17/07/10

Ordessiete e a visita do Papa



Landeira de Ordessiete debe estar que non cagha. O home está en plena apoteose españolista co conto do Mundial de Fútbol, e agora o seu compañeiro Víctor Cortizo, do que xa falamos noutro post, vai ser outra vez o encargado da visita do Papa a Santiago. Paseo de Benedicto XVI que lle vai costar á Xunta (ou sexa, aos galegos e galegas) 4 millóns, dous na organización e outros dous para televisalo. E menos mal que supostamente somos un estado aconfesional...


O encargado de que o xefe da institución con máis casos de pederastia estea cómodo en Santiago vai ser, como xa dixemos, Víctor Cortizo, quen aos 40 anos deixou de ser o director do Departamento de Pastoral Juvenil da CEE, as "juventudes" da Conferencia Episcopal. E éque moi "joven" xa non era... O tipo máis que católico parece que se move na ética protestante: preside Bridge to China, consultora que procurar aos seus clientes negocios na potencia asiática. Agora entenderedes tamén o porqué de aqueles enormes post en Ordessiete sobre a visita do Papa a Santiago, e a súa repercusión na economía ordense (sic).

Chegounos un email tamén pedindo que informáramos de que Landeira volve ás andadas coas enquisas, e que a semana pasada retirou á calada unha sobre a intención de voto, na que o seu querido Regos ia perdendo. Andaba polos 50 votos nese momento e, segundo parece ser, ia gañando Terra Galega.

Sem comentários:

Enviar um comentário