condenado a 11 anos e 6 meses de caldeiro, e 60.000 euros de multa...

    ResponderEliminar
  11. Creo que si nos ponemos asi,hay mucha mierda en todas las casas,(Incluida la mia)!!! Tambien me gustaria saber si no hay NINGUN tipo de mierda en casa de los 175 en contra de la Orquesta Olympus!!! Lo que haga o deje de hacer el dueno de la Orquesta es cosa de el, alomejor otros quisieran hacer lo mismo,pero no pueden! Como dices el esta en la carcel pero ,la Orquesta sigue arrasando por donde va!!! Yo voy para ver el espectaculo y pasarlo bien,como supongo, hace la gran mayoria, lo demas no tiene nada QUE VER CON NADIEN,(QUE NO SE VEA INVOLUCRADO,ESO ES)!!! Un Saludo desde Londres!!! Besos! X

    ResponderEliminar
  12. Con esta mentalidade.. así imos neste país: os alcaldes mafiosos e ladróns arrasan nas eleccións!!

    ResponderEliminar
  13. A ver tio, mecagoendios, que terá que ver con que teñan un cantante negro con que por iso xa non son racistas? E os machistas que matan á muller viven e casanse con ela!!

    ResponderEliminar
  14. Dicirlle ó creador do último comentario anónimo que fale con respeto, xa que eu en todo momento o fixen. Por certo, o dono de Olympus non decide como é o espectáculo da orquesta ou os comentarios que se din ou non, iso para empezar, polo tanto ese argumento non ven a nada.
    E sobre o de que os machistas que matan á muller viven e cásanse con ela... que ten ver? poden ser machistas igualmente, e estar obrigándoas a todo, pero neste tema non me vou a meter porque non ven a conto.
    No de racistas é moi fácil xeneralizar e dicir que Olympus son machistas, pero teño que dicirche que levo moitos anos vendo as orquestas nas que Peke e Danni estiveron e soamente é Peke o que di ese tipo de comentarios que para nada son despectivos nin querendo ofender a ninguén,ó mellor poderíanse calificar como bromas non moi acertadas, non obstante, como moito , téñolle escoitado 1 en cada actuación, así que falade cos outros compoñentes, intentade coñecelos e logo dirédesme se son racistas, machistas ou o que sexan, daquela si poderedes dicir que OLYMPUS é o que sexa. Eu só sei que Yanko( compoñente de cor)está de moi bo gusto na orquesta Olympus.
    De todos modos, sen ir moito máis aló, aínda fai pouco nunha festa escoitei un comentario dunha orquesta que era o seguinte: "arre carallo, os nejros ó único que veñen é a vender por ahí e a roubar", e a xente rindolle a "gracia", polo tanto, falemos de TODAS AS ORQUESTAS, porque se nos poñemos a analizar cada unha... non se salva nin a primeira!

    ResponderEliminar
  15. No de racistas é moi fácil xeneralizar e dicir que Olympus son racistas*

    ResponderEliminar
  16. Leo por aquí que alguén explica que a orixe disto está en que hai un número no que visten a camiseta da selección española. Paréceme unha escusa do máis barata, eu só sei que esta polémica me deu a oportunidade de ver os vídeos das actuacións, os artigos no tal Peke no blog da orquestra e outros vídeos posteriores facéndose pasar por vítima e pingando o moco. Logo de ver iso, quedoume claro que é un impresentable, un maleducado e moi pouco respectuoso co público. E si, mireinos en directo algunha vez, e que outras orquestras desfasen tanto cos seus comentarios como a Olympus non desculpa o desfase deste home.

    saúdos

    PD: na miña parroquia estamos de acordo en pasar de Olympus para as patronais do ano que vén.

    ResponderEliminar
  17. Estou totalmente de acordo con este último comentario, o problema está en PEKE, di unhas varvaridades que me doen os oidos se sentilas unha e outra vez, o de non ir ver a orquesta é relativo xa que as veces non vas por ver a orquesta en cuestión si non por sair da casa a dar unha volta, exemplo, festas en Ordes, vás por que sí, por que os da comarca imos a festa a Ordes porque ves xente que o mellor en todoano non ves, ademais de ir tomar algo, non precisamente por ir ver unha orquesta ou outra, eu particularmente gustame moito bailar e prefiro orquestas tipo Bambola ou Fania que podes botar un baile e non Panorama ou Olympus etc, que mais ben parecen actuacios de circo.

    ResponderEliminar
  18. Non se dixo que iso fora a orixe, simplemente digo que tamén influiu, e máis que nada, créeme, porque o que sei seino de boa tinta. Non falo por falar sen coñecemento de causa.
    E non leves todo ó teu terreo porque eu non dixen tales cousas, polo tanto, intenta ler ben e entender ó xeito as cousas, simplemente dixen que o que Olympus facía fano moitas orquestas máis e nun grado moito maior, cousa que a estas nunca se lle criticou aínda que dixeran a maior grosería do mundo, algo que me parece bastante inxusto, porque, se a Olympus se lle obriga a retirar do seu espectáculo o que sexa deberían facelo tamén con outras orquestas.
    E si, todos sabemos que Peke perde moito a forza pola boca, nunca dixen o contrario.

    ResponderEliminar
  19. Totalmente de acuerdo con el comentario anterior.
    Disfrutemos de la fiesta y ya etá

    ResponderEliminar
  20. O que fixo que a bola medrara foi o propio PEKE, se estivese caladiño non tería nin saído na Coz de Galicia. Sempre se criticou ás orquestras, só que outr@s saben encaixar as críticas, que non insultos, como os que saen dos que apoian á Olympus (aprenderían do PEKE).

    ResponderEliminar
  21. LUUUUUMEEE!!!

    O incendio do camión de orquestra Panorama colapsa a AP-9

    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/09/06/00031283786325882977440.htm?idioma=galego

    ResponderEliminar
  22. Si, precisamente foi Peke, quen, co seu comentario, axudou a que se creara toda a polémica, pero penso que todos cometemos erros e nun momemnto de rabia e enfado pódese chegar a dicir calquera barbaridade, non obstante dise que rectificar é de sabios e el fíxoo. Aínda que, na miña opinión, non debería haber entrado ó trapo de ningunha das maneiras, nin falando ben nin falando mal, simplemente pasando do tema, pero, supoño que, despois de tantos anos facendo ese tipo de comentarios e ese espectáculo... fastidiaralle no seu orgullo, porque esta queixa habería que tela feito dende un principio (sobre o dos comentarios de gays ou lesbianas).
    Polo que nalgún vídeo puiden ver, segue co tema, cousa que non o beneficia para nada , ó contrario.
    De todos modos, xa non falo de Peke, porque o que di e dixo estivo e está mal, simplemente digo que a xente xeneraliza dicindo que Olympus, a orquesta, son machistas, racistas e homófobos, cousa que non é así, coñecédeos e logo valorade.

    ResponderEliminar
  23. A Olympus non pasa deste verán e grazas a PEKE.

    ResponderEliminar
  24. Home o dos 175 apoios está moi ben. Pero tamén hai que decir que son máis de 230 os que non opinan o mesmo.

    ResponderEliminar
  25. O dos 175 apoios... estase a falar de que os hai nunha rede social na que calquera persoa, tendo máis de unha conta de correo, pode ter máis dunha conta en dita rede social, polo tanto eu podería ter 5 con nomes distintos e daquela serían 5 "apoios" máis, ou, polo contrario, 5 que non o foran, polo tanto non me aperece un método formal.
    Si o sería unha recollida de firmas, por exemplo.

    ResponderEliminar
  26. Faime gracia o que di o Subcomandante neste párrafo: "...non se atreven a facer nen a máis mínima observación sobre a actuación racista de Ordes...". A caso xa te olvidaches de que supostamente tamén son homófobos e machistas???.
    E daste conta do titular desta entrada no blog que empregaches, non?: a orquesta do narcotráfico, e sabes que estás facendo unha acusación moi forte e denunciable, verdade?

    ResponderEliminar
  27. Avogado,avogadooo!!

    sale de ahí ratita!!!

    ResponderEliminar
  28. Pois que denuncien, a ver se lles compensa ;)
    Por certo, o rollo de que son a orquestra do narcotráfico xa saiu tamén na Voz... Só hai que mirar no google joder.
    Alguns mira que teiman en defender o indefendible...

    ResponderEliminar
  29. E outros miran que teiman de afundir a toda a orquesta en si, en vez de ser obxetivos.

    ResponderEliminar
  30. Por desgraza estes nunca afunden, cambian de nome e veña marketing!!!

    ResponderEliminar
  31. La orquesta negreiresa Olympus se consolida entre las más punteras

    La orquesta Olympus se ha consolidado en tan solo un año como una de las mejores formaciones que asoman cada temporada veraniega dentro del pujante panorama de verbenas a lo largo y ancho de toda Galicia.

    Olympus nació como grupo musical en 1999 en Negreira, localidad de la que es natural su fundador y propietario, José Ferreiro Magariños, y también donde residen la mayor parte de sus integrantes, diecinueve en total contando a los seis técnicos de montaje y sonido.

    http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/07/09/1820852.shtml
    ____
    E agora poñede no google "José Ferreiro Magariños":

    AD | Noticia | Uno de los responsables del mayor alijo de cocaína ...
    17 Feb 2009... de Manuel Mejuto, además de los miembros de su organización José Ferreiro Magariños o José Antonio Míguez, quienes negaron los hechos. ...
    www.atlantico.net/noticia.php?id=71905 - En cachéBuscan a un empresario coruñés como capo de una de las redes ...
    14 Oct 2003... en la noche del pasado sábado fue detenido en Esteiro (Muros) José Ferreiro Magariños , de Negreira, músico de profesión. ...
    www.lavozdegalicia.es/.../2003/10/.../2073904.shtml - En caché - SimilaresLa orquesta negreiresa Olympus se consolida entre las más punteras
    9 Jul 2003 ... Olympus nació como grupo musical en 1999 en Negreira, localidad de la que es natural su fundador y propietario, José Ferreiro Magariños, ...
    www.lavozdegalicia.es/.../2003/07/.../1820852.shtml - En caché - SimilaresLa fiscalía solicita el procesamiento de Marcial Dorado por ...
    ... las redes colombianas que suministraban la droga y que contaba entre sus representantes en España con Carlos Somoza Miguéns y José Ferreiro Magariños. ...
    medios.mugak.eu/noticias/noticia/52554 - En cachéLa Audiencia Nacional condena a casi 200 años de prisión a 18 ...
    17 Nov 2009... meses y a dos multas de 34.805.000 euros; así como José Ferreiro Magariños a 11 años y seis meses y a sendas multas de 69.610.000 euros. ...
    noticias.terra.es/.../la-audiencia-nacional-condena-a-casi-200-anos-de-prision-a-18-procesados-por-el-alijo-de-cocaina-del-south-sea.aspx - En cachéFaro de Vigo - El blanqueo de capitales se juzgará aparte
    ... Francisco Javier Sanesteban Cao (inspector de buques), José Ferreiro Magariños, Javier Sanclemente Castrillón, José Agra Agra y José Agra Sixto, ...
    www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?... - En caché - SimilaresOrden de busca y captura contra Leiro por no asistir al juicio del ...
    18 Feb 2009... además de los miembros de la organización José Ferreiro Magariños o José Antonio Miguez, quienes negaron los hechos en la vista oral. ...
    www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef... - En cachéMostrar más resultados de www.farodevigo.esGalicia | Somoza implica a Leiro y Mejuto en el alijo de coca del ...
    18 Feb 2009... Mejuto y a supuestos integrantes de su propia organización, como José Ferreiro Magariños o José Antonio Míguez, que negaron los hechos; ...
    www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5...1163 - En cachéEdicto de subasta (3/1997).
    ... contra Jorge Luis López Lago, Luz Divina Montero Lagoa, José Ferreiro Magariños y María Ramas Ramas, en reclamación de crédito hipotecario, ...
    www.xunta.es/Doc/Dog1997.nsf/FichaContenido/E682?... - En cachéEl cerebro del mayor alijo de coca en Galicia, en busca y captura ...
    18 Feb 2009... el hijo de Mejuto, además de los miembros de la organización José Ferreiro Magariños o José Antonio Míguez, quienes negaron los hechos. ...
    www.laopinioncoruna.es/.../noticia.jsp?... - En caché - Similares

    _____________

    ;-)

    ResponderEliminar
  32. Como van ser racistas se son de Negreira!!

    ResponderEliminar
  33. Botáronme droja no colacao!!

    ResponderEliminar
  34. As mensaxes machistas, racistas e hmófobas emitenas as orquestras porque as cancións que interpretan, e que son doutros autores que nada teñen que ver coa mesma, xa as conteñen. Patético por parte dos compositores-letristas que agardemos, algúns si o fixeron, evolucionen mentalmente e a xente que os escoita tamén. O que non se pode consentir é o circo que con comentarios e chascarrilos machistas, racistas e homófobos e que os membros de certas orquestras (aínda existen profesionais no sector) fan entre as cancións e toda esa merda que acaban "cantando" ao final da verbena e que non se lles pode chamar música e na que acaban desbarrando: quen está colocado, boracho...?. Iso é o que realmente se está a denunciar. A ver se vos queredes enterar, e que a culpa de toda esta historia e toda de PEKE. Isto pasa porque non hai profesionalidade e moita tontería na cabeza "e no nariz".

    ResponderEliminar
  35. Acusan ao líder da Olympus de provocar un linchamento en Vilalba

    http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6253.html?pag_com=1#comentarios

    http://lugoantifascista.blogspot.com/2010/09/orquesta-olympus-volvea-armar-volume.html

    ResponderEliminar
  36. También está en contra de Olympus el del BNG de Mesía, Manolito Bello. Este siempre en todas las barricadas. Que peña!!

    ResponderEliminar
  37. Xa co nome de "Peke"... panda de retrasados que corean grandes frases que pasarán á historia coma: "ese Peke, ese Peke, eh, eeh"... patético.
    Este tema non ten nin volta que darlle... hai que acabar coa pachangada, cobran miles de euros e non aportan máis ca basura e IGNORANCIA.
    A festa tamén se fai cun "radiocasé" que fai a mesma función e sae ben máis barato.

    E coidado que disque lle ardiu o palco á Panorama! xD

    ResponderEliminar
  38. Ardiu ou queimóuselles!!!

    ResponderEliminar
  39. Non vos parece chistoso que o Peke, ca tremenda tocha que ten, sexa o director da orquesta do narco? Hehe, el só pode acabar cas existencias de todo Colombia como lle pase a aspiradora!

    ResponderEliminar
  40. Hai a quen lle gusta a pachangada e ir ver orquestas. Asique respetade un pouco, que pedides para vos o que non facedes cos demáis.

    ResponderEliminar
  41. Un que vai as verbenas10 de setembro de 2010 às 10:57

    Eu respeto a verbena, e ademais gustame, e vou a elas sempre que podo. Pero a verbena non ten que ser sinonimo de machismo, racismo, homofobia, españolismo, etc... vamos, toda a merda que encarna o Peke dos collons. E por iso precisamente me indigna ese fulano, e por iso non se pode tolerar que toquen en ningun lado. Non me jodas, meten ao Juana Chaos no trullo por dicir "aurrera bolie" despois de cumplir condena, e o animal este que invita á violencia machista ainda lle damos traballo contratandoo nas nosas festas?

    OLYMPUS NON! EN POULO NON TE ESPERAMOS!

    ResponderEliminar
  42. Érase un hombre a una nariz pegado,
    érase una nariz superlativa,
    érase una nariz chupón y aspira,
    érase un Peke, cantante muy enfadado.

    Era un reloj de sol mal encarado,
    érase una alquitara pensativa,
    érase un elefante boca arriba,
    era Ovidio Nasón más narizado.

    Érase un espolón de una galera,
    érase una pirámide de Egipto, las doce Tribus de narices era.

    Érase un naricísimo infinito,
    muchísimo nariz, nariz tan fiera
    que en la cara de Anás fuera delito.

    ResponderEliminar
  43. todos a poulo a liala con eses lamecus

    ResponderEliminar
  44. Como veciño de Poulo síntome avergoñado destes que falan en nome e en defensa das festas de
    Poulo. Insultando á xente como facedes desacreditádevos totalmente, claro que sendo fans do PEKE non se pode esperar outra cousa. E Claro que é un enterro, pois é triste a vosa actitude!!! Sei que hai un contrato e todas esas lerias, pero aínda que non se rompera, agardaba outros argumentos para non facelo. Entre tanto anónimo non sei se algún é da comisión, pero polo xeito de dicir as cousass, agardo que non. Onde hai un comunicado oficial da mesma? Agardo unha xustificación sensata.

    ResponderEliminar
  45. PEKE LIANDOAS EN PORTUJAL!!!

    Gangues da Galiza atacam em Portugal

    por JOAQUIM GOMES06 Setembro 2010
    'Peke', detido por matar um polícia, assaltou carrinha em Monção e fugiu para Espanha

    Perigoso cadastrado, agora recapturado por homicídio de um polícia em Vigo, é suspeito de assalto a carrinha de valores em Monção.

    A detenção de uma quadrilha de assaltantes espanhóis suspeitos do assassínio de um elemento da Guardia Civil na Galiza esclareceu um assalto violento em Monção. Mas poderá haver mais roubos por galegos na região do Minho.

    O roubo de um saco cheio de dinheiro a uma carrinha de transporte de valores nas imediações do supermercado Modelo, em Monção, a 10 de Maio deste ano, estará esclarecido pelas autoridades policiais espanholas, que detiveram uma quadrilha de assaltantes na Galiza.

    A investigação da Polícia Nacional, centrada no aluguer de armas de fogo para fazerem assaltos na zona de Vigo, na Galiza, Espanha, que levou à desarticulação da uma perigosa quadrilha alegadamente liderada por José Ángel Martíns Mendoza, conhecido como "Peke", acabaria por confirmar as suspeitas iniciais quanto à autoria do assalto no Alto Minho, em Portugal.

    A Polícia Judiciária não quis fazer quaisquer comentários ao DN acerca da provável ligação da quadrilha espanhola ao assalto de Monção, mas existe desde então uma série de contactos entre as forças policiais dos dois países, até porque poderá haver mais situações idênticas. "Peke" seria um dos dois encapuzados que assaltaram a carrinha blindada de transporte de valores e que terá disparado três tiros em direcção aos funcionários da empresa de segurança privada no momento em que tentavam resistir ao assalto. Os dois assaltantes fugiram, então, num BMW para a vizinha província da Galiza.

    Mas, segundo o DN apurou junto de fontes policiais quer portuguesas quer espanholas, "Peke" poderá ser julgado em Portugal, embora tal hipótese seja remota. É que o suspeito terá de responder primeiro em Espanha por vários assaltos à mão armada, pelo alegado assassínio do guarda civil Jorge Piñeiro Lorenzo e pelos ferimentos causados a um colega deste, Alfonso Riveiro Cabaleiro. Os agentes da Guardia Civil foram atacados a tiro pela quadrilha em 17 de Agosto, aquando do assalto frustrado à agência da Caixa Galicia de ACañiza, na Galiza.

    O que parece fora de hipótese é o possível envolvimento de portugueses no esquema de aluguer de pistolas e revólveres para assaltos a bancos na região da Galiza. Fontes policiais contactadas pelo DN confirmam ser frequente o tráfico de armas de Portugal para Espanha (ver caixa), onde as armas de fogo escasseiam mais do que no nosso País. Mas não no sistema de aluguer, pelo menos que seja do conhecimento da PJ. O que se tem investigado na zona fronteiriça, com mais êxito para Portugal, é o tráfico de explosivos. São os esquemas de dinamite alegadamente destinados para as obras de construção, fora do circuito legal, explosivos que se suspeita serem desviados para grupos terroristas.

    Escutas telefónicas realizadas pela Polícia Nacional ao suposto líder do grupo, José Ángel Martíns Mendoza, esclareceram não só os assaltos que o grupo teria realizado e outros que pretenderia fazer. A Polícia Nacional deteve José Ángel "Peke" e dois outros suspeitos, José Vilar e Fernando Condines, por alegada autoria de cinco assaltos a bancos e ainda em vivendas (homejacking), num dos quais foi espancada uma idosa.

    "Peke" encontrava-se em liberdade desde Março deste ano, depois de ter cumprido 12 anos de prisão por tentativa de assassínio de dois agentes da polícia de Vigo, em 1998.

    ResponderEliminar
  46. Botaronvos a todos droja no colacao

    ResponderEliminar
  47. poulo fora e arriba meigas fora.

    ResponderEliminar
  48. BRAVO BRAVO Y BRAVO!!!!!!!
    Esto si que es marketing. Esta fiesta sera una de las mas multitudinarias de Galicia ya que todos los que opinan que Olympus es racista y homofoba iran a la fiesta a mostrar su desagrado y todos los fans de la orquesta iran esa noche a apoyarlos.
    Como kereis que la comisión cancele el contrato si llevandolos haran una caja que nunca habian imaginado.¿?¿?¿?

    ResponderEliminar
  49. Mimadriña, non se vai coller no campo da festa!!!

    ResponderEliminar
  50. pois empezemos por non ir a meigas fora. pasdalo.
    xa que estos son os organizadores

    ResponderEliminar
  51. Mimadriña o que hai que ler por aqui, agora resulta que Peke aparte de racista, machista etc. agora asasino, segun o comentario que vin mais arriba, anda deixadevos tonterias e buscade algo que facer oh! e que sempre van falar os mais porcos do cortello, e por certo Peke nunca estibo preso e sempre foi un home moi normal, e digo porque viven cerca del hai tempo e sei do que falo.Por certo quen e mais racista e ignorante de vos todos os que facedes quedadas pa fastidiar a festa de Poulo ou os que quedades como en Vitre pa esperalos con paos e pedras?? Se vos vades de tan intelixentes non seria mellor que vos ocuparades de cousas que realmente valgan a pena, porque este debate entonces habiao que facer con mais orquestas e con moita xente de ordes, porque nejro de merda, maricon e fillos de puta escoitase moi habitualmente polas nosas rúas ou equivocome?? pensade que esa xente tamen ten familia e se non vos gusta non os vaiades ver carallo que ninguen vos manda.

    ResponderEliminar
  52. Que pasou en Vitre??, se nin estaba esa orquesta... non me entero!!!

    ResponderEliminar
  53. Tes razon foi unha gran equivocacion miña era para poñer Vedra, foi un erro e un lapsus.

    ResponderEliminar
  54. Vai durmir......... a casa do teu veciño!!!

    ResponderEliminar
  55. Ah!, xa me parecía. Non pasa nada, todos nos equivocamos,jeje

    ResponderEliminar
  56. QUE PASOU EN CAMBRE QUE DISQUE OBO DE TODO CONTRA ESE OLYMPUS. ANIMO TODOS A JODELA A POULO.

    ResponderEliminar